Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 206 Xoves, 26 de outubro de 1995 Páx. 7.915

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

DECRETO 277/1995, do 5 de outubro, polo que se declara a delimitación do contorno da Igrexa de Santa María de Pesqueiras, no concello de Chantada (Lugo).

O Boletín Oficial do Estado do l5 de novembro de l950, publicou o Decreto do l6 de outubro, polo que se declaraba ben de interese cultural a igrexa de Santa María de Pesqueiras, no concello de Chantada (Lugo).

Sendo a devandita declaración anterior á entrada en vigor da Lei 16/l985 do 25 de xuño do patrimonio histórico español, é necesario na actualidade concretar a delimitación do seu contorno.

Con data do 9 de febreiro de l995, publicouse a Resolución do 25 de xaneiro, pola que se incoaba expediente para a delimitación do seu contorno.

A tramitación do mencionado expediente levouse a cabo de acordo co establecido na Lei 16/l985 do 25 de xuño do patrimonio histórico español, co Real decreto 64/l994, do 21 de xaneiro, que modifica o Real decreto 111/l986, do 10 de xaneiro, de desenvolvemento parcial da devandita lei, e do Decreto 430/l99l do 30 de decembro da Consellería de Cultura.

Por proposta do conselleiro de Cultura, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día cinco de outubro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º.

Declara-la delimitación do contorno da igrexa de Santa María de Pesqueiras, no concello de Chantada (Lugo).

Artigo 2º.

A zona afectada pola declaración é a comprendida na delimitación que consta no anexo I, e no plano do anexo II.

Artigo 3º.

O presente decreto será notificado ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, e ó Rexistro Xeral do Ministerio de Cultura.

Santiago de Compostela, cinco de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

ANEXO I

O punto 1 da liña de delimitación do contorno da igrexa de Santa María de Pesqueiras, queda definido na desembocadura do regato de Barcelos.

Continúa, seguindo ladeira arriba, a canle do regato ata o punto 2, situado sobre o eixe dun camiño.

Tomando sobre ese eixe dirección norte, chégase ó punto 3, encontro do camiño mencionado con outro que conduce á igrexa.

Desde o punto 3, a liña percorre un sinuoso camiño que salva a pronunciada pendente desta parte do terreo, ata chegar ó punto 4, situado no encontro deste co camiño que conduce á aldea de Vidal.

A partir deste punto toma dirección sur e percorre o eixe do camiño ata a aldea de Outeiro no encontro do eixe desta estrada cun camiño que se dirixe ó leste.

Segue nesta dirección polo eixe do camiño ata o punto 6, no que o abandona para discorrer polos lindes sur das parcelas catastrais 776 e 1619 ata atopa-lo punto 7 situado no eixe dun camiño, eixo polo que continúa a liña de delimitación, tomando dirección leste ata o punto 8.

A partir deste punto volve percorrer lindes de parcelas catastrais, lindes sur das 848, 847, 846, 845, e 844; lindes leste das 844, 843, 818, 817, 812 e 810; ata chegar ó punto 9, situado no punto de máximo nivel de represa.

A liña de delimitación péchase unindo este punto co 1, seguindo a liña de máximo nivel das augas da represa de Belesar.

6593