Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 23 de outubro de 1995 Páx. 7.825

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Pérez Leirós, S.A. (XOANE).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Pérez Leirós, S.A. (XOCANE), que tivo entrada na Delegación Provincial de Pontevedra o día 20-9-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 4-9-1995; de conformidade co disposto no artigo 90º, 2º e 3º, da Lei 8/1980, de 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación, en galego e castelán, no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 28 de setembro de 1995.

Ramón Hermo Rey

Delegado Provincial de Pontevedra

Convenio colectivo

Pérez Leirós S.A. (XOANE)

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo será de aplicación a tódolos traballadores que presten servicios na empresa Pérez Leirós S.A., sita no Porriño, Lugar de Tunes, Atios (Pontevedra), dedicada á fabricación de mobles de cociña, séndolle de aplicación a ordenanza laboral para as industrias da madeira, así como para todo aquel que ingrese no futuro durante a súa vixencia, e por extensión a calquera lugar onde o persoal faga traballos por conta da empresa.

Artigo 2º.-Efectos económicos.

Os efectos económicos do presente convenio comezarán a rexer a partir do 1º de xaneiro de 1994.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

Este convenio colectivo de empresa terá unha duración de un ano, rematando o 31 de decembro de 1994. Ó cumpri-la data do seu vencemento o convenio colectivo prorrogarase tacitamente de ano en ano se non houbera denuncia por calquera das partes, coa antelación mínima de un mes á data do seu vencemento.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse as condicións máis beneficiosas cás asinadas neste convenio, manténdose o dito respecto en forma estrictamente ad personam.

Artigo 5º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de 7 a 15 horas, tódolos días laborais do ano, de luns a venres, con 15 minutos de descanso en cada xornada, que terán a consideración de traballo efectivo, o que supón para o 1994, 227 días de traballo e 1816 horas, segundo o almanaque laboral que se achega neste convenio no anexo V.

Artigo 6º.-Permisos e licencias.

As licencias e permisos que a empresa poderá darlles ós seus traballadores serán os que se recollen no cadro de licencias, ausencias e facilidades concedidas ós traballadores, adxunto como anexo I ó presente convenio.

A empresa dará licencias non retribuídas, durante un día como máximo ó ano, sempre que se solicite con tres días de antelación, como mínimo, antes da data do seu disfrute e non concorra a solicitude da licencia coa doutro traballador da mesma sección ou departamento.

Artigo 7º.-Excedencias.

Os traballadores poderán disfrutar dun período de excedencia non superior a tres anos, para atender ó coidado de cada fillo, a contar desde a data do nacemento deste. Os sucesivos filos darán dereito a un novo período de excedencia que, se é o caso, porá fin ó que se viñera disfrutando. Cando o pai e a nai traballen, só un deles poderá exerce-lo dito dereito.

O traballador, con antigüidade na empresa de polo menos un ano, ten dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de porse en excedencia voluntaria por un prazo non inferior a dous anos e que non supere os cinco anos. Este dereito só poderá exercerse outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde a fin da anterior excedencia.

O reingreso, en ámbolos supostos de excedencia, deberá solicitarse cun mes de antelación ó prazo de cumprimento das mesmas, producíndose o reingreso na mesma categoría que tiña, e no posto que nese momento designe o empresario, dacordo coas facultades que a lei lle otorgue.

Artigo 8º.-Servicio militar.

Durante o cumprimento do servicio militar voluntario, obrigatorio ou substitutorio, o traballador terá dereito a reserva do seu posto de traballo polo tempo da duración do mesmo, debendo reincorporarse ó posto de traballo nun prazo máximo de 30 días naturais a contar desde a cesación do servicio militar ou substitutorio.

Durante o tempo da súa permanencia no servicio militar voluntario, obrigatorio ou substitutorio, o traballador terá dereito a percibi-las gratificacións extras de xuño, outubro e Nadal.

Artigo 9º.- Antigüidade.

O personal desta empresa terá dereito á percepción dun premio de antigüidade consistente en quinquenios do 5%.

Computarase para estes efectos todo o tempo de servicios continuados na empresa.

A acumulación dos incrementos por antigüidade non poderán superar, en ningún caso, o 60% do salario base, de conformidade co previsto no artigo 25.2º do Estatuto dos traballadores.

Artigo 10º.-Gratificacións.

Establécese para tódolos traballadores afectados por este convenio o dereito a percibir tres gratificacións extraordinarias, consistentes en 30 días de salario base máis o plus de actividade, incentivos e antigüidade, se ó o caso. Unha no mes de xuño, outra no mes de outubro e outra no Nadal, facéndose efectivas non máis tarde do día 20 de cada un dos meses citados.

A contia dos incentivos nas gratificacións extraordinarias fixarase en base á seguinte fórmula:

Para o persoal obreiro, en función da media obtida por tal concepto nos tres meses anteriores a cada unha das respectivas gratificacións. Para o persoal empregado en función da contía mínima que por tal concepto teña asignada cada categoría.

