Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 24 de outubro de 1995 Páx. 7.858

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector do comercio de materiais de construcción e decoración.

Visto o expediente do convenio colectivo comercio materiais de construcción e decoración que tivo entrada nesta delegación provincial o día 28-7-1995, subscrito en representación da parte económica, pola asociación empresarial do comercio de materiales de construcción e decoración, e, da parte social, por CC.OO., UGT e CIG, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta

delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terciro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de agosto de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial para o comercio de materiais de construcción e decoración para 1995

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio aplicaráselles a tódalas empresas dedicadas ás actividades de almacenistas de materiais de construcción e decoración, rexidas pola ordenanza laboral de comercio (maioristas e minoristas) e a ordenanza laboral da construcción (os demais).

Artigo 2º.-Ámbito territorial.

O convenio será de aplicación en toda a provincia da Coruña.

Artigo 3º.-Ámbito persoal.

Afecta a tódolos traballadores que presten os seus servicios nas empresas descritas no ámbito funcional, ou que sexan contratados durante a súa vixencia, tanto nas empresas establecidas como nas que no seu futuro poidan crearse.

Artigo 4º.-Vixencia e duración.

Entrará en vigor con efectos económicos do 1 de xaneiro de 1995, terminando a súa vixencia o 31 decembro de 1995; prorrogarase anualmente nos seus mesmos termos se calquera das partes non o denuncia cunha antelación mínima de dous meses ó termo da súa vixencia.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Quedará constituída unha vez terminado o convenio e estará formada polos representantes das centrais sindicais asinantes e as asociacións empresariais. As súas competencias serán de vixiar e denuncia-lo incumprimento das condicións pactadas neste convenio e entender en tódalas cuestións que en relación con el se suscite. Tanto a parte social como a económica poderán dotarse dos asesores que coiden oportunos.

Pola parte empesarial:

Ángel López Martínez.

José Varela Varela.

Rafael Couceiro Martínez.

Parte social:

José Luis Paz Pena (CC.OO).

Salvador Cerqueiro Aradas (CIG).

Miguel Cagigal Fariña (UGT).

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas melloras económicas ou de calquera índole contidas neste convenio, consideradas no seu conxunto, establécense con carácter de mínimas, polo que as condicións máis beneficiosas con respecto ás convidas serán respectadas.

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

Será de corenta horas semanais de luns ata as 14 horas do sábado, con carácter xeral, agás aqueles centros cunhas circunstancias que lles permitan o peche dos sábados e que este se negocie entre a empresa e os traballadores, que poderán recorrer á comisión paritaria en caso de desconformidade.

A parte empresarial, negociadora deste convenio, reserva para si o dereito de facer extensiva a xornada ás tardes do sábado, se as circunstancias do mercado o fan conveniente.

O peche dos sábados en xornada completa poderá negociarse naquelas empresas en que as circunstancias o permitan sen prexudica-las vendas.

As xornadas dos sábados-ponte poderán substituírse por outras horas de traballo por acordo de cada empresa, sen que, en ningún caso, o cómputo anual supere as 1.800 horas.

Artigo 8º.-Traballos de superior categoría.

En caso de que por necesidade da empresa un traballador fixese traballos de máis categoría, o traballador percibirá o salario correspondente á categoría superior. Se pasados tres meses o traballador seguise realizando os mesmos traballos, poderá promover expediente de clasificación profesional ante a autoridade laboral.

Os traballos de carga e descarga, así como o reparto de mercadorías, considerarase traballo ordinario para tódalas categorías de choferes, mozos, auxiliares e dependentes, debendo colaborar todos neles segundo determine a dirección da empresa.

Artigo 9º.-Vacacións.

Os traballadores desfrutarán de 30 días naturais de vacacións anuais, dos cales quince días, como mínimo, terán que ser entre os meses de marzo e setembro, ambos incluídos.

