Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 24 de outubro de 1995 Páx. 7.862

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Ingeniería Urbana, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Ingeniería Urbana, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 29-8-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, o 21-8-1995, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980 de 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 4 de setembro de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra.

CONVENIO COLECTIVO INGENIERÍA URBANA, S.A.

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo regulará as relacións laborais entre a empresa Ingeniería Urbana, S.A., no seu centro de traballo de Pontevedra e os seus traballadores.

O cambio de titularidade da empresa ou dunha unidade autónoma dela non extinguirá por si mesma a relación laboral, quedando o novo empresario subrogado nos dereitos e obrigas laborais do anterior. O cambio da titularidade esixirá o coñecemento da representación sindical dos traballadores afectados.

En todo o non previsto neste artigo referente ó cambio de titularidade da empresa, aplicarase o previsto con carácter xeral no artigo 44.1º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Vixencia.

O presente convenio colectivo entrará en vigor para tódolos efectos o 1 de xaneiro de 1995, todo isto con independencia da súa publicación no BOP.

Artigo 3º.-Duración e prórroga.

A duración do convenio será de un ano, é dicir, para o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 1995 e o 31 de decembro de 1995.

O presente convenio considerarase automaticamente denunciado unha vez prorrogada a vixencia prevista no punto anterior, sen necesidade de preaviso.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que con anterioridade ó establecemento do presente convenio viñese desfrutando de condicións máis beneficiosas que as aquí pactadas, conservaraas ad personam.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria no presente convenio coas funcións que se especifiquen no artigo 6º. A comisión reunirase unha vez cada dous meses, salvo convocatoria de calquera das partes por causa seria e grave que afecte ós intereses xerais co ámbito do convenio.

A reunión, que será convocada por escrito e polo menos con tres días hábiles de anticipación, deberá incluír necesariamente os temas a tratar na orde do día.

Serán vocais dela tres representantes dos traballadores e tres da empresa, designados respectivamente polas partes asinantes do convenio. Será secretario un vocal da comisión paritaria, nomeado por cada sesión, tendo en conta que o cargo recaerá unha vez nos representantes dos traballadores e a seguinte nos representantes da empresa.

Artigo 6º.-Funcións da comisión paritaria.

As funcións da comisión paritaria serán as seguintes:

a) Interpretación da aplicación da totalidade do convenio.

b) Vixilancia e cumprimento do pactado.

c) Cantas outras actividades tendan á maior eficacia práctica do convenio ou veñan establecidas no seu texto.

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 38 horas semanais de traballo efectivo.

Os traballadores diporán de media hora para toma-lo bocadillo. O horario para este mester será de 10 a 10.30 horas para a quenda de noite, de 17 a 17.30 horas para quenda de tarde e de 1 a 1.30 para a quenda de noite.

Os días 24 e 31 de decembro consideraranse para tódolos efectos como días non laborables e retribuídos para todo o persoal de recollida de noite.

Artigo 8º.-Vacacións.

O persoal comprendido no presente convenio desfrutará dun período anual de vacacións de 30 días naturais, sendo polo menos 21 deles laborables e podéndose desfrutar ó longo de todo o ano. Na empresa establecerase unha orde rotatoria de preferencia, de tal forma que o traballador que un ano foi primeiro á hora de elixir quenda pase a ser último no ano seguinte.

O calendario de vacacións expoñerse nos taboleiros de anuncios da empresa.

O traballador coñecerá as datas en que lle corresponde desfrutar das súas vacacións, polo menos dous meses antes do comezo do seu desfrute. En todo caso, as vacacións non poderán comezar a desfrutarse en día anterior a festivo.

Artigo 9º.-Licencias e permisos.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderase ausentar do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo que se indica:

a) Dezasete días naturais en caso de casamento.

b) Tres días naturais por nacemento de fillo. Se concorrese enfermidade grave aumentarase a cinco días.

c) Catro días naturais por falecemento do cónxuxe, pais e fillos.

d) Dous días por enfermidade grave ou falecemento de parentes ata segundo grado de consanguinidade ou afinidade. Cando con tal motivo o traballador necesite facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

En caso de enfermidade grave con hospitalización, o permiso será de tres días.