As ditas gratificacións percibiranse en función dos días traballados, considerándose como tales as licencias retribuídas.

Artigo 11º.-Pagamento de nóminas.

O pagamento das nóminas realizarase de xeito mensual. Nembargantes o persoal poderá solicitar coa debida antelación, anticipos a conta dos seus haberes devengados.

Artigo 12º.-Acordos sobre acrecentamentos de retribucións para o 1994.

a) Acrecéntase o salario base e os seus complementos nun 3,75%, respecto dos valores vixentes o 31-12-1993. O complemento do plus de transporte durante 1994 terá o valor de 322 ptas por día efectivamente traballado.

Os valores resultantes da aplicación das respectivas porcentaxes citadas son os que se recollen para cada concepto e categoría nos anexos III e IV deste convenio.

b) Os salarios e complementos salariais que se fixaron no presente convenio, son os que figuran salientados nos anexos III e IV del.

Os valores de tódolos conceptos retributivos establecidos no presente convenio son valores brutos. Deles deduciranse as cargas fiscais e de Seguridade Social, ou calquera outro concepto que legalmente proceda e do que o pago resulte a cargo do traballador.

Artigo 13º.-Plus de actividade.

Establécese para todo o persoal desta empresa un complemento salarial que se denomina plus de actividade.

O plus de actividade devengarase segundo as contías que se especifican no anexo III para cada categoría.

Artigo 14º.-Plus de puntualidade.

Establécese para o persoal obreiro desta empresa un complemento salarial coa denominación de plus de puntualidade.

O plus de puntualidade devengarase por día efectivamente traballado e nas contías que están especificadas no anexo III para cada categoría.

Artigo 15º.-Plus de orde.

Establécese para o persoal obreiro desta empresa un complemento salarial coa denominación de plus de orde.

O plus de orde devengarase por día efectivamente traballado nas contías que están especificadas no anexo III para cada categoría.

Artigo 16º.-Plus de asistencia.

Establécese para o persoal obreiro desta empresa un complemento salarial denominado plus de asistencia.

O plus de asistencia devengarase por día efectivamente traballado nas contías establecidas no anexo II para cada categoría.

Artigo 17º.-Plus de transporte.

Establécese para todo o persoal desta empresas un complemento salarial que se denominará plus de transporte.

O plus de transporte percibirase por día efectivamente traballado na contía de 322 pesetas por día.

Artigo 18º.-Prima ou incentivo á producción.

Esta empresa, seguindo os principios xerais da organización científica do traballo, establece para todo o seu persoal obreiro un sistema de incentivo con suficiente aliciente para a súa obtención e que lles compense do esforzo realizado.

O dito incentivo fundaméntase no sistema Bedaux implantado nesta empresa desde hai varios anos.

Para cada un dos grupos de persoal citado, a aplicación do sistema de incentivos establécese como segue:

-Persoal obreiro controlado: no recadro 1º do anexo IV inclúense en pesetas os valores correspondentes

á actividade de 60 puntos Bedaux, así como o valor punto que supere a actividade equivalente a 60 puntos Bedaux, correspondentes a cada categoría profisional.

-Persoal obreiro non controlado: este persoal percibirá a prima ou incentivo á producción conforme á actividade media obtida na factoría, ou a que teña recoñecida como actividade media alcanzada individualmente, e segundo os mesmos valores recollidos no cadro 1º do anexo IV.

O persoal non controlado devengará este complemento por día efectivamente traballado.

Artigo 19º.-Horas extraordinarias.

As partes asinantes deste convenio coinciden nos efectos positivos que poidan derivarse dunha política social solidaria conducente á eliminación das horas extraordinarias habituais. A este respecto acórdase darlle o seguinte tratamento ós distintos tipos de horas extraordinarias.

A) As horas extraordinarias serán de libre ofrecemento por parte da empresa e de libre aceptación por parte do traballador.

B) Horas extras que veñan esixidas por necesidade de reparar sinistros ou outros danos extraordinarios e urxentes, así como no caso de risco de perda de materias primas: realización.

C) Horas extraorinarias por pedidos imprevistos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, trocos de quendas ou outras circunstancias de carácter estructural, derivadas de natureza de que se trate: mantemento, sempre que non poidan substituirse pola utilización das distintas modalidades de contratación previstas legalmente.

A dirección da empresa informará mensualmente ó comité de empresa sobre o número das horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se é o caso, a distribución por seccións.

Artigo 20º.-Reconecementos médicos.

Previamente ó ingreso difinitivo na empresa, todo productor deberá someterse a un recoñecemento médico, coas probas correspondentes, a súa superación será condición indispensable para o seu ingreso.

Con independencia do anteriormente exposto, tódolos traballadores da empresa virán obrigados a someterse ós recoñécementos médicos periódicos anuais que a empresa lles indique, sendo informados dos resultados.

Artigo 21º.-Extinción do contrato por invalidez do traballador.

