Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Luns, 23 de outubro de 1995 Páx. 7.820

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para a empresa Plásticos Ferro, S.L.

Visto o texto do convenio colectivo para a empresa Plásticos Ferro, S.L. (código 2700572), da provincia de Lugo, asinado o día 3 de agosto de 1995, pola representación da mentada empresa e a dos seus traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do mentado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 7 de setembro de 1995.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Convenio colectivo de traballo da empresa Plásticos Ferro, S.A.

Ano de vixencia 1995

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

O presente convenio colectivo abranguerá tódolos traballadores do centro de traballo de Muras (Lugo) da empresa Plásticos Ferro, S.L., dedicada á fabricación de tubos e accesorios para a conducción de fluídos, para a regulación das relacións laborais co persoal ó seu servicio e estenderase, así mesmo, a calquera outro centro de traballo que, relacionado coa actividade principal da empresa, puidese ter esta na provincia de Lugo.

Este convenio colectivo de traballo substitúe integramente o anterior, publicado no BOP de Lugo co número 248, con data 29 de outubro de 1994.

Artigo 2º.-Lexislación suplementaria.

No non previsto no presente convenio, haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores, Lei orgánica da liberdade sindical e demais disposicións legais vixentes.

As condicións de traballo que nel se estipulan teñen o carácter de mínimas e, na súa virtude, serán nulos os pactos e cláusulas que, individual ou colectivamente, impliquen condicións menos favorables para os traballadores.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no BOP, se ben os efectos económicos serán retroactivos ó primeiro de xaneiro de 1995. A súa duración será de un ano, desde o 1º de xaneiro de 1995 ó 31 de decembro de 1995.

O convenio deberá ser denunciado por unha ou ámbalas partes con un mes de antelación á finalización da súa vixencia. No caso de non ser denunciado, o convenio prorrogarase por un ano máis automaticamente, agás na súa parte ecnómica, que se incrementará en dous puntos por riba do IPC do ano 1995.

A denuncia do convenio non significará modificación ningunha no seu articulado, que se continuarán aplicando ata a negociación do novo convenio.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

As condicións aquí pactadas forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán aplicadas globalmente.

Artigo 5º.-Ámbito persoal.

Abranguerá este convenio a totalidade dos traballadores, así como o persoal que ingrese na empresa durante a vixencia deste, que estean comprendidos no citado artigo 1º deste convenio.

Artigo 6º.-Garantías persoais.

Respectaranse a título individual as condicións de traballo que fosen superiores ás establecidas no presente convenio, consideradas no seu conxunto e a título individual.

Artigo 7º.-Organización do traballo.

A organización do traballo, segundo a lexislación vixente, é facultade e responsabilidade da dirección da empresa.

A organización do traballo ten por obxecto acadar na empresa un nivel de productividade adecuado, baseado na utilización óptima dos recursos humanos e materiais. Isto é posible cunha actitude activa e responsable das partes integrantes, dirección, traballadores e comité de empresa.

Sen mingua da capacidade aludida no parágrafo primeiro deste artigo, os representantes dos traballadores terán funcións de orientación, proposta, emisión de informes, etc., no relacionado coa organización e racionalización do traballo, de conformidade coa lexislación vixente e, especialmente, de acordo co regulamentado no artigo 64 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 8º.-Roupa de traballo.

Entregaráselle ó persoal dúas pezas de roupa de traballo, fundas, batas ou chaquetas curtas, dependendo do posto do traballo, por ano. A conservación e limpeza das ditas prendas serán por conta do tra

ballador, que deberá mantelas en bo estado de conservación e limpeza, ou da empresa naqueles casos que determine o gabinete de seguridade e hixiene no traballo.

O persoal de almacén e mantemento recibirá tres fundas por ano.

Entregaránselle once pares de luvas como mínimo a cada operario de producción ou almacén por ano.

O uso da roupa de traballo será obrigatorio dentro da xornada laboral.

Os traballadores que realicen traballos no exterior serán dotados de roupa de auga.

Facilitaráselles ós traballadores de producción, almacén e mantemento un par de botas de seguridade por ano.

Artigo 9º.-Xornada laboral.

A xornada laboral establécese en 40 horas semanais. Non excederá de 1.800 horas en cómputo anual. A xornada será partida ou por quendas. A xornada partida realizarase de luns a venres, a razón de 8 horas diarias. A xornada por quendas realizarase segundo o calendario que se achega, con xornada de 8 horas diarias.

Artigo 10º.-Vacacións.

As vacacións serán de trinta días naturais. Desfrutaranse segundo o calendario que se elabore entre a dirección e o comité de empresa.

O persoal da empresa poderá solicitar tres días ó ano a conta de vacacións. Estes días concederanse de acordo coas normas e/ou regulamentos que se establecerán entre a empresa e o comité de empresa.

Artigo 11º.-Réxime económico.

O réxime retributivo salarial para todo o persoal de Plásticos Ferro S.L., afectado por este convenio, será o establecido para cada categoría nas táboas salariais como anexo.

Artigo 12º.-Clasificación do persoal.