Se o traballador tivese que acompañar un familiar de primeiro grao de consanguinidade ou afinidade enfermo gravemente co fin de que reciba asistencia médica noutra localidade, logo de xustificación a licencia ampliarase ata cinco días naturais.

e) Un día natural por casamento de fillos ou irmáns e outros tres se a cerimonia se realiza fóra da provincia.

f) Un día natural por traslado de domicilio habitual.

g) Para concorrer a exames finais, liberatorios e demais probas definitivas de aptitude e avaliación de centros oficiais durante os días da súa celebración, non excedendo en conxunto de dez días ó ano.

h) Para deberes de carácter público e persoal, así como para consulta médica, a empresa concederalles ós seus traballadores permiso retribuído polo tempo necesario co fin de que estes poidan cumprir cos seus deberes de carácter público e persoal (renovación do DNI, revista militar, solicitude ou renovación do carné de conducir, etc.). Enténdese que este permiso será concedido cando o horario dos centros nos que deba ser realizada a correspondente xestión coincida coa xornada laboral do traballador. Para ter dereito ó tempo necesario para consulta médica, o productor terá que presentarse ó traballo e cubri-lo impreso que se inclúe co apéndice, comprometéndose o productor á terminación do distrito asignado.

i) Un día por falcecemento de tíos do traballador para asistencia ó enterramento.

Artigo 10º.-Salarios.

Fíxase un salario mínimo de convenio de 90.791 pesetas, establecéndose con efectos do 1 de xaneiro de 1995 a seguinte táboa salarial por categorías:.

* Delegado100.518.

* Xefe de servicio 98.573.

* Encargado xeral 96.626.

* Encargado vertedoiro 94.682.

* Capataz 94.682.

* Administrativo 94.682.

* Mecánico-conductor 94.682.

* Conductor 92.735.

* Vixilante vertedoiro 90.791.

* Peón 90.791.

* Limpadora 90.791.

* Cristaleiro 90.791.

A suba salarial que representa esta táboa respecto ós salarios do ano 1994 e tendo en conta a actual distribución de persoas por categorías é do 5,16%.

As retribucións pactadas no presente convenio compensarán e absorberán tódalas existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a súa natureza ou orixe.

Artigo 11º.-Antigüidade.

A antigüidade será consolidada e pagada conforme a do sector, é dicir, tres bienios do 5% e posteriores quinquenios do 7%.

Respectarase o disposto na ordenanza do sector, comezando a aboarse desde o día 1 de xaneiro do ano en que se cumpran os bienios ou quinquenios de que se traten.

A acumulación dos incrementos por antigüidade non poderá supor en ningún caso máis:

* do 10% ós 5 anos.

* do 25% ós 15 anos.

* do 40% ós 20 anos.

* do 60% como máximo ós 25 anos.

Artigo 12º.-Plus de penosidade.

Establécese un plus de penosidade que consiste no 25% do salario base. O dito plus será percibido por tódolos traballadores da empresa durante os doce meses do ano.

Artigo 13º.-Plus de nocturnidade.

Establécese un plus de nocturnidade que consiste no 30% do salario base. O dito plus pagarase os doce meses do ano.

Artigo 14.-Gratificacións extraordinarias.

Todo o persoal afecto a este convenio percibirá as seguintes gratificacións extraordinarias:

Gratificación de verán ou xullo, gratificación de Nadal e gratificación de beneficios.

Establécense as seguintes datas límite de pagamento destas gratificacións:

* Gratificacións de verán ou xullo: 15 de xullo.

* Gratificacións de Nadal: 15 de decembro.

* Gratificación de beneficios: 15 de abril.