Para os efectos do previsto no punto 5 do Art. 49 do Estatuto dos traballadores, en relación co suposto de invalidez permanente total do traballador, a empresa fai expresa renuncia á súa aplicación, non extinguindo o contrato de traballo ó traballador afectado por tal grao de invalidez, sempre que non exceda o número de afectados en máis dun 5% da totalidade do cadro de persoal.

Artigo 22º.-Vacacións.

Todo o persoal desfrutará de 30 días naturais de vacacións durante o ano, se estas se desfrutan nun único período. Se as vacacións se desfrutan en máis dun período, o número de días a desfrutar será de 21 días laborais.

O persoal que ingrese ou cese na empresa no transcurso do ano e non complete o ano de sevicios, desfrutará da parte proporcional respectivamente ó tempo transcorrido desde o seu ingreso ata o 31 de decembro, ou o tempo transcorrido desde o 1 de xaneiro á data do seu cesamento.

No último suposto e de ter desfrutado xa máis días dos que lle correspondan, o exceso seralle descontado do importe da liquidación.

As vacacións serán retribuídas en función da media do salario e complementos salariais obtidos polo traballador durante os tres meses traballados anteriores ó seu disfrute, en xornada ordinaria de traballo.

Artigo 23º.-Actividade sindical na empresa.

O comité de empresa terá as seguintes garantías:

Expresar, colexiadamente e con liberdade, as opinións en materias concernentes á esfera da súa representación, podendo publicar e distribuir, logo de comunicación á empresa, sen perturba-lo normal desenvolvemento do traballo, as publicacións de interese laboral e social. Con tal obxecto, facilitaráselle un taboleiro de anuncios, nos que poidan difundir aqueles avisos que interesen ós traballadores en xeral, logo de coñecemento da dirección da empresa.

Competencias:

1) Emitir informes dentro dos prazos legais, previos á execución por parte da empresa das decisións que esta adopte sobre as seguintes materias:

-Reestruturación do cadro de persoal e expedientes de suspensión ou extinción de contratos por causas tecnolóxicas ou económicas.

-Reducción da xornada ou traslado total ou parcial das instalacións da empresa.

-Implantación ou revisión dos sistemas de organización e control do traballo.

-Estudios de tempos, establecemento de sistemas de primas ou incentivos e valoración dos postos de traballo.

2) Ser informados de tódalas sancións impostas ós traballadores por faltas moi graves.

3) Coñece-los modelos dos contratos de traballo escritos que se utilicen na empresa, así como os modelos de documentos relativos á terminación da relación laboral.

4) Exercer un labor de control e vixilancia das condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa, a teor do previsto no Art. 19 do Estatuto dos traballadores.

5) Cada un dos membros do comité disporá dun crédito de 15 horas mensuais retribuídas, para o exercicio das súas funcións de representación. Tales horas poderanse acumular en un ou máis membros do comité da empresa, logo da notificación á dirección da empresa, dentro dos quince días anteriores á iniciación da dita acumulación.

Artigo 24º.-Asembleas.

A celebración de asembleas de persoal axustarase ó que dispoña a lexislación vixente na materia. En todo caso, comunicaráselle á dirección da empresa cunha antelación mínima de a 48 horas á súa convocatoria, achegándolle a orde do día.

Artigo 25º.-Roupas de traballo.

A empresa entregaralle con carácter obrigatorio cada ano, ó persoal do que posto de traballo o requira, dúas fundas que deberán ter calidade dabondo para que cumpran o fín para o que foron adxudicadas. Unha delas entregarase o primeiro mes do primeiro semestre e a outra no primeiro mes do segundo semestre do ano. A funda do segundo semestre sustituirase por un pantalón e unha camisa.

Artigo 26º.-Protección da saúde laboral.

Os traballadores da sección de pintura terán dereito a unha asignación periódica de leite que deberán consumir no posto de traballo.

Artigo 27º.-Supostos especiais para a categoría de auxiliar administrativo.

Os auxiliares administrativos percibirán, nos termos e condicións previstos nos artigos 14, 15 e 16 deste convenio, os pluses de puntualidade, orde e asistencia. Así mesmo percibirán nos termos e condicións previstos no Art. 18 deste convenio a prima ou incentivo á producción no valor ou contía equivalente á correspondente á categoría de peón.

O resultado da suma das cantidades percibidas por tódolos conceptos anteriores serán compesables e absorvibles cos que actualmente veñan devengando polo concepto de prima mensual.

A cantidade correspondente ó concepto de incentivo á producción antes dito, percibirase así mesmo nas gratificacións extraordinarias soamente no caso de que a súa contía resultara superior á prevista con carácter xeral no Art. 10 deste convenio colectivo, para o persoal empregado.

En todo caso garantiráselles que, como mínimo, perciban polo dito concepto os importes que con anterioridade á aplicación deste artigo viñeran percibido.

Artigo 28º.-Compras de productos fabricados pola empresa.

Mentres as circunstancias de índole económico e de política comercial o permitan, a empresa seguirá respectando para todo o pesoal as condicións de vendas de productos fabricados por ela nos termos actuais.

Artigo 29º.-Comisión paritaria.

