Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 24 de outubro de 1995 Páx. 7.870

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 19 de setembro de 1995 pola que se fai pública a lista dos opositores seleccionados no proceso selectivo convocado pola Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril), para ingreso no corpo de mestres en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a adquisición de novas especialidades.

Advertida unha omisión na dita orde, publicada no DOG do 29 de setembro de 1995, cómpre incluír nela o seguinte:

«De conformidade co establecido no punto 54 da Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril) pola que se convoca concurso-oposición para ingreso no corpo de mestres en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia, así como a adquisición de novas especialidades, no prazo de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, das listas dos aspirantes seleccionados, estes deberán presentar na delegación provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da provincia que se inscribiron, os documentos que na dita orde se sinalan».

6767