As citadas gratificacións extraordinarias serán equivalentes cada unha delas a 30 días de salario base máis antigüidade.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

Procurarase efectua-las horas extraordinarias mínimas indispensables e, en todo caso, cos límites que determina o Estatuto dos traballadores.

Empresario e traballadores, a través da súa representación legal, poderán pactar que as horas extras se abonen na contía determinada na lexislación laboral vixente, ou se compensen por tempo de descanso, de acordo co previsto no Real decreto 1/1994.

Artigo 16º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte de 5.977 pesetas mensuais para cada un dos traballadores da empresa.

Artigo 17º.-Plus de distancia.

Establécese un plus de distancia de 2.351 pesetas mensuais para todo o persoal que diariamente teña que se desprazar á nave; o dito plus percibirao tamén o persoal que presta servicios no vertedoiro.

Artigo 18º.-Axudas de custos.

Establécese unha axuda de custos de 4.782 pesetas diarias, e unha media de 2.391 pesetas diarias.

Artigo 19º.-Aportación por diminuídos físicos ou psíquicos.

A dita aportación queda establecida na cantidade de 7.898 pesetas mensuais para aqueles traballadors que teñan ó seu cargo familiares diminuídos psíquicos ou físicos.

Artigo 20º.-Indemnización por falecemento ou invalidez derivada de accidente laboral.

Establécese unha indemnización de 1.218.998 e 1.950.396 pesetas, respectivamente, para cada con

tinxencia. As ditas contías serán actualizadas anualmente conforme o establecido na correspondente póliza da entidade aseguradora.

Artigo 21º

Crearase un fondo de 600.000 pesetas para préstamos persoais; ó dito fondo pode recorrer calquera traballador sen que en ningún momento os préstamos solicitados e concedidos poidan superar esta contía, sendo devolto ó fondo nun período máximo de 12 meses, os préstamos pendentes de adxudicar por terse cuberto o máximo establecido iranse entregando cando, reposto o fondo, haxa cantidade suficiente para o seu outorgamento. A orde de concesión de préstamos será a fixada polo comité de empresa.

Artigo 22º

A cada traballador que teña fillos de EXB aboaráselle unha cantidade anual total de 5.000 pesetas en concepto de axuda de estudios. A dita cantidade farase efectiva coa nómina do mes de setembro, logo de xustificación.

Artigo 23º.-Roupa de traballo.

Entregaráselle a todo o persoal de limpeza e recollida dous uniformes e dúas camisetas ó ano nos meses de maio e outubro. E para o persoal de limpeza de interiores, dúas batas anuais, catro pares de luvas, así como o calzado adecuado ó seu traballo. Para o persoal que preste os seus servicios no vertedoiro, entregránselle botas de seguridade.

Así mesmo, xunto co uniforme de inverno entregaráselle ó persoal de recollida e limpeza un par de botas de auga, tres pares de luvas protectoras, un conxunto de pantalón e chaqueta impermeables e unha boina.

Tamén se lle entregará cada dous anos un anorak.

Artigo 24º.-Garantías sobre as condicións de traballo.

Co obxecto de que o traballador coñeza os datos relativos á súa afiliación e cotización ó réxime xeral da Seguridade Social, a empresa obrígase ó seguinte:

a) Facilitar copia do parte de alta na Seguridade Social ós traballadores dentro dos primeiros oito días do seu ingreso.

b) Publicación dos modelos TC1 e TC2 correspondentes ás cotizacións do último mes.

Así mesmo, mostrarase no taboleiro de anuncios copia da póliza coa entidade aseguradora sobre os riscos previstos no artigo 20º.

Artigo 25º.-Taboleiro de anuncios.

Será obrigatoria a existencia de taboleiros de anuncios nos que se fixarán as comunicacións da empresa, así como as comunicacións dos traballadores e a información sindical.

Artigo 26º.-Seguridade e hixiene.