Para a intepretación das cláusulas pactadas neste convenio, constitúese unha comisión paritaria integrada por cinco membros da representación social e cinco da empresarial.

A comisión paritaria reunirase cunha periodicidade trimestral e dentro da primeira quincena do mes seguinte a cada trimestre.

Disposicións adicionais.

En cumplimento no disposto no Art. 26.5º do Estatuto dos traballadores, faise consta-lo seguinte:

a) Que o número de horas anuais de traballo durante o ano 1994 será de 1816, segundo o previsto no Art. 5º deste convenio.

b) Que a remuneración anuel dos traballadores desta empresa por categorías, en función das ditas horas de traballo, é a que se consigna no anexo II.

Disposicións transitorias.

Primeira.-A todo o persoal desta empresa se lle garanten condicións acordadas e recollidas no Aart. 12 deste convenio, con independencia dos conceptos e contías previstos nos anexos III e IV do mesmo, e nomeadamente os valores das primas do persoal empregado e obreiro non recollidos nos ditos anexos, así como calquera outro concepto non expresamente previstos neles, serán obxecto das revisións antes citadas.

Segunda.-O presente texto de convenio de empresa será redactado e rexistrado nas dúas linguas oficiais de Galicia, galego e castelán.

Disposicións derradeiras.

Primeira.-No que non se dispón no presente convenio, haberá que aterse ó disposto na ordenanza laboral para as industrias da madeira, Estatuto dos traballadores e demais lexislación aplicable.

Segunda.-Dada a retroactividade dos efectos económicos do presente convenio prevista no seu Art. 2º, as diferencias que se é o caso deban aboarse ós traballadores faranse efectivas antes do día 31-5-95.

ANEXO VI

1º Persoal obreiro.

Encargado xeral.

É o productor que, nomeado pola empresa ou por delegación dela, leva a dirección, orde e organización da fábria ou taller, distribuíndo os traballos e coñecendo o que se realiza nas distintas seccións.

Encargado de sección.

É o productor nomeado pola empresa que, baixo as ordes desta ou do xefe de taller, se o houbera, leva a dirección técnica da sección determinada e sabe executar, planear e preparar tódolos traballos dela.

Oficial preparador-trazador.

É o productor que sabe intepretar toda clase de plantas e planos e sinala e prepara a madeira que hai que entregarller ós demais operarios do taller.

Oficial de primeira.

Inclúense nesta categoría os productores capaces de interpretar toda clase de plantas e planos, así como de trazar, de sinala-la madeira e que comeza e remata tódolos traballos que se lle encomendan, sea cal sexa a súa clase ou estilo.

Oficial de segunda.

É o productor que, dándolle xa a madeira preparada e trazada, comeza e remata o traballo que se lle encomenda, calquera que fora a súa clase ou destino.

Oficial de terceira.

É o productor que fixo a aprendizaxe dun oficio determinado de forma cualificada. Realiza con responsabilidade tódalas tarefas laborais correspondentes ó seu nivel.

Especialista en serie e semiserie.

É o productor que na fabricación en serie e semiserie realiza unha función repetida que pode considerarse como unha fase dos traballos.

Oficial montador.

É o productor que, na fabricación en serie e semiserie, chegándolle preparadas as distintas partes ou elementos do moble, ten por misión montalo, axustalo e repasalo, deixándoo listo para o pulimento.

Axudante.

É o productor que realiza algúns dos traballos dos oficiais e lles axuda no se cometido.

Aprendiz.

É aquel que, mediante o oportuno contrato especial de aprendizaxe, ingresa no taller para aprende-lo oficio.

Peón.

É o productor que se emprega en labores secundarias da industrica para as cales só se precisa a aportación da súa atención e esforzo físico.

2º Persoal subalterno.

Capataz de peóns especialistas.

É o traballador que reúne as condicións prácticas para poder dirixir un grupo de obreiros en labores que esixen algo máis có esforzo físico, como por exemplo operacións de carga e descarga, distribución de materiais e persoal para obte-lo mellor rendimento, mellor vixilancia, etc.

Capataz de peóns.

É o traballador que dirixe e vixía os traballos feitos polos peóns ordinarios e exerce sobre eles función de mando.

Almaceneiro.

É o traballador encargado de recibir mercadorías e despacha-los pedidos no almacén e rexistrar nos libros o movemento que haxa durante a xornada.

Persoal de limpieza.

A remuneración deste persoal, cando traballe por horas, será por hora, o que polo mesmo lapso de tempo corresponde ó peón. Traballando toda a xornada a remuneracion será a xeral establecida para a muller na lexislación vixente.

Conductor de vehículo mecánico.

É o traballador que ten como misión conduci-los vehículos de tracción mecánica dedicados ó transporte de mercadorías e materiais.

O conductor con coñecementos dabondo de mecánica, para a reparación de pequenas avarías considerarase na súa respectiva industria como oficial de primeira. O que sexa soamente conductor será considerado como oficial de segunda.

Garda ou vixilante.

É o traballador que ten como cometido gardar ou vixia-lo recinto (taller, fábrica, departamento, etc) que se lle encomende.

