Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 24 de outubro de 1995 Páx. 7.867

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1995 pola que se convocan catro cursos sobre policía científica dirixidos ós membros dos corpos da Policía Local de Galicia.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1995 de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración de catro cursos sobre policía científica, que deberán desenvolverse conforme ás seguintes bases:

Obxectivos.

Os cursos teñen por obxectivos:

a) Coñecer cómo traballa a policía científica e as posibilidades que existen no campo da identificación policial.

b) Saber cales son os sistemas e modos de identificación, así como as peculiaridades e necesidades de cada un deles.

c) Dota-lo policía dos coñecementos indispensables para que a súa actuación diante dun caso real sexa correcta.

Destinatarios.

Os cursos van dirixidos ós membros dos corpos da Policía Local de toda Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertarán será de 40 por curso.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestes cursos deberá presentar, cuberta a máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo, acompañada dunha fotocopia do DNI e do carné profesional.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará ás 14 horas das seguintes datas:

-Santiago de Compostela: 8 de novembro.

-Vigo: 15 de novembro.

-Ferrol: 20 de novembro.

-Lugo: 22 de novembro.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, s/n Polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

Os cursos celebraranse en sesións de tarde, de luns a venres, e neles trataranse, entre outros, os seguintes temas:

a) As funcións da Policía científica.

b) Identificación persoal: mostras biolóxicas, a voz, a escrita, fotografía, descrición, lofoscopia e outras.

c) Identificación de armas, obxectos e mostras químicas: balística, trazas, análises químicas.

d) O lugar dos feitos como campo de traballo da policía científica: a inspección ocular.

e) A protección do lugar como imperativo.

f) O indicio da orixe lofoscópica: as marcas dactilares e a súa importancia.

g) A actuación policial diante do descubrimento dun cadáver ou os seus restos.

Datas.

Os cursos celebraranse nas seguintes datas:

-Santiago de Compostela: do 20 ó 24 de novembro de 1995.

-Vigo: do 27 de novembro ó 1 de decembro de 1995.

-Ferrol: do 11 ó 15 de decembro de 1995.

-Lugo: do 18 ó 22 de decembro de 1995.

O horario será de 16 a 20 horas do serán.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase os seguintes días:

-Santiago de Compostela: 13 de novembro de 1995.

-Vigo: 20 de novembro de 1995.

-Ferrol: 28 de novembro de 1995.

-Lugo: 5 de decembro de 1995, no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar.

Os cursos desenvolveranse nos seguintes lugares:

-Santiago de Compostela: sede da Academia Galega de Seguridade.

-Vigo: nos locais da policía local.

-Ferrol: nos locais da policía local.

-Lugo: nos locais da policía local.

Certificado de asistencia e aproveitamento.

Ó remate de cada curso entregaráselle un certificado de asistencia e aproveitamento a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a este, e non poderán supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, e a non superación das correspondentes probas de coñecementos, impedirá a expedición do certificado.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento dos cursos para adaptalos ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 9 de outubro de 1995.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

9506725