Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 27 de outubro de 1995 Páx. 7.947

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

DECRETO 285/1995, do 5 de outubro, polo que se declara ben de interese cultural con categoría de monumento histórico artístico o templo da Vera Cruz, no concello de Carballiño (Ourense).

A Consellería de Cultura por Resolución do 24 de xaneiro de 1995 (DOG do 9 de febreiro) incoou expe

diente para a declaración de ben de interese cultural con categoría de monumento histórico artístico a favor do templo da Vera Cruz, no concello de Carballiño (Ourense).

A tramitación do mencionado expediente levouse a cabo de acordo co establecido na Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico e co artigo 2,

punto 1º, parágrafo 2, do Real decreto 64/1994, do 21 de xaneiro, que modifica o Real decreto 111/l986, do 10 de xaneiro, de desenvolvemento da Lei de patrimonio histórico, e do Decreto 430/1991, do 30 de decembro, (DOG do 22 de xaneiro de 1992) da Consellería de Cultura.

Tendo en conta o establecido no artigo 8 do Decreto 430/1991, do 30 de decembro, e por proposta do Conselleiro de Cultura, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día cinco de outubro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo lº.

Declarar ben de interese cultural con categoría de monumento histórico artístico a favor do templo da Vera Cruz, no concello de Carballiño (Ourense).

Artigo 2º.

A zona afectada pola declaración é a comprendida na delimitación que consta no anexo I e no plano do anexo II.

Artigo 3º.

O presente decreto será notificado ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia e ó rexistro xeral do Ministerio de Cultura.

Santiago de Compostela, cinco de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

ANEXO I

Cara á rúa Evaristo Vaamonde, as edificacións e soares baleiros que corresponden entre os números 2 e 10, ámbolos dous inclusive, no fondo de 20 metros.

Cara ó lado sur as edificacións con acceso desde a rúa Conde Vallellano nos números 31 a 43, ámbolos dous inclusive, no seu fondo completo.

Cara ó lado SO, a banda de edificación proposta no planeamento, de fondo 15 metros.

Cara ó lado N, unha banda de edificación de 15 metros de fondo segundo o recolle o planeamento.

95-06045