Ordenanza.

É o traballador que ten como misión facer recados, copiar documentos en prensa, recoller e entregar correspondencia, cobrar facturas e outros cometidos propios da súa profesión.

Cando este traballador se dedique principalmente ó cobro de facturas equiparase en remuneración e demais condicións de traballo ó auxiliar administrativo.

Porteiro.

É o traballador que, de acordo coas instruccións recibidas dos seus superiores, coida dos accesos á fábrica ou locais e realiza á súa vez funcións de vixilancia e custodia.

Botóns.

É o traballador maior de dezaseis anos e menor de dezaoito, encargado de transmitir cantas mensaxes, recados ou misións se lle confíen, tanto no interior como no exterior do local onde presta os seus servicios.

Os botóns, cumpridos os dezaoito anos, pasarán automáticamente a ordenanzas, se existe esta categoría na empresa na que traballa.

3º Persoal administrativo e mercantil.

Xefe de oficina.

É o empregado provisto ou non de poder que leva a responsabilidade directa de unha ou máis seccións, estando encargado de imprimirlle unidade.

Oficial de primera.

É o empregado que ten ó seu cargo un servicio determinado dentro do cal exerce a iniciativa e ten responsabilidade, con ou sen outros empregados ás súas ordes.

Consideraranse incluídos nesta categoría: o caixeiro de cobro e pago, sen asinatura nen fianza; o taquimecanógrafro en idioma estranxeiro; o encargado de

facturas e cálculo delas, estadística, transcrición en libros de contas correntes, diario maior e correspondencia, etc., e o encargado de cálculo e liquidación de seguros sociais.

Oficial de segunda.

É o empregado de oficina que, con iniciativa e responsabilidade restrinxida, efectúa funcións auxiliares de contabilidade e tarefas da mesma, transcricións nos libros, arquivos, ficheiros e demais traballos semellantes correspondentes á sección, negociado ou servicios ós que pertenzan.

Auxiliar.

É o empregado de oficina que, sen iniciativa se dedica dentro da oficina a operacións elementais administrativas e, en xeral, ás puramente mecánicas inherentes ó traballo daquela.

Cando un empregado, á parte de desempeñar funcións propias das esixidas ós auxiliares no paráfo anterior, está encargado do cometido ou cometidos que levan anexa iniciativa e responsabilidade restrinxida, deberá clasificarse como oficial de segunda administrativo.

Aspirante.

Entenderase por aspirante aquel que cumplidos os dezaseis anos ingresa na empresa para iniciarse nos labores propios da oficina. Transcorrido o período de probas e cumpridos os dezaoito anos, pasará a se considerar auxiliar administrativo no momento que exista vacante nesta categoría.

Telefonista.

É o empregado que ten como única e exclusiva misión o estar ó coidado e servicio da central telefónica.

Viaxante.

É o empregado que ó servicio exclusivo da empresa realiza as habituais viaxes, segundo ruta previamente sinalada, para ofertar mercadorias, tomar notas de pedidos, informar ós clientes e transmiti-los encargos recibidos, podendo ser empregado pola empresa en establecementos fóra do tempo dedicado ás viaxes.

Corredor de praza.

É o que ten cometido análogo ó viaxante na localidade ou praza asignada e o que a empresa pode empregar igualmente en establecementos dentro da xoranda de traballo nas horas libres.

4º Persoal técnico.

Xefe de organización de primeira.

É o técnico que, con mando directo sobre oficiais técnicos de organización e xefes de sección de organización de segunda e ás ordes dos seus superiores, ten a responsabilidade do traballo, disciplina e seguiridade do persoal, de acordo coa organización na empresa ata o límite na que quede fixada a súa responsabilidade polo regulamento de réxime interior da mesma. A súa actuación está subordinada por motivos prefixados, dentro dos cales e con iniciativa propia,

realiza toda clase de estudios de tempos e melloras con métodos, programación, trazado, inspección e control en tódolos casos. Deberá saber interpretar toda clase de planos, interpretación e distribución de fichas completas e facer avaliacións de materiais precisos para traballos dos que se obeteñan datos, tanto en planos como sobre obra.

Poderá exercer misións de xefe dentro do ámbito das funcións referentes de máquinas, instalacións e man de obra, progreso, lanzamento, custos e resultados económicos.

Xefe de organización de segunda.

As funcións serán en todo momento iguais cás de xefe de organización de primeira, con diferencia da complexidade do traballo a desenvolver na sección que mande, a xuízo libre da empresa.

Técnico de organización de primeira.

