Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 26 de outubro de 1995 Páx. 7.916

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

DECRETO 278/1995, do 5 de outubro, polo que se declara a delimitación do contorno da igrexa de San Facundo, en Ribas de Miño, concello de Paradela (Lugo).

O Boletin Oficial do Estado do 30 de xullo de l982, publicou un Real decreto do 4 de xuño, polo que se declaraba ben de interese cultural a igrexa de San Facundo, en Ribas de Miño, concello de Paradela (Lugo).

Sendo a devandita declaración anterior á entrada en vigor da Lei 16/l985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, é necesario na actualidade concretar a delimitación do seu contorno.

Con data 10 de febreiro de l995, publicouse unha resolución do 24 de xaneiro, pola que se incoaba expediente para a delimitación do seu contorno.

A tramitación do mencionado expediente levouse a cabo de acordo co establecido na Lei 16/l985 do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, co Real decreto 64/1994 de 21 de xaneiro, que modifica o Real decreto 111/1986, do 10 de xaneiro, de desenrolo parcial da devandita lei, e do Decreto 430/1991 do 30 de decembro da Consellería de Cultura.

Por proposta do Conselleiro de Cultura, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa

reunión do cinco de outubro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º.

Declara-la delimitación da contorna da igrexa de San Facundo, en Ribas de Miño, concello de Paradela (Lugo).

Artigo 2º.

A zona afectada pola declaración é a comprendida na delimitación que consta no anexo I, e no plano do anexo II.

Artigo 3º.

O presente decreto será notificado ó Rexistro de Bens de Interese Cultura de Galicia, e ó Rexistro Xeral do Ministerio de Cultura.

Santiago de Compostela, cinco de outubro de mil novecentos noventa e cinco

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Victor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

ANEXO I

Comeza a liña no punto 1, situado ó pé do río Miño e inicia o seu percorrido polo linde que separa as parcelas catastrais 1273-a e 1274-a das 1305 e 1306, continuado ata o punto 2 situado no eixe do camiño paralelo ó río que procede da igrexa.

Atravesa o camiño no punto 2 continuando o seu traxecto polo linde norte das parcelas 1266 e 1279, rodeando esta última ata o punto 3.

No punto 3, situado no cruzamento dos lindes das parcelas 1279, 1278 e 1282, a liña inicia un percorrido que coincide cos lindes norte e nordés das parcelas adxacentes que se relacionan a continuación, todas elas incluídas na delimitación: 1278, 1276, 1275, 1153, 1154, 1152, 1151, 1150-b, 1157-a, 1158-a,

1159-a, 1160-a, 1161-a, 1161-b, e 1163, ata o punto 4 que se sitúa no eixe do camiño que bordea as parcelas 648, 645, e 643.

A partir do punto 4 a liña segue o citado camiño que entronca coa pista do río Miño, onde está situado o punto 5, situado no eixe deste último.

Desde o punto 5 continúa baixando en dirección noroeste ata o punto 6, coincidente coa intersección da aresta do camiño e o linde da parcela 70 e continúa, incluíndo o núcleo de Lombao e deixando fora as parcelas 69, 68 e 67 ata o punto 7 colocado no cruzamento dos lindes das parcelas 67 e l9.

A partir do punto 7 a liña segue un percorrido continuo coincidindo co linde sur das parcelas l7, 17-d, 18-a, 29, 30, 30-a, 43, 42, 71 e 78 ata chegar ó río Miño, onde está situado o punto 8.

95-6777