Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 26 de outubro de 1995 Páx. 7.921

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de setembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Talleres Caeiro, S.A.

Visto o expediente da revisión salarial do convenio colectivo de Talleres Caeiro, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 27-9-1995, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social, polo comité de empresa,

o día 3-5-1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

A Coruña, 29 de setembro de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

ACTA

En Santiago de Compostela, sendo as dezanove horas e quince minutos do día tres de maio de mil novecentos noventa e cinco, reúnense as persoas que abaixo se relacionan, compoñentes da comisión deliberadora do convenio colectivo, representantes dos traballadores e parte económica.

Ámbalas partes se recoñecen mutuamente a capacidade necesaria para negociaren o convenio colectivo da empresa Talleres Caeiro, S.A.

Iniciada a sesión, fíxose unha lectura detida do texto do convenio en vigor, adoptándose por unaminidade os seguintes acordos:

1. Prorrogar en todas e cada unha das súas partes o convenio en vigor ata o 31 de decembro de 1995.

2. Substituí-la táboa salarial pola que se achega como anexo a esta acta.

3. A aplicación da dita táboa salarial entrará en vigor con data un de maio de mil novecentos noventa e cinco.

4. Remitir esta acta e anexo á Delegación de Traballo para a súa publicación no BOP.

E non habendo máis asuntos que tratar, lévantase a sesión, sendo as vienteunha horas do día arriba indicado.

-Representación laboral:

33.143.143 Vicente Puente Vigo.

11.369.313 Ricardo Álvarez Fdez.

33.271.118 Olegario Bernárdez Varela.

33.243.985 Víctor J. Parente Mariño.

33.229.341 José A. Núñez Boquete.

-Representación económica:

33.024.095 Manuel Caeiro Varela.

Tábao salarial do convenio colectivo da empresa Talleres Caeiro, S.A.

Efectos económicos do 1 de maio de 1995

Salario

base

Cómputo

anual

Titulado superior136.1991.972.126
Titulado medio131.4081.905.052
Xefe de vendas127.8781.855.632
Xefe de post-venda127.8781.855.632
Xefe de almacén127.8781.855.632
Xefe administrativo de 1ª127.8781.855.632
Xefe de taller109.8051.602.610
Xefe de recepción109.8051.602.610
Xefe administrativo 2ª109.8051.602.610
Mestre de taller103.6261.516.104
Técnico de organización

(encargado)

103.6261.516.104
Contable103.6261.516.104
Contramestre102.1951.496.070
Mestre de 2ª102.1951.496.070
Dependente de 1ª99.2161.454.364
Vendedor de 1ª99.2161.454.364
Administrativo de 1ª99.2161.454.364
Dependente de 2ª97.9023.435.968
Vendedor de 2ª97.9021.435.968
Oficial obreiro de 1ª97.9021.435.968
Recepcionista97.9021.435.968
Probador97.9021.435.968
Chofer de camión97.9021.435.968
Administrativo de 2ª94.4781.388.032
Chofer de turismo94.4781.388.032
Vendedor de 3ª94.4781.388.032
Oficial obreiro de 2ª94.4781.388.032
Administrativo de 3ª90.1801.327.860
Dependente de 3ª90.1801.327.860
Oficial obreiro de 3ª90.1801.327.860
Axudante de planing86.6551.278.510
Axudante de dependente de 1ª86.6551.278.510
Mozo especializado86.6551.278.510
Auxiliar administrativo86.6551.278.510
Telefonista86.6551.278.510
Axudante de dependente de 2ª85.3301.259.960
Mozo e peón85.3301.259.960
Lavador e engraxador85.3301.259.960
Limpadora85.3301.259.960

Plus de transporte
Salario mínimo interprofesional
Trab. en prácticas e maiores

de 18 anos

62.700

Salario

base

Cómputo

anual

Traballadores de 17 anos41.430

Plus de transporte2.970
Antigüidade por quinquenio2.700

Talleres Caeiro, S.A.

Relación de persoal a 20-9-1995

CategoríasAno 95

Administrativos 2ª5
Administrativos 3ª2
Auxl. administrativos3
Chofer de turismo1
Dependentes de 1ª1
Dependentes de 2ª3
Dependentes de 3ª2
Encargados3
Xefe administrativo3
Xefe almacén1
Xefe recepción1
Limpadora1
Oficial de 1ª4
Oficial de 2ª14
Oficial de 3ª20
Peón1
Titulado medio1
Recepcionista1
Vendedor de 1ª3
Vendedor de 2ª4
Vendedor de 3ª4
Axte. dependente 2ª1

Total empregados79

6898