As vacacións non poderán ser compensadas en metálico máis ca nos casos de liquidación por finalización de contrato de traballo.

O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. O traballador coñecerá as datas que lle correspondan cunha antelación de dous meses do comezo do desfrute.

Artigo 10º.-Licencias retribuídas.

O traballador logo de aviso e xustificación poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración por algún dos motivos e polo tempo seguintes:

-Vinte días en caso de matrimonio.

-Tres días naturais en caso de nacemento de fillo, enfermidade grave ou falecemento de parentes, ata o segundo grao de consaguinidade ou afinidade. Se o traballador ten que efectuar deprazamentos e segundo as circunstancias que concorran, o prazo será ampliable ata cinco días.

-Un día por traslado de domicilio habitual.

-Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal.

-Cando conste en forma legal ou convencional un tempo determinado, aplicarase o que esta dispoña.

-Polo tempo establecido legal ou convencionalmente para realizar funcións sindicais ou de representación persoal.

-Dezaseis semanas distribuídas a opción da interesada, por parto da traballadora.

-Dous días por asuntos propios que poderán acumularse ás vacacións, logo de acordo coa empresa. Estes días quedarán absorbidos se por disposición xeral se reducise a xornada máxima legal.

Artigo 11º.-Roupa de traballo.

As empresas entregaranlle a cada traballador ó inicia-lo seu traballo dúas fundas ou pezas de roupa de protección necesarias, de acordo coa ordenanza laboral de seguridade e hixiene no traballo.

Esta roupa será renovada a medida que o uso a estrague, e en calquera caso a empresa terá que facer entrega dunha nova cada ano.

Artigo 12º.-Seguro de accidentes.

As empresas subscribirán un seguro que cubra os seguintes riscos, por accidente, durante as vintecatro horas do día:

-Morte ou invalidez absoluta e total ocasionada por accidente.

O capital asegurado é de 2.250.000 ptas.

As empresas que contratasen o correspondente seguro cunha compañía aseguradora non responderán subsidiariamente, en ningún caso, do pagamento das indemnizacións por accidentes aquí pactadas.

Artigo 13º.-Salarios e garantía salarial.

Durante a vixencia deste convenio os traballadores percibirán os salarios estipulados na táboa salarial anexa. Os incrementos aquí pactados supoñen un 4% sobre os salarios de 1994.

Se o IPC establecido polo INE supera o 31-12-1995 o 4,5% sobre o do 31-12-1994, revisaranse as táboas salariais no que supere o citado índice, con efectos do 1-1-1995.

Artigo 14º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte de 9.067 pesetas mensuais. O dito plus percibirase nas pagas mensuais, aínda que a empresa conte con medios propios de transporte ó servicio de persoal. Non se percibirá este plus, nin nas pagas extras nin na de beneficios ou marzo, nin no período de vacacións.

Artigo 15º.-Antigüidade.

O premio por antigüidade consistirá en dous bienios e, posteriormente, quinquenios dentro dos límites que sinala o Estatuto dos traballadores.

O bienio será de 1.975 pesetas e o quinquenio de 2.550 pesetas.

Artigo 16º.-Anticipos.

Os traballadores que perciban os seus salarios en liquidación mensual poderán percibir semanal ou quincenalmente anticipos por un importe igual ós salarios devengados.

Artigo 17º.-Horas extraordinarias.

1. Horas extraordinarias habituais: supresión.

2. Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como no caso de risco de perda de materias primas: realización.

3. Horas extraordinarias necesarias por pedidos, períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou outras circunstancias de carácter estructural derivadas da natureza da actividade

de que se trate: mantemento sempre que non caiba a utilización das distintas modalidades de contratación temporal ou parcial previstas pola lei.

A dirección da empresa informará periodicamente o comité de empresa, os delegados de persoal e delegados sindicais, sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificado as causas e, se é o caso, a distribución por seccións.

Así mesmo, en función desta información e dos criterios máis arriba sinalados, a empresa e os representantes legais dos traballadores, determinarán o carácter e natureza das horas extraordinarias.

