Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 26 de outubro de 1995 Páx. 7.919

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Servi-Sport Santiago, S.L.

Visto o expediente do convenio colectivo de empresa Servi-Sport Santiago, S.L. que tivo entrada nesta delegación provincial o dia 15-9-1995, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa ó día 12-9-1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, de 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de setembro de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa

Servi-Sport Santiago, S.L.

PREÁMBULO

A negociación do presente convenio foi inspirada polo criterio de acada-lo progreso da empresa afectada por el e o benestar dos seus traballadores.

As partes asinantes son responsables, cada unha no seu ámbito de competencia, da estricta observancia do convenio.

Os asinantes expresamente conveñen que, de conformidade co disposto no párrafo 2, artigos 83 e 84 do Estatuto dos traballadores, é a súa vontade non seren afectados polo disposto en actuais ou futuros convenios de ámbito distinto en ningunha materia.

Artigo 1º.-Ámbito funcional, territorial e persoal.

O presente convenio regula as relacións laborais entre a empresa Servi-Sport Santiago, S.L. e os seus traballadores na provincia da Coruña.

Quedan comprendidos dentro do ámbito do convenio tódolos traballadores que presten os seus servicios na empresa indicada, calquera que sexa a categoría profesional que ostenten.

Así mesmo, quedarán incluídos aqueles traballadores que comecen a presta-los servicios durante a vixencia do convenio, sendo vinculante por tanto para todo o persoal laboral dos centros de traballo actuais e os que nun futuro se podan abrir calquera que sexa a súa localización territorial.

Artigo 2º.-Entrada en vigor e duración.

Con independencia da súa data de publicación no BOP, o presente convenio entrará en vigor a partires do 1 de outubro de 1995 ata o 31 de decembro de 1996. Transcorrido este período, prorrogarase anualmente pola tácita reconducción, a non ser que con anterioridade e con dous meses de antelación ó remate do período de vixencia do convenio, ou ó de calquera das súas prórrogas, mediase denuncia expresa del por calquera das partes asinantes do convenio.

Artigo 3º.-Clasificación profesional.

a) Persoal técnico:

-Licenciados en educación física, ciencias da educación , psicólogos, e demáis licenciados en xeral.

-Médicos.

-Adestradores superiores.

-Diplomados en educación física, T.A.F.A.T.

-Adestradores auxiliares.

-Monitores e técnicos en salvamento acuático.

b) Persoal auxiliar-servicio determinado:

-Diplomado en enfermería ou A.T.S.

-Monitores de cursos específicos: actualización e formación, cursos deportivos, etc.

c) Persoal de oficios varios: considerarase persoal de oficios varios aqueles que como fontaneiros, electricistas, carpinteriros, persoal de limpeza, conxerses, etc. realicen traballos propios do seu oficio na empresa.

Artigo 4º.-Movilidade xeográfica e funcional.

A empresa poderá desplaza-lo seu persoal a outros centros de traballo distintos de aquel onde presten os seus servicios durante calquera prazo de tempo,

fundamentando o referido desprazamento en razóns técnicas, organizativas, de producción ou de contratación.

Todo o persoal, cando as necesidades do servicio así o requiran, poderá adoptar unha categoría laboral superior. Esta categoría seralle recoñecida se continúa desempeñando a mesma nun prazo superior a seis meses, aboándoselle o correspondente salario integramente durante o período no que o traballador preste o servicio.

Artigo 5º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 40 horas semanais no caso de contratos a xornada completa. Nos contratos a tempo parcial, axustaráse o horario de traballo en función das necesidades da empresa, podendo ser este de 8, 10 ou 20 horas á semana.

Artigo 6º

As táboas salariais aplicables son as que figuran no anexo I.

Artigo 7º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias aboaranse a razón de salario base cun incremento do 40% sobre este. Terán consideración de horas extraordinarias estructurais as realizadas con motivo da adaptación ós horarios das instalacións deportivas, onde en ocasións a empresa deberá traballar máis xornadas continuadas a instancia da Administración contratante co obxecto de atender novos servicios concertados. Así mesmo considerarase horas estructurais as realizadas por necesidade do servicio os domingos e festivos.

En todo o mencionado neste artigo haberá que aterse ó establecido no artigo 34.2º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 8º.-Dietas e desprazamentos.