Constituirase un comité de seguridade e hixiene no traballo:

a) Composición: estará constituída polo empresario ou quen o represente, un técnico cualificado na materia e catro representantes dos traballadores.

b) Funcións: serán as seguintes:

1. Promove-la observancia das disposicións vixentes en materia de seguridade e hixiene.

2. Estudiar e promove-las medidas oportunas na orde da prevención dos riscos profesionais, protección da vida, integridade física, saúde e benestar dos traballadores.

3. Solicita-la colaboración dos gabinetes provinciais de seguridade e hixiene e institucións públicas, dedicadas a estas funcións na implantación ou inspección de medidas de protección no centro de traballo, dándose traslado ós compoñentes do comité de seguridade e hixiene dos informes que puidesen elevar a estes organismos.

4. Ser informado pola dirección da empresa das medidas concretas que se previron para o centro de traballo en materia de seguridade e hixiene, tendo facultade o comité, por iniciativa propia, de propo-las adecuacións ou modificacións pertinentes a plan de seguridade.

5. O comité de seguridade e hixiene poderá paralizar unha ou varias unidades de traballo no único suposto de risco para os traballadores, debéndoo pór de inmediato en coñecemento dos servicios técnicos de seguridade na empresa.

6. O comité de seguridade e hixiene deberá levar unha estatística sinxela das medidas adoptadas, accidentes, ordes de seguridade dadas e requirimento ós traballadores resistentes á adopción das medidas de protección.

7. A información resultante darase a coñecer a todo o persoal mediante a súa inserción nos taboleiros de anuncios.

c) Actividade: o comité de seguridade e hixiene reunirase unha vez ó mes en horas de traballo. As reunións extraordinarias faranse por razóns de urxencia e fóra de horas de traballo.

Os membros do comité disporán de unha hora semanal para que de maneira habitual e efectiva comproben o cumprimento das medidas de seguridade individuais e o estado das colectivas.

Artigo 27º.-Recoñecementos médicos.

Todo o persoal comprendido no presente convenio someterase a unha revisión médica anual que será por conta da empresa, así como o transporte. O resultado do dito recoñecemento médico seralle comunicado ó traballador pola entidade que o efectúe.

Os traballadores da quenda de tarde incorporaranse unha vez que xantasen, despois de finaliza-lo recoñecemento médico. Isto sempre que poidan dispoñer de transporte público regular, a non ser que o medio de locomoción sexa facilitado pola empresa.

A empresa comprométese a que os recoñecementos médicos do persoal se fagan no período do 1 de maio

ó 30 de xuño de cada ano e nas mellores condicións de asistencia médica e sanitaria, e o dito recoñecemento consistirá como mínimo en:

Audiometría.

Control da vista.

Análise de ouriños.

Espirometría.

Exploración clínica.

Tamén se farán campañas de vacinación que consistirán en:

Vacina contra o tétano.

Vacina contra a hepatite B, con análise de sangue previa.

Artigo 28º.-Dereitos sindicais.

a) A empresa respectará o dereito dos traballadores a sindicárense e non poderá suxeita-lo emprego dun traballador á condición de que non se afilie ou renuncie á súa afiliación sindical.

b) A empresa non poderá despedir un traballador nin prexudicalo de calquera outra forma a causa da súa afiliación ou actividade sindical.

c) A empresa recoñece o dereito dos traballadores afiliados a un sindicato a celebraren reunións, recadaren cotas e distribuíren información sindical fóra das horas de traballo.

d) O crédito de horas mensuais que lles corresponde ós membros do comité de empresa poderase acumular en un ou varios dos seus compoñentes, sen excede-lo máximo total, quedando relevado ou relevados do traballo, sen prexuízo da súa remuneración.

e) O persoal terá un permiso retribuído para a celebración de catro asembleas anuais, desde as 20 ás 23 horas.

f) A empresa respectará a legalidade vixente en materia de acumulación de horas sindicais, conforme o cal os cargos sindicais poderán acumula-las ditas horas entre si segundo teñan por conveniente.

Artigo 29º.-Excedencias.