As horas extraordinarias serán voluntarias e as empresas poderán optar entre pagalas cun recargo do 50% sobre o valor da hora ordinaria ou ben cambialas por un número de horas de descanso equivalente ó número de horas extraordinarias traballadas.

Artigo 18º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións de marzo, xullo e Nadal serán dunha mensualidade cada unha delas, sobre os salarios aprobados neste convenio, incrementados, se é o caso, pola antigüidade correspondente.

En caso de cesamento, percibirán proporcionalmente ó tempo traballado.

Faranse efectivas nas primeiras quincenas dos meses de marzo, xullo e decembro.

Artigo 19º.-Servicio militar.

O persoal que se atopa incorporado ó servicio militar percibirá as tres gratificacións extraordinarias igual que se estivese na empresa, sempre que conte cunha antigüidade mínima de catro anos.

Artigo 20º.-Xubilación especial ós 64 anos.

Ós 64 anos poderán facer uso os traballadores da xubilación especial co 100% dos dereitos pasivos; a empresa deberá contratar en forma simultánea a traballadores desempregados rexistrados na oficina de emprego, por calquera das modalidades de contrato vixentes na actualidade, agás as contratacións a tempo parcial, cun período mínimo de duración, en todo caso, superior ó ano.

Artigo 21º.-Xubilación.

Premio de xubilación anticipada. As empresas aboaranlles un incentivo de xubilación a aqueles traballadores que con dez anos de antigüidade como mínimo nela se xubilen voluntariamente. A súa contía irá en función da seguinte escala:

Por xubilación voluntaria ós 60 anos: 14 mensualidades salario e antigüidade.

Por xubilación voluntaria ós 61 anos: 11 mensualidades salario e antigüidade.

Por xubilación voluntaria ós 62 anos: 8 mensualidades salario e antigüidade.

Por xubilación voluntaria ós 63 anos: 5 mensualidades salario e antigüidade.

Por xubilación voluntaria ós 64 anos: 1 mensualidade salario e antigüidade.

Para a súa percepción terá que se solicitar no prazo de tres meses desde o cumprimento da idade correspondente. Se cumpridos os 64 anos de idade e seis meses máis o traballador non solicitase a xubilación, perderá o dereito a este complemento.

Artigo 22º.-Axudas de custo.

A axuda de custo completa establécese en 3.000 pesetas e a media axuda de custo en 1.000 pesetas.

Terá dereito a percibir axuda de custo completa o traballador que teña que pernoctar fóra do seu domicilio habitual, e media axuda de custo o que hoxe se efectua-la comida principal fóra do lugar habitual, por realizar tarefas fóra do centro de traballo.

Artigo 23º.-Dereitos sindicais.

Os delegados de persoal e os comités de empresa terán os dereitos que se sinalan na lexislación vixente.

Os delegados de persoal das empresas de máis de 10 e menos de 25 traballadores desfrutarán de 20 horas/mes retribuídas, para o exercicio das súas funcións. Nas empresas de máis de 25 traballadores, os delegados de persoal e membros dos comités de empresa disporán de 30 horas/mes retribuídas.

Artigo 24º.-Cláusula de desvinculación.

As porcentaxes de incremento salarial establecidos neste convenio non serán de necesaria ou obrigada aplicación para aquelas empresas que acrediten obxectivamente e de maneira que faga fe situacións de déficit ou perdas materiais nos exercicios contables de 1993 e 1994. Así mesmo, teranse en conta as previsións para 1995.

Nestes casos trasladaráselle á comisión paritaria a fixación do aumento salarial. Para valorar esta situación teranse en conta circunstancias tales como o insuficiente nivel de protección e vendas, e entenderanse os datos que resulten da contabilidade da empresa, dos seus balances e das súas contas de resultados.

