Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 24 de outubro de 1995 Páx. 7.857

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

DECRETO 274/1995, do 29 de setembro, pola que se declara a delimitación do contorno do mosteiro de Santo Estevo de Chouzán, concello de Carballedo (Lugo).

O Boletín Oficial del Estado de data do 15 de novembro de l950, publicou un Decreto do l6 de outubro, polo que se declaraba ben de interese cultural o mosteiro de Santo Estevo de Chouzán, no Concello de Carballedo.-Lugo-.

Sendo a devandita declaración anterior a entrada en vigor da Lei l6/l985 do 25 de xuño, do patrimonio histórico español, é necesario na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno.

Con data do 29 de febreiro de l995, publicouse unha resolución do 25 de xaneiro, pola que se incoaba expediente para a delimitación do seu contorno.

A tramitación do mencionado expediente levouse a cabo de acordo co establecido na Lei 16/l985, do 25 de xuño do patrimonio histórico español, co Real decreto 64/l994, do 21 de xaneiro, que modifica o Real decreto 111/l986, do 10 de xaneiro de desenvolvemento parcial da devandita lei, e do Decreto 430/l99l, do 30 de decembro, da Consellería de Cultura.

Por proposta do conselleiro de Cultura, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintenove de setembro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Declara-la delimitación do contorno do mosteiro de Santo Estevo de Chouzán, municipio de Carballedo -Lugo-.

Artigo 2º

A zona afectada pola declaración é a comprendida na delimitación que consta no anexo I, e no plano do anexo II.

Artigo 3º

O presente decreto será notificado ó Rexistro de Bens de Interese Cultura de Galicia, e ó Rexistro Xeral do Ministerio de Cultura.

Santiago de Compostela, vintenove de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Victor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

ANEXO I

O punto l da liña de delimitación do contorno obtense prolongando o linde nordeste da parcela catastral l.274, a través da 512 ata o seu encontro co bordo da represa.

O curso da liña comenza nesa prolongación, segue polo linde noroeste da parcela 1.274 e 1.239 ata o punto 2, situado no eixo da estrada de Chantada ós Peares.

Continúa seguindo ese eixo ata o punto 3 (sobre el), para tomar dirección sur, seguindo o linde oeste da parcela catastral 2.384 e a prolongación desta ata o eixe da estrada que conduce a Pacios, atravesando a parcela catastral 2.547. O cruzamento desa prolongación e o eixo da estrada dan lugar ó punto 4.

A partir deste continúa ata o punto 5 no mesmo eixe.

Continúa cara ó sur polos lindes oeste das parcelas catastrais 2.424, 2.091, 2.094 e 2.104,e os sureste das 2.104, 2.103, 2.102, 2.101, 2.100, 2.099, 2.098, 2.091 sur das 2.092, 2.085, 2.084, 2.082, 2.081, 2.079, 2.078, 187, 186, 185, 184, 183, 181, 180, 179, 173, 172, 171, 170, 168, 167, 165, lindes leste das 165, 166, 174, l75, núcleo de Pacios l76, 177, 103, 98, 102 e 356 ata chegar ó punto 6 situado no encontro do último linde mencionado coa represa.

A liña da delimitación péchase seguindo desde o punto 6 a cota máxima das augas ata o punto l.

95-5803