A excedencia poderá ser voluntaria ou forzosa. A forzosa, dará dereito á conservación do posto de traballo e do cómputo de antigüidade da súa vixencia, concederase pola elección ou designación dun cargo público que imposibilite a asistencia ó traballo. O reintegro deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público. O traballador con polo menos unha antigüidade na empresa de un ano ten dereito a excedencia voluntaria por un prazo non menor de dous anos e maior de cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

Os traballadores terán dereito a un período de excedencia non superior a tres anos para atende-lo coidado de cada fillo, contado desde a data de nacemento deste. Os sucesivos fillos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porá fin ó

que estivese desfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exercer este dereito.

Terán dereito á situación de excedencia na empresa os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior, mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

Artigo 30º.-Reloxo.

A empresa porá un reloxo de parede que servirá de orientación ó persoal. O cuartelillo permanecerá aberto durante 15 minutos máis tarde da hora de entrada. Todo aquel productor que chegue no intervalo dos 15 minutos mencionados no artigo anterior comezará a traballar unha hora máis tarde da hora de entrada e será obxecto de unha hora de desconto, comprometéndose a deixa-lo distrito que se lle asigne terminado. O establecido anteriormente terá lugar cando se cometa falta de puntualidade superior a unha cada dous meses.

Artigo 31º.-Faltas e sancións.

A empresa informará o comité de empresa das sancións que se lles impoñan ós traballadores, así como dos motivos delas e da súa cualificación conforme a lexislación vixente. Esta información ó comité de empresa será anterior á comunicación de sanción ó traballador afectado. Non se poderán impor sancións que consistan na reducción do período de vacacións ou minorización dos dereitos ó descanso do traballador ou multa de haber.

Por petición dos traballadores sancionados, o comité de empresa facilitará a este, caso de ser posible, e en reunión para o efecto, información suplementaria co fin de chegar a un coñecemento máis obxectivo dos feitos.

Artigo 32º.-Xubilación.

Os traballadores que cumpran a idade de 64 anos e demais requisitos esixidos poderanse acoller á xubilación segundo determina o R.d. 14/1981, do 20 de agosto e o Real decreto 1194/1985, para o cal as empresas se obrigan a contratar simultaneamente no lugar do xubilado outro traballador que sexa titular da prestación por desemprego ou xove en demanda do primeiro emprego.

Artigo 33º.-Liquidacións.

Tódolos recibos que teñan carácter de liquidación asinaranse en presencia dun membro do comité ou asesor sindical. Estes recibos asinaranse de conformidade co modelo anexo a este convenio. No dito documento constará o nome e a sinatura do membro do comité ou asesor sindical.

Artigo 34º.-Cota sindical.

Por petición da central sindical correspondente e logo de conformidade por escrito do afiliado, a empresa encargarase da recadación da cota mediante desconto en nómina e o seu ingreso na conta bancaria que a central determine.

Artigo 35º.-Domingos e festivos.

Para o caso de traballar en domingos e festivos, aboaráselle a cada traballador que realice este traballo voluntariamente unha cantidade igual a 3.586 pesetas por cada domingo ou festivo traballado, e unha cantidade igual a 5.977 pesetas se este traballo o realiza dunha forma forzosa, ademais do correspondente descanso substitutorio. Neste caso, con efectos económicos a partir da data da sinatura do convenio. Estas asignacións non as percibirán os traballadores de noite que fagan a súa recollida o sábado de madrugada.

O dito plus aboaráselle tamén ó persoal de vertedoiro, sendo os seus efectos económicos para este persoal a partir da sinatura do presente convenio.

Artigo 36º.-Composición da mesa negociadora.

Validez da representación e capacidade de obrigarse: o presente convenio colectivo de ámbito empresarial foi negociado entre os representantes da empresa Juan Manuel Gil Martínez e José Antonio Martín Bermejo, e os representantes dos traballadores Ángel Miranda Leiro, Manuel Vilaboa Carballido, José A. Álvarez López, Ramón Cousido González e José Outeda Castrelos, todos eles membros do comité de empresa, e como asesores da parte social Tino García Solla (CC.OO.) e Manuel Currás Meira (CIG).