Os representantes legais dos traballadores están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida, e os datos a que tivesen acceso en consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando por conseguinte, respecto de todos eles, sixilo profesional.

En caso de discrepancia sobre a valoración dos ditos datos, poderán utilizarse informes de auditores ou censores de contas, atendendo ás circunstancias e dimensión das empresas.

En función da unidade de contratación nas que se encontren comprendidas as empresas que aleguen as ditas circunstancias, deberá presentar ante a comisión paritaria a documentación precisa (balances, contas de resultados) e, se é o caso, informe de auditores

ou censores de contas, que xustifique un tratamento salarial diferenciado.

Neste sentido, nas de menos de vintecinco traballadores e, en función dos custos económicos que iso implica, substituirase o informe de auditores ou censores de contas, pola documentación que resulte precisa dentro da sinalada nos parágrafos anteriores, para demostrar de maneira que faga fe a situación de perdas.

Artigo 25º.-Mobilidade xeográfica.

Será de facultade da empresa o traslado de persoal a outro centro de traballo da empresa, sempre que se atope en municipios limítrofes, sempre que a distancia non supere os 20 km. A empresa deberá aboarlle ó traballador a diferencia do prezo de traslado desde o seu domicilio ó novo centro de traballo, se é que a houbese. No resto dos casos aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores.

Formación profesional.

Segundo o estipulado na orde do 22 de xaneiro de 1988, establécese a posibilidade de que as empresas afectadas por este convenio poidan acollerse ás axudas para a formación profesional cando autoricen os seus traballadores a asistir a cursos que se impartan en horas que coincidan coa xornada laboral. Estes permisos acordaranse, se é o caso, co comité de empresa ou delegados de persoal. A vixencia deste artigo está condicionada á da orde ministerial mencionada, quedando sen efecto en caso de modificación ou derrogación dela.

Convenio colectivo provincial do comercio de materiais de construcción e decoración

Táboas salariais 1995

CategoríaSalariosCómputo

anual

Xefe de persoal111.1011.766.252
Xefe de vendas100.5491.607.972
Xefe de compras100.549 1.60'7.972
Encargado xeral 111.101 1.766.252
Xefe de almacén 100.549 1.607.972
Xefe de sucursal 100.549 1.607.972
Xefe de grupo 93.887 1.508.042
Xefe de sección 93.887 1.508.042
Viaxante 89.156 1.437.077
Dependente 92.293 1.484.132
Dependente maior 92.293 1.484.132
Axudante 84.455 1.366.562
Trab. contratados en Práct. e Form. 68.009 1.119.872
Xefe de Admón. de primeira 111.101 1.766.252
Xefe de Admón. de segunda 100.549 1.607.972
Xefe de sección 93.887 1.508.042
Contable, caixeiro, Taq.

idiomas Estranx.

93.887 1.508.042
Oficial Administración 93.887 1.508.042
Auxiliar administrativo 86.041 1.390.352
Aspirante ata 18 anos 68.009 1.119.872
Auxiliar de caixa de 16 anos 68.009 1.119.872
Auxiliar de caixa de 18 anos 84.455 1.366.562

CategoríaSalariosCómputo

anual

Debuxante 93.887 1.508.042
Escaparatista 98.731 1.580.702
Rotulista e cortador 92.293 1.484.132
Profesionais de oficio de primeira92.293 1.484.132
Profesionais de oficio de segunda89.156 1.437.077
Axudante de cortador 84.455 1.366.562
Axudante de Ofic. mozo Esp.

Telef.

84.455 1.366.562
Traballadores menores de 18 anos68.009 1.119.872
Chofer camión 92.293 1.484.132
Vixilante e limpadora 82.612 1.338.917
Cobrador, conserxe e celador, Ord. Po.89.156 1.437.077
Botóns maior de 18 anos 82.874 1.342.847
Botóns de 16 a 18 anos 68.009 1.119.872
Mozo, envasador, cosedor 82.874 1.342.847

95-6044