Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 26 de outubro de 1995 Páx. 7.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 284/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. a C.T. Santa Clara-Vigo, coas seguintes características especiais:

Peticionario: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio proxectado n.2 onde enlaza coa L.M.T. proxectada ata o C.T. Santa Clara e desde o apoio n.D28 da L.M.T. Travesía do Troncal ata o apoio 2 proxectado da liña aérea citada anteriormente ó C.T. Santa Clara, concello de Vigo.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 110 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos.

L.M.T., soterrada, a 15/20 kV, de 100 m de lonxitude con conductor tipo R.H.V.

Orzamento: 2.834.229 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 4 de setembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-6689