É o técnico que, procedente dalgunhas das categorías profesionais ou de oficio, está ás ordes dos xefes de sección de primeira ou segunda, se estes existiran, e realiza os traballos seguintes, relativos ás funcións da organización científica do traballo: cronometraxe e estudios de tempos de calquera clase, estudios de melloras de métodos en saturación de equipos de calquera número de operarios, estimacións económicas, confeccións de normas ou tarifas de traballo de dificultade media, confección de fichas completas, definición de lotes ou conxuntos de traballo con finalidade de programación, cálculos dos tempos de traballo dos mesmos, establecemento de cadros de cara, en tódolos casos; establecementos de necesidades completas de materiais, partindo de datos obtidos sobre planos ou sobre obra, aínda contando con dificultades de apreciación; despezamento de todas clases e croquizacións conseguintes, inspección e control, colaboración no establecemento de montaxe para lotes de pezas ou

zonas de funcións para trazado xeral da producción, colaboración e resolución de problemas de trazado de dificultade media e representacións gráficas.

Técnico de organización de segunda.

É o técnico que, ademáis de face-los traballos propios de auxiliar de organización, realiza os seguintes: cronometraxe de todo tipo, colaboración na selección de datos para as confeccións de normas, estudio de métodos de traballo de dificultade media e saturación de equipo de ata tres variables, confección de fichas completas de dificultade media, estimacións económicas, informador de obra con dificultade de apreciación na toma de datos, definición de conxuntos de traballo con indicacións precisas dos seus superiores, cálculos de tempos sobre plano e obra de dificultade media, despezamentos de dificultade media e croquizacións conseguintes, avaliacións de necesidades de materiais en caso de dificultade normal, inspeccion e control colaboración en funcións de trazado e representacións gráficas.

Auxiliar de organización.

É o empregado maior de dezaoito anos que realiza os traballos sinxelos de organización científica do traballo, análise e pagamento, control de operacións sinxelas, arquivo e númeración de planos e documentos, fichas de materiais e fichas de movementos de pedidos (labor esencialmente de transcrición de información), cálculos de tempos partindo de datos e normas ou tarefas ben definidas e representación gráficas.

Aspirante técnico.

Entenderase por aspirante aquel que, cumplidos os dezaseis anos, ingresa na empresa para iniciarse en labores propias da organización do traballo.

5º Persoal técnico.

Subgrupo A:

Xefe de taller.

É o empregado que sume a xefatura do taller, sendo da súa incumbencia a organización do traballo que se efectúa no mesmo, o croquizamento das ferramentas, dispositivos e utensilios que se precisen; vixilancia do gasto, tanto destes como dos combustibles; enerxía, lubricantes, etc..., a redacción de orzamentos, o estudio de producción, rendemento e elementos necesarios para mellora-la fabricación.

Proxectista.

É aquel empregado que en calidade de director artístico intervén na confección e execución dos planos e debuxos, debendo ter coñecementos para proxectar en esbozo e adopta-los que logo deben desenvolverse.

Delineante.

É o empregado que está capacitado para o completo desevolvemento do proxecto, tales como levantamento de planos de conxunto e detalle, sexan do natural ou do esquema e anteproxectos estudiados; interpretación de planos, cubicacións e transportacións de menor contía.

Auxiliar analista.

É aquel empregado que, ás ordes dos seus superiores técnicos efectúa probas en serie e análise, aténdose unicamente ás instrucións recibidas.

Subgrupo B:

Titulados de grado superior e grado medio.

É o que está en posesión dun título ou diploma oficial de grao superior ou medio, que está unido á empresa por un vínculo de relación laboral concertado, en razón do título que posúa para exercer funcións específicas para o que aquel o habilita e sempre que preste os seus servicios na empresa con carácter exclusivo ou preferente.

ANEXO I

Cadro de licencias, ausencias e facilidades concedidas os traballadores

Conceptos a percibir

Motivo da licenciaTempo máximoXustificantes

SalarioAntigüedadeActividadeIncentivosPuntualidadeAsistenciaOrdePlus

distancia

Plus

transporte

Falecemento de pais, avós, fillos, netos, cónxuxe, irmáns e sogrosEn todo caso cinco días naturaisSiSiSiNonNonNonNonNonNonNota necrolóxica e/ou documento no que se acredite parentesco

Enfermidade grave de pais, sogros, fillos, netos cónxuxes, irmáns e avósTres días naturais ampliables a cinco en caso de desprazamentoSiSiSiNonNonNonNonNonNonCertificado médico. Deberá constar especificación de gravidade

Falecemento de noras, xenros, cuñados e avós políticosDous días naturais en todo casoSiSiSiNonNonNonNonNonNonNota necrolóxica e/ou documento acreditativo do parentesco

Enfermidade grave de noras, xernos e avós políticosTres días naturais ampliables a cinco en caso de desprazamentoNonNonNonNonNonNonNonNonNonCertificado médico. Deberá constar especificación de gravidade

Nacemento de filloTres días laborables ampliables a cinco en caso de desprazamentoSiSiSiNonNonNonNonNonNonLibro de Familia ou certificación do xulgado

Matrimonio do traballador/a15 días naturaisSiSiSiNonNonNonNonNonNonLibro de Familia ou certificación do xulgado

Matrimonio de fillos ou irmáns e novas nupcias de pais1 día naturalSiSiSiNonNonNonNonNonNonCertificado do xulgado ou igrexia sempre que se acredite parentesco. Invitación

