Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 27 de outubro de 1995 Páx. 7.944

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 186/1994).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con enderezo na rúa Severo Ochoa, número 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV, de 1.670 m de lonxitude, sobre apoios metálicos e de formigón, con conductor LA-56, con orixe na liña Padrón-Pontevea (Expte. 50441) e remate no C.T. Rialdomato.

-Centros de transformación aéreos sobre apoios metálicos de 25 kVA en Berxaos e 50 kVA en Rialdomato e tensións de 20/0'380-0'220 kV. Padrón.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 26 de setembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6594