Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 27 de outubro de 1995 Páx. 7.946

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

DECRETO 284/1995, do 5 de outubro, polo que se declara ben de interese cultural con categoría de monumento, a igrexa de Santo André, no concello das Nogais (Lugo).

O Boletín Oficial del Estado de 16 de xaneiro de l982, publicou unha Resolución do 11 de novembro de l98l, polo que se incoaba expediente para a declaración de ben de interese cultural a igrexa de Santo Andrés, no concello das Nogais (Lugo).

Sendo a devandita incoación anterior á entrada en vigor da Lei 16/1985, do 25 de xuño do patrimonio histórico español, e necesario na actualidade concretar a delimitación do seu contorno,para a súa declaración.

Con data 27 de marzo de 1995, publicouse unha Resolución do 23 de febreiro, pola que se incoaba expediente para a delimitación do seu contorno.

A tramitación do mencionado expediente levouse a cabo de acordo co establecido na Lei 16/l985, do 25 de xuño do patrimonio histórico español, co Real decreto 64/l994, do 21 de xaneiro, que modifica o Real decreto 1/1986, do 10 de xaneiro, de desenvolvemento parcial da devandita lei, e do Decreto 430/1991, do 30 de decembro, da Consellería de Cultura.

Por proposta do conselleiro de Cultura, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa

reunión do día cinco de outubro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Declarar ben de interese cultural con categoría de monumento a igrexa de Santo Andrés do concello das Nogais (Lugo).

Artigo 2º.-A zona afectada pola declaración é a comprendida na delimitación que consta no anexo I, e no plano do anexo II.

Artigo 3º.-O presente decreto será notificado ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, e ó rexistro xeral do Ministerio de Cultura.

Disposición derradeira.

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, cinco de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne Presidente

Presidente

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

ANEXO I

Comenza a liña no punto 1 situado no eixo do camiño Baselgo á altura da parcela catastral 77. Desde este punto coincide co eixo deste camiño en dirección a Lama da Vila ata o punto nº 2 situado en Lama da Vila no cruzamento entre este camiño e o que se direxe a Vilavexe.

Desde este punto 2 a liña continúa coincidindo co eixo do camiño que desde a Lama da Vila se dirixe cara á intersección coa pista en dirección a Vilar, onde se situa o punto 3.

Polo eixe desta pista, desde este punto 3 a liña continúa ata o punto 4 situado no cruzamento desta pista co camiño que descende ata Santo Andrés, pasando por Vilar. Desde este punto a liña continúa coincidindo co eixo desta pista ata o punto 5, situado no encontro desta pista co camiño que, pasando por Castiñeiras se dirixe ás Nogais.

Desde este punto 5 a liña coincide co eixo deste camiño ata Castiñeiras, onde se sitúa o punto 6 no

vértice E. da parcela 422-b. Desde este punto 6 a liña continúa polos lindeiros sur das parcelas catastrais 525, 526, 522-a, 522-b e 522-c ata o punto 7, onde se desvía para bordea-los lindeiros SE e SO da parcela catastral 413-d, onde se sitúa o punto 8. Desde aquí a liña continúa polos lindeiros NE das parcelas 98, 97, 96, 95 e 94 (que quedan excluídas da delimitación) ata o punto 9, situado no eixe do camiño de Airelas.

Desde este punto 9, a liña continúa polo lindeiro SO da parcela catastral 519 ata o punto 10, onde se desvía para bordear parte do lindeiro SE da parcela catastral 518-c ata o punto 11, onde se produce una quebra para continuar bordeando as parcelas catastrais 518-c, 518-b e 518-a e a 441, ata o punto 12, situado no eixe do camiño de Garabela.

Desde este punto 12 a liña continúa bordeando as parcelas catastrais 76 e 77, ata chegar ó punto 1, onde se pecha o ámbito da delimitación.

6593