Para compensa-los gastos de desprazamento do persoal ós centros de traballo establécese unha cantidade de 650 pesetas por día efectivamente traballado.

No caso de que o persoal afectado polo presente convenio deba permanecer fora do concello onde radica o seu centro de traballo, reciebirá unha axuda de custo de 750 pesetas.

Artigo 9º.-Plus de productividade.

Todo o persoal afectado polo presente convenio terá dereito a percibir un plus salarial de productividade, que se aboará en doce mensualidades. O referido plus trata de incentivar e compensa-la calidade da dedicación inherente ó seu posto de traballo.

Artigo 10º.-Gratificacións extraordinarias.

Aboaranse dúas pagas extraordinarias a razón de 30 días de salario máis antigüidade. Ditas pagas devengaranse no mes de xullo e no Nadal.

A empresa poderá ratea-las pagas extras en doce mensualidades. A empresa e os representantes dos

traballadores poderán negociar distintos xeitos de pagamento.

Artigo 11º.-Vacacións.

Os traballadores, calquera que sexa o grupo ou categoría a que pertenzan, teñen dereito a unha vacación anual de 35 días naturais para todo o persoal que leve un ano na empresa. Desfrutaranse e repartiranse entre tódolos periódos vacacionais do ano ( Nadal, Antroido, Semana Santa, verán ...).

Artigo 12º.-Permisos especiais.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Dezasete días naturais en caso de matrimonio.

b) Tres días nos casos de nacemento dun fillo, intervención cirúrxica que precise hospitalización ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade.

c) Un día por traslado do domicilio habitual.

d) Polo tempo indipensable para o cumplimento dun deber de carácter público e persoal.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legalmente.

Artigo 13º.-Antigüidade.

A antigüidade establécese por trienios, contados a partir do ingreso na empresa. Os trienios aboaranse a razón do 5% sobre o salario do convenio vixente en cada momento.

Artigo 14º.-Póliza de accidentes.

A empresa afectada polo presente convenio estará obrigada a subscribir unha póliza de accidentes que lles garanta a todolos traballadores un capital de 2.000.000 de pesetas en caso de falecemento e 3.000.000 de pesetas no suposto de invalidez permanente, por accidente de traballo.

Artigo 15º.-Formación profesional.

As asistencias a cursos ou seminarios unha vez recoñecida a súa relevancia, e sendo de interese para a formación do persoal afectado polo presente convenio será bonificada cun mínimo do 25% da súa contía. Tendo en conta a importancia destes eventos poderá acadar un 50% de bonificación.

Artigo 16º.-Dereitos sindicais.

En todo o relacionado cos aspectos sindicais dentro e fóra da empresa, observarase o que sobre esta materia dispón o vixente Estatuto dos traballadores e a Lei orgánica 11/1985, de liberdade sindical.

Artigo 17º.-Comisión paritaria.

Dentro dos trinta días seguintes ó da publicación deste convenio no BOP , constituirase unha comisión paritaria formada por un representante da empresa

e o delegado do persoal, como órgano de interpretación e vixilancia, para o seu máis eficaz cumprimento.

Artigo 18º.-Revisións médicas.

A empresa estará obrigada a solicitar do Gabinete Técnico Provincial do Servicio Social de Hixiene e Seguridade no Traballo ou a mutua patronal que cubra o risco de accidente de traballo, un recoñecemento médico anual para todo o persoal.

Disposición final.

No non establecido de forma expresa no presente convenio, será de aplicación canto dispón o Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei do Estatuto dos traballadores.

ANEXO

TÁBOAS SALARIAIS

Salario base

(mensual)

Productividade

(mensual)

Productividade

(anual)

Grupo 1

Persoal técnico:

Titulados superiores111.6004.1671.612.400
Adestradores99.6004.1671.444.400
Monitores89.3654.1671.301.110

Grupo 2

Persoal auxiliar:

Xefe administrativo86.5304.1671.261.400
Oficial administrativo85.9414.1671.253.174
Recepcionitas, conserxe85.8584.1671.252.012
Auxiliar administrativo82.9984.1671.211.972

Grupo 3
Persoal de oficios varios:

Xefe de mantemento de

instalación

83.4604.1671.218.440
Fontaneiro, electricista,...81.4504.1671.190.300
Persoal de limpeza78.0004.1671.142.000

95-6588