Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 27 de outubro de 1995 Páx. 7.945

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

DECRETO 283/1995, do 5 de outubro, polo que se declara a delimitación do contorno da igrexa parroquial de Santa María de Ferreira de Pallares, no concello de Guntín (Lugo).

O Boletín Oficial del Estado do 9 de xullo de l979, publicou un Real decreto do 1 de xuño, polo que se declaraba ben de interese cultural a igrexa parroquial de Santa María de Ferreira de Pallares, no concello de Guntín (Lugo).

Sendo a devandita declaración anterior á entrada en vigor da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, e necesario na actualidade concretar a delimitación do seu contorno.

Con data 29 de marzo de 1995, publicouse unha Resolución do 28 de febreiro, pola que se incoaba expediente para a delimitación do seu entorno.

A tramitación do mencionado expediente levouse a cabo de acordo co establecido na Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, co Real decreto 64/1994, do 21 de xaneiro, que modifica o Real decreto 111/1986, do 10 de xaneiro, de desenvolvemento parcial da devandita lei, e do Decreto 430/1991, do 30 de decembro, da Consellería de Cultura.

Por proposta do conselleiro de Cultura, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día cinco de outubro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º.

Declarar a delimitación do entorno da igrexa parroquial de Santa Maria de Ferreira de Pallares, no concello de Guntín. (Lugo).

Artigo 2º.

A zona afectada pola declaración é a comprendida na delimitación que consta no anexo I, e no plano do anexo II.

Artigo 3º.

O presente decreto será notificado ó rexistro de Bens de Interese Cultura de Galicia, e ó Rexistro xeral do Ministerio de Cultura.

Santiago de Compostela, cinco de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

ANEXO I

Comeza a liña no punto 1 situado no eixe da estrada que desde Guntín se dirixe a Ferreira de Pallares.

Desde este punto a liña coincide co eixe da pista que sobe ata a estrada que se dirixe ó lugar de Carpaceiro, encontrándose co eixe desta no punto 2.

Desde este punto 2 a liña coincide co eixe desta última estrada ata o punto 3.

A partir deste punto 3, a liña coincide co eixe do camiño que baixa ata o regato Sagade, punto 4.

Desde este punto 4 a liña continúa polos limites leste das parcelas catastrais números 80, 78-b, e 77 ata o punto 5 que se sitúa no eixe da corredoira que baixa cara a Ferreira.

Desde este punto 5 a liña continúa polos límites leste das parcelas catastrais números 379, 383, polo limite sur da parcela catastral número 382, punto 6.

Desde aquí a liña continúa cara o sur coincidindo co límite das parcelas catastrais 588-d e 588-1, punto 7.

Desde este punto 7 a liña coincide co eixe do camiño que leva ata a estrada que desde Ferreira se dirixe ó lugar de Matei, punto 8.

Desde este punto 8 situado no eixe desta última carreira, a liña coincide co seu eixe ata o punto 9 na que a estrada se encontra co camiño que baixa ó regato Sagade.

Polo eixe deste camiño, desde o punto 9, a liña continúa coincidindo co lindeiro leste e sur das parcelas catastrais número 325-c e 389-c, 334 e 331 ata o punto 10 que se sitúa no regato Sagade.

Desde este punto 10 a liña rodea as parcelas catastrais números 321 e 229 ata o punto 11 que se sitúa no eixe do camiño que sube cara ó núcleo de Ferreira.

Desde o punto 11 coincide co eixe deste último camiño ata o punto 12 onde se produce unha creba para continua-la liña coincidindo con lindeiro oeste das parcelas catastrais números 188 e 187 para chegar ó punto 1 onde se pecha o ámbito da delimitación.

6595