Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 27 de outubro de 1995 Páx. 7.944

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 63-1/1995).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Severo Ochoa, número 2, 15008 A Coruña.

-Denominación: modificado I do proxecto de L.M.T., CC.TT. e R.B.T. Cornide.

-Situación: Cornide-Arrigada (Cambre).

-Descripcións técnicas:

Modificado a Expte. 51722, consistente en:

-Liña eléctrica aero-subterránea de media tensión, a 15/20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos e conductor LA-56 de 278 m de lonxitude, en tramo aéreo e baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm2 Al, de 220 m de lonxitude en tramo subterráneo, con orixe na liña a C.T. Amil (Expte. 26174) e remate en C.T. que se vai instalar en Cornide.

-Centro de transformación aéreo de 100 kVA e tensións de 20/0'380-0'220 kV en Cornide, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 325 m de lonxitude. Cambre.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 20 de setembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6748