Traslado de domicilio habitual (traslado de pertenzas)1 día laborableSiSiSiNonNonNonNonNonNonCertificado do servicio de empadroamento

Conceptos a percibir

Motivo da licenciaTempo máximoXustificantes

SalarioAntigüedadeActividadeIncentivosPuntualidadeAsistenciaOrdePlus

distancia

Plus

transporte

Enfermidade e consulta médica

a) Consulta a especialista S.O.E. prescita por médico Medicina Xeral

Polo tempo necesario. Máximo cinco horas/díaSiSiSiSiSiSiSiSiSiCopia volante médico Medicina General S.O.E. Xustificante asistencia médico especialista

b) Consultas médico Medicina Xeral Catro horas/día. Máximo 18 horas/anoSiSiSiSiSiSiSiSiSiCertificado Médico S.O.E. ou outras institucións

c) Enfermidade con baixa oficialTres primeiros díasNonNonNonNonNonNonNonNonNonParte de baixa

Accidente de traballoDía do accidenteSiSiSiNonSiSiSiSiSiXustificante Servicio Médico, confirmando parte accidente da empresa

Lactancia1 hora/día seguida ou reducción xornada 1/2 hora (9 meses desde nacemento) a elección da traballadoraSiSiSiNonSiSiSiSiSi

Cargo sindical ou públicoO tempo legal. Cargos sindicais 15 horas mensuaisSiSiSiSiSiSiSiSiSiO que proceda

Deber inexcusable de carácter público:
a) ElecciónsPolo tempo necesarioSiSiSiSiSiSiSiSiSiCertificado mesa electoral

b) Tribunais ordinarios
-TestemuñaCitación
-Demandante
-Demandado

c) Xulgados do social
-TestemuñaPolo tempo necesarioSiSiSiNonSiSiSiNonNonCitación
-Demandante

(Se prospera a reclamación)Polo tempo necesarioSiSiSiNonSiSiSiNonNonCitación
-Demandante

(Se non prospera a reclamación)

d) Citación a quintasPolo tempo necesarioSiSiSiSiSiSiSiSiSiXustificante de citación

1) De coincidir esta licencia en período vacacional do traballador, interrumperáse o mesmo, en todo caso, durante a licencia.

2) O tempo máximo de licencia concedido para este suposto, poderá desfrutarse na súa equivalencia en horas.

ANEXO II

Táboa de salarios anuais Pérez Leiros, S.A.

CategoríasSalariosActividade

PuntualidadeOrdeAsistenciaTransporteInc. Producc.Total ano

1ª Columna

diario

2ª Columna

mensual

Día

natural

Mes

1) Persoal obreiro

Encargado xeral1.218.865211.0126.62321.76320.81673.331156.5961.709.006

Encargado de sección1.182.989203.9316.62321.76320.81673.331156.5961.666.049

Oficial preparad-trazad.1.149.000198.7386.62321.76320.81673.331156.5961.626.867

Oficial 1ª1.115.484191.6576.62321.76320.81673.331156.5961.587.308

Oficial 2ª1.087.160185.9936.62321.76320.81673.331156.5961.552.282

Especialista serie-semiserie1.030.512173.7196.62321.76320.81673.331156.5961.483.360

Oficial montador/Oficial 3ª1.054.116177.0236.62321.76320.81673.331156.5961.510.268

Axudante1.030.040174.1916.62321.76320.81673.331156.5961.483.360

Peón 992.747167.1106.62321.76320.81673.331139.0911.421.482

Aprendiz 934.212156.7256.62321.76320.81673.3311.213.469

2) Persoal subalterno

Capataz peóns especialistas1.059.479188.74273.3311.321.552

Capataz peóns1.017.118173.97373.3311.264.422

Almaceneiro1.012.229173.16473.3311.258.524

Conductor vehículos mecánicos 1ª1.103.724190.20573.3311.367.259

Conductor vehículos mecánicos 2ª1.075.913184.02773.3311.333.271

Garda ou vixilante 978.025165.21273.3311.216.567

Ordenanza 978.025166.09973.3311.217.454

Porteiro 978.025166.09973.3311.217.454

Mozo dos recados 923.743158.05373.3311.155.127

CategoríasSalariosActividade

PuntualidadeOrdeAsistenciaTransporteInc. Producc.Total ano

1ª Columna

diario

2ª Columna

mensual

Día

natural

Mes

3) Persoal administrativo e mercantil

Xefe de oficina1.298.940223.49373.3311.595.763

Oficial administrativo 1ª1.180.805204.18473.3311.457.319

Oficial administrativo 2ª1.082.247185.95673.3311.341.534

Auxiliar administrativo 980.344167.7796.62321.76320.81673.331139.0911.409.747

Aspirante administrativo 923.759158.09973.3311.155.189

Telefonista 980.344167.77973.3311.221.454

Viaxante/vendedor1.082.092185.95673.3311.341.379

Corredor de praza 980.344167.77973.3311.221.454

Xefe de organización de 1ª1.331.061203.93173.3311.608.322

Xefe de organización de 2ª1.267.675194.23673.3311.535.241

Técnico de organización de 1ª1.213.642185.95673.3311.472.928

Técnico de organización de 2ª1.078.341177.88573.3311.336.227

Auxiliar de organización 980.344167.77973.3311.221.454

Aspirante técnico 923.759158.09973.3311.155.189

5) Persoal técnico

Subgrupo a)

