Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 26 de outubro de 1995 Páx. 7.922

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1995, da Secretaría Xeral de Comunicación, pola que se anuncia contratación polo sistema de concurso público, sistema aberto, da subministración e equipamento para un plan piloto de localización de flotas e a potenciación do sistema de cálculo da cobertura radioeléctrica sobre cartografía dixital.

Orzamento da subministración: 5.805.000 pesetas.

Prazo de execución: mes e medio.

Fianza provisional: 116.100 pesetas.

Forma de tramitación: urxente.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en mán no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo terceiro día hábil a partir da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación persoal, a establecida na cláusula 9.2 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica, a establecida na cláusula 9.3 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias técnicas, a establecida na cláusula 9.4 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Secretaría Xeral de Comunicación a partir das 12 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prégo de cláusulas administrativas particulares e demáis documentación complementaria pode ser adquirida en Tórculo Artes Gráficas, S.L., rúa Rosalía de Castro 45, baixo. Santiago de Compostela, teléfono 59 26 00.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1995.

P.D. (Orde do 26-3-1992)

Jesús Pérez Varela

Secretario xeral de Comunicación

95-6698