Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 207 Venres, 27 de outubro de 1995 Páx. 7.944

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 45-1/1995).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Enderezo social: Severo Ochoa, número 2, 15008 A Coruña.

-Denominación: C.T. provisional 20/10 kV - 1000 kVA.

-Situación: Gontalde. Zas.

-Descripcións técnicas:

-Liña eléctrica aérea de media tensión, a 10/20 kV sobre apoios de formigón e conductor LA-56, de 46 m de lonxitude, que parte da liña que alimenta o C.T. Gontalde de Electra del Jallas e remate na liña denominada Ermida-Gontalde.

-Centro de transformación aéreo sobre pórtico de 1000 kVA e tensións de 20/10 kV. Zas.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 20 de setembro de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

6745