Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 26 de outubro de 1995 Páx. 7.917

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

DECRETO 279/1995, do 13 de outubro, polo que se acepta a cesión a título gratuíto da parcela A-39-1 sita no sector A do polígono de Elviña, concello da Coruña, feita a favor do Servicio Galego de Saúde para a construcción dun centro de saúde.

O Concello da Coruña en sesión celebrada o día catorce de xullo de mil novecentos noventa e cinco

acordou cede-la parcela A-39-1 de 2.900 m situada no sector A do Polígono de Elviña, para a construcción dun centro de saúde.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia, para a adquisición de bens a título gratuíto. Por outra banda, o artigo 23.1º da mesma lei establece que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións

impostos sobre eles exceda do seu valor intrínseco, se ben non se consideran cargas, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais e coas condicións estipuladas no acordo do Pleno do Concello do 14 de xullo de 1995, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trece de outubro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

1. Acéptase a cesión a título gratuíto dun inmoble, propiedade do Concello da Coruña, feita a favor do Servicio Galego de Saúde para a construcción dun centro de saúde.

2. O inmoble cedido é a parcela A-39-1 de 2.900 m, sita no sector A do polígono de Elviña, no límite sur e nas proximidades da Avda. de Alfonso Molina, termo municipal da Coruña. Ten forma de «L» e os seus lindes son os seguintes:

-Ó norte: con espacio libre do polígono e resto do predio matriz.

-Ó sur: coa parcela A-38.

-Ó leste: con terreos do polígono que a separan da Avda. de Alfonso Molina e resto do predio.

-Ó oeste: coa parcela A-38.

3. A parcela obxecto de cesión está inscrita no Rexistro da Propiedade nº 2 a favor do Concello da Coruña, por título de permuta, no libro 1.101, folio 157, predio nº 67.938-N, inscrición segunda.

Artigo 2º

O inmoble cédese libre de cargas e gravames e destinarase á construcción dun centro de saúde.

Artigo 3º

O Servicio Galego de Saúde a través do seu órgano competente precederá á formalización da aceptación no correspondente documento público, inscribíndose no Rexistro da Propiedade o seu nome e integrándose no seu patrimonio propio.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, trece de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

95-6778