Xefe de taller

1.267.675194.23573.3311.535.241

Proxectista1.213.626194.23573.3311.481.192

Delineante1.078.341184.55673.3311.336.227

Auxiliar delineante 980.344167.77973.3311.221.454

Subgrupo b)

Director xerente2.788.672464.24573.3313.225.453

Titulados grao superior1.848.809319.2802.241.420

Titulados grao medio1.680.750290.27173.3312.044.352

ANEXO III

Táboa de salarios anuais Pérez Leiros, S.A.

CategoríasSalariosActividade

PuntualidadeOrdeAsistenciaTransporte

1ª Columna

diario

2ª Columna

mensual

Día

natural

Mes

1) Persoal obreiro

Encargado xeral2.679463299591322

Encargado de sección2.600448299591322

Oficial Preparad-Trazad.2.525437299591322

Oficial 1ª2.452421299591322

Oficial 2ª2.389409299591322

Especialista serie-semiserie2.265382299591322

Oficial montador-Oficial 3ª2.317389299591322

Axudante2.264383299591322

Peón2.182367299591322

Aprendiz2.053344299591322

2) Persoal subalterno

Capataz peóns especialistas68.07912.583322

Capataz peóns67.80811.598322

Almaceneiro67.46911.544322

Conductor vehículos mecánicos 1ª73.58212.680322322

Conductor vehículos mecánicos 2ª71.72812.268322

Garda ou vixilante65.20211.014322

Ordenanza65.20211.073322

Porteiro65.20211.073322

Mozo dos recados61.58310.537322

Persoal de limpeza

3) Persoal administrativo e mercantil

Xefe de oficina86.59614.900322

Oficial administrativo 1ª78.72013.546322

Oficial administrativo 2ª72.15012.397322

Auxiliar administrativo65.35611.185299591322

Aspirante administrativo61.58410.540322

Telefonista65.35611.185322

Viaxante/vendedor72.13912.397322

Xefe de organización de 1ª88.73713.595322

Xefe de organización de 2ª84.51212.949322

CategoríasSalariosActividade

PuntualidadeOrdeAsistenciaTransporte

1ª Columna

diario

2ª Columna

mensual

Día

natural

Mes

Técnico de organización de 1ª80.90912.397322

Técnico de organización de 2ª71.88912.304322

Auxiliar de organización65.35611.185322

Aspirante técnico61.58410.540322

5) Persoal técnico

Subgrupo a)

Xefe de taller84.51212.949322

Proxectista80.90812.949322

Delineante71.88912.294322

Auxiliar delineante65.35620.523322

Subgrupo b)
Director xerente179.19230.950322

Titulados grao superior123.25421.285322

Titulados grao medio112.05019.351322

ANEXO IV

C a t e g o r í a sV a l o r e s

Actividade

60 puntos

Puntos

Exceso

Encargado xeral687229

Encargado de sección687229

Oficial preparador-trazador687229

Oficial de 1ª687229

Oficial de 2ª687229

Especialista serie-semiserie687229

Oficial montador-oficial de 3ª687229

Axudante687229

Peón610194

ANEXO V

Calendario laboral ano 1994

M e sDías

laborais

SábadosDomingosFestivosVacaciónsDías

ano

Xaneiro19552031

Febreiro20440028

Marzo22441031

Abril20442030

Maio20452031

Xuño22440030

Xullo21541031

Agosto6 (6)2 (2)2 (2)021 (21)31

Setembro21441030

Outubro20551031

Novembro21441030

Decembro14332931
Totais22748481330365

() Variantes que corresponden a primeira e segunda quenda do período de vacacións. Nos festivos aparece un menos por cadrar con vacacións en decembro.

Festivos e vacacións

Xaneiro01SábadoAno NovoFestivo

Xaneiro06XovesReisFestivo

Marzo19SábadoSan XoséFestivo

Marzo31XovesXoves SantoFestivo

Abril01VenresVenres SantoFestivo

Maio17MartesDías Letras Gal.Festivo

Xullo11LunsSan BieitoFestivo local

Xullo25LunsDía de GaliciaFestivo

Agosto15LunsAsunción da VirxeFestivo

Setembro26LunsLuns do CristoFestivo local

Outubro12MércoresFesta Ncal. EspañaFestivo

Novembro01MartesSantosFestivo

Decembro06MartesDía da ConstituciónFestivo

Decembro08XovesInmaculada Concep.Festivo

Vacacións:

Primeiro período:

Primeira quenda do 2 ó 22 de agosto/1994.

Segunda quenda do 9 ó 29 de agosto/1994.

Segundo período:

Do 23 ó 31 de agosto/1994.

Días de traballo: 227.

Horas de traballo: 1.816.

6664