Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 26 de outubro de 1995 Páx. 7.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Cédula do 14 de setembro de 1995, do Servicio Provincial de Transportes de Pontevedra, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultar descoñecidos os seus destinatarios ou porque intentada a notificación non se puido efectuar (expedientes números PO-02477-O-94 e tres máis).

Advertido erro no anexo da devandita cédula, publicado no DOG número 197, do venres 13 de outubro

do presente ano, cómpre face-la seguinte corrección:

Na páxina 7.621, onde di: «PO-03114-O-94, PO-0400-J, Garda Civil de Tráfico,», debe dicir: «PO-03114-O-94, OR-0400-J, Garda Civil de Tráfico,».

95-6633