Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 23 de outubro de 1995 Páx. 7.824

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Fábrica de Botones, Hisla, S.L.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo da empresa Fábrica de Botones, Hisla, S.L., da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 20-9-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo delegado de persoal, o día 14-9-1995. De conformidade co disposto nos artigos 5 e 18 do texto do convenio colectivo, artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, de 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás represetancións económicas e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 28 de setembro de 1995.

Ramón Hermo Rey

Delegado provincial en funcións de Vigo (Pontevedra)

Convenio colectivo de Fábrica de Botones Hisla, S.L., revisión salarial 1995.

A táboa de retribucións por categorías para 1995 con efectos desde o 1 de xaneiro de 1995 e que servirá como base de cálculo para futuros pactos é a seguinte:

Táboa de retribucións salariais para o ano 1995

Persoal directivo
Mordomo127.438
Xefe de persoal de 3ª106.434
Encargado sección106.434
Persoal administrativo
Oficial 1ª101.048
Oficial 2ª89.806
Auxiliar69.318
Persoal comercial
Viaxante106.434
Oficial de vendas94.684
Persoal obreiro
Oficial 1ª3.245
Operario 1ª (Ofic. propios)2.662
Operario 2ª (Ofic. propios)2.541
Serrador e marcador2.541
Torneiro e prensista2.423
Cortador de discos manuais2.364
Escolledor P. acabados2.364
Cortador discos automáticos2.323
Furador manual2.323
Encartador e encaixador2.323
Escolledor p. en curso de fabricación2.323
Axudante maior de 18 anos2.323
Alimentador de máquinas2.323
Axudante menor de 18 anos1.858
Aprendiz1.511
Limpadora2.323
Conductor de 2ª2.734

Aplicarase a regularización salarial na nómina de setembro, e o aboamento dos correspondentes atrasos efectuarase xunto coa entrega de dita nómina.

Procederase a efectua-los rexistros e depósitos oportunos e ordena-la súa publicación no BOP de Pontevedra.

Vigo, 14 de setembro de 1995.

Ana María Caride Gómez

Albertina Moreira de Oliveira Alves

6446