A comisión negociadora constituiuse válida e debidamente en tódalas súas sesións e as partes recoñecéronse mutuamente a representación con que actuaron e a capacidade suficiente para o outorgamento dos acordos no presente convenio.

Artigo 37º.-Responsabilidade ante terceiros.

A empresa dispoñerá dunha póliza de responsabilidade civil que cubra os posibles riscos producidos a terceiras persoas no exercicio da actividade habitual desenvolvida que é a de recollida de lixo, limpeza viaria, limpeza de interiores e eliminación de residuos.

Para casos especiais non cubertos pola póliza, crearase unha comisión representada por tres membros do comité, un de cada central sindical representada e un representante da empresa; a dita comisión estudiará os casos especiais e emitirá un informe vinculante.

Artigo 38º.-Complemento por incapacidade laboral transitoria derivada de accidente de traballo.

Na situación de incapacidade laboral transitoria derivada de accidente de traballo ou enfermidade profesional, a empresa complementará ata o 100% do salario base, antigüidade, nocturnidade e plus de perigosidade desde o primeiro día do parte de baixa. Así mesmo, naqueles casos en que exista baixa por ILT por enfermidade común ou accidente non laboral con hospitalización, a empresa aboará ata o 100% do salario base, antigüidade, nocturnidade e plus de perigosidade, desde o día en que se produza a hospitalización e mentres dure esta.

Para os casos de ILT derivada de enfermidade común a empresa complementará ata o 100% do salario base, antigüidade, toxicidade e nocturnidade a partir do 20

día do inicio da baixa; os efectos económicos deste complemento serán desde o 1 de agosto de 1995, data da sinatura do presente acordo. Naqueles supostos en que a empresa denuncie posibles irregularidades nas situacións de ILT poderá deixar de aboar este complemento a partir do día 60 da baixa sempre que exista acordo maioritario neste sentido dunha comisión formada para o efecto por dous representantes da empresa e dous dos traballadores.

O tempo dedicado a esta tarefa deberase realizar dentro do horario de traballo e computarase como traballo efectivo.

Artigo 39º.-Fomento de emprego.

Todo o persoal contratado que esgote o período máximo legal establecido pasará a ser fixo no cadro laboral da empresa.

Artigo 40º.-Escape de vehículos.

A empresa comprométese a realizar de forma paulatina as melloras necesarias co obxecto de evitar escapes laterais de gases nos camións de recollida de lixo.

Artigo 41º

As partes asinantes do presente convenio acordan que o contido da ordenanza laboral do sector (limpeza pública, regas, recolla de lixo e rede de sumidoiros) se siga aplicando ata que exista un acordo no marco xeral en substitución desta ou se plasme parte ou todo o seu contido no presente convenio colectivo.

Recibo de liquidación.

Empresa

Empregado

Data do cesamentocausa

O traballador subscrito cesa na prestación dos seus servicios por conta da empresa arriba indicada e recibe neste acto a liquidación de partes proporcionais na contía e detalle que se expresa ó pé, co recibo do cal recoñece estar saldado e liquidado por tódolos conceptos coa referida empresa, comprometéndose a nada máis pedir nin reclamar á empresa.

En Pontevedra o de de 19

Sinatura do delegado sindical.

Sinatura do traballador.

Sinatura da empresa.

Detalle liquidación

Liquidación verán

Liquidación vacacións

Suma

Retención rendaDesexa Vde. que esta liquidación sexa visado polo comité, delegado ou centrais sindi-cais logo da súa aprobación.

SI NON.

Sinatura

Líquido a percibir

Permiso para consulta médica que concede a empresa Ingeniería Urbana, S.A.

Productor

O productor sinalado foi consultado no día da data, das ás horas.

Pontevedra o de de 199

Asdo.:

Nota: este volante só se expide para efectos de xustificar ante a empresa o tempo de consulta en institucións da Seguridade Social.

95-6667