Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Martes, 24 de outubro de 1995 Páx. 7.855

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA

DECRETO 273/1995, do 29 de setembro, polo que se declara a delimitación do contorno da igrexa parroquial de Vilabade, no concello de Castroverde (Lugo).

O Boletín Oficial do Estado do l9 de xaneiro de l980, publicou o Decreto do l6 de novembro de l979 polo que se declaraba ben de interese cultural a igrexa parroquial de Vilabade, no concello de Castroverde (Lugo).

Sendo a devandita declaración anterior á entrada en vigor da Lei l6/l985 do 25 de xuño do patrimonio histórico español, é necesario na actualidade concretar a delimitación do seu contorno.

Con data do 28 de marzo de l995, publicouse a Resolución do 23 de febreiro, pola que se incoaba expediente para a delimitación do seu contorno.

A tramitación do mencionado expediente levouse a cabo de acordo co establecido na Lei l6/l985 do 25 de xuño do patrimonio histórico español, co Real decreto 64/l994, do 21 de xaneiro, que modifica o Real decreto 111/l986, do 10 de xaneiro, de desenvolvemento parcial da devandita lei, e do Decreto 430/l99l do 30 de decembro da Consellería de Cultura.

Por proposta do conselleiro de Cultura, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vintenove de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

DISPOÑO:

Artigo 1º.

Declarar a delimitación do contorno da igrexa parroquial de Vilabade, no concello de Castroverde (Lugo).

Artigo 2º.

A zona afectada pola declaración é a comprendida na delimitación que consta no anexo I, e no plano do anexo II.

Artigo 3º.

O presente decreto será notificado ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, e ó Rexistro Xeral do Ministerio de Cultura.

Santiago de Compostela, vintenove de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Víctor Manuel Vázquez Portomeñe

Conselleiro de Cultura

ANEXO I

A liña parte do punto 1 situado no eixe da estrada de Castroverde a Vilabade, fronte o cruzamento onde parte o camiño de Vilabade a San Pedro de Vilalle. Avanza en dirección nordeste, cara a Vilabade, uns 60 m onde alcanza o punto 2.

No punto 2 xira á esquerda para coincidir co lindeiro que separa as parcelas 19 e 6 do polígono 85 do catastro de rústica.

A liña continúa en dirección noroeste coincidindo cos lindeiros oeste das parcelas l9, l7 e l0 do citado catastro, de tal xeito que quedan incluídas na delimitación proposta.

Alcanza así o punto 3 no camiño do Parral, crúzao para continuar coincidindo co límite da zona urbana definida no plano do catastro e que coincide co lindeiro sur das parcelas 88-b, 83-a e 84 que quedan excluídas da delimitación, o mesmo tempo que se inclúe a zona urbana.

No punto 4, vértice SE da parcela 84, a liña xira á esquerda para continuar coincidindo cos lindeiros leste da parcela 84, oeste da parcela 85-b e norte da parcela 85-a que quedan por tanto incluídas na delimitación.

Chegamos así coa liña ó punto 5, no camiño de Vilabade ás explotacións agrícolas e forestais situadas ó norte da vila. Atravesa o dito camiño e continúa

polo lindeiro norte das parcelas 9, l0-b e 6-c e o lindeiro leste das parcelas 6-a e 6-e do polígono 88 do citado catastro.

Alcanza a liña o punto 6 no camiño á ermida do Carme, que atravesa para continuar polo eixo do camiño que limitan as parcelas 5-a, 5b e 5-c, do polígono 89.

O punto 7 sitúase no vértice NE desta última parcela (5-c); neste punto a liña xira á dereita para deixa-lo camiño e continuar en dirección SO coincidindo co lindeiro SE das parcelas 5-c, 7-a, 6-a, 8-c, 8-g, 12-b, e 12-a que quedan polo tanto incluídas na delimitación.

Estes lindeiros definen pola súa vez o límite entre o agro e a zona forestal, na que se conserva, hoxe en día, unha fraga en bastante bo estado.

Alcanza a liña punto 8 do camiño, que une Vilabade con San Pedro de Vilalle onde se xira á dereita para continuar en dirección O e despois N coincidindo co eixo do dito camiño ata chegar o peche da delimitación no punto 1.

95-6452