1. Xefe de división.

2. Xefe de área.

3. Xefe de quenda. Encargado.

4. Oficial de 1ª administrativo. Xefe de grupo.

5. Oficial de 1ª de oficio.

6. Vendedor.

7. Auxiliar de laboratorio.

8. Oficial de 2ª de oficio.

9. Oficial de 2ª administrativo.

10. Auxiliar administrativo subalterno.

11. Axudante.

12. Peón.

13. Aprendiz.

Artigo 13º.-Antigüidade.

A antigüidade aplicarase desde a data de ingreso na empresa. O persoal afectado por este convenio desfrutará unha antigüidade por ano de servicio da seguinte forma:

-2 trienios ó 5%.

-Quinquenios sucesivos ó 10%.

O complemento de antigüidade máximo que se poderá percibir será do 50%.

O plus de antigüidade aplicarase sobre o salario base. Terá efecto desde o día de cumprimento de condición ou antigüidade.

Artigo 14º.-Pluses.

1. Establécese un plus extrasalarial que se detalla na táboa anexa.

2. Plus de quendas. Terá unha contía do 10% sobre o salario base diario máis antigüidade, contabilizando tódolos días do mes.

3. Plus de nocturnidade. Terá unha contía do 25% do salario base diario máis antigüidade, nos días traballados en quenda de noite.

4. Plus de convenio. Terá unha contía que se detalla na táboa anexa.

O plus extrasalarial establécese como compensación ó transporte e distancia e precisamente baseado no seu carácter compensatorio, non será cotizable á Seguridade Social. Os restantes pluses serán cotizables á Seguridade Social.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

Retribuiranse consonte o establecido no Estatuto dos traballadores.

É vontade das partes procurar, na medida do posible, a reducción destas.

Artigo 16º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense dúas pagas extraordinarias que se percibirán nos meses de xullo e decembro, antes do día 22 do mes respectivo, a razón de 30 días de salario base máis antigüidade.

Artigo 17º.-Paga de convenio.

Establécese unha paga de convenio que será rateada en doce mensualidades, na contía que se establece na táboa salarial adxunta.

Artigo 18º.-Póliza de seguro.

A empresa establecerá unha póliza de seguros que cubra os riscos de morte e invalidez total e absoluta, motivadas por accidente, sexa ou non sexa laboral, nas contías de dous millóns e dous millóns cincocentas mil pesetas respectivamente.

No caso de accidente que ocasione invalidez total e absoluta, a póliza cubrirá o pagamento de, ademais da cantidade anterior, outra cantidade por contía de dous millóns cincocentas vinte mil pesetas.

Esta cobertura terá efecto trinta días despois da sinatura do convenio, e terá validez durante o tempo de permanencia do traballador na empresa.

Artigo 19º.-Premio por xubilación.

Establécense uns premios por xubilación nas seguintes contías, sempre que esta sexa efectiva dentro do primeiro mes do cumprimento da idade:

Por xubilación voluntaria ós 64 anos: 400.000 ptas.

Por xubilación voluntaria ós 63 anos: 600.000 ptas.

Por xubilación voluntaria ós 62 anos: 800.000 ptas.

Por xubilación voluntaria ós 61 anos: 1.000.000 de ptas.

Por xubilación voluntaria ós 60 anos: 1.200.000 ptas.

Artigo 20º.-Permisos e licencias.

Haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores.

Artigo 21º.-Seguridade e hixiene.

Haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos tabralladores, ordenanza de seguridade e hixiene e demais normas complementarias.

Artigo 22º.-Traballos de categoría superior.

Cando un traballador realice traballos propios de categoría superior á que teña atribuída, por substitucións ou dun xeito continuado, percibirá, durante o tempo no que realice tales traballos, a remuneración total correspondente á categoría á que circunstancialmente quedase adscrito.

Artigo 23º.-Cláusula de revisión.

No suposto de que o IPC o 31 de decmbro de 1995 supere o 3,5%, farase unha revisión automática nas táboas de salarios pola porcentaxe que exceda o dito 3,5%, para o efecto de tomalo como base para os cálculos salariais de 1996.

Artigo 24º.-Dereitos sindicais.

Haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores, Lei orgánica de liberdade sindical e demais normativa vixente.

Artigo 25º.-Incapacidade laboral transitoria.

A empresa, en caso de accidente ou ILT que esixa hospitalización, completará o salario ata o 100% dos conceptos salariais que integran a base de cotización durante todo o período de baixa.

Artigo 26º.-Prevención alcolemias.

Como prevención a accidentes laborais e de acordo coa ordenanza laboral vixente, prohíbese introducir e consumir bebidas alcohólicas ou outras substancias non autorizadas no centro de traballo, así como presentarse ó traballo ou permanecer nel en estado de embriaguez ou de calquera outro xénero de intoxicación.

Artigo 27º.-Comité mixto paritario.

Para a interpretación deste convenio créase unha comisión do convenio composta por dous membros

do comité de empresa e dous representantes da empresa.

Artigo 28º.-Contratos de traballo.

Os contratos de traballo ateranse á lexislación vixente.

Por circunstancias do mercado, acumulación de tarefas ou excesos de pedidios que así o esixisen, poderán facerse contratos con atención ó carácter excepcional da actividade, ata un máximo de 9 meses, de acordo

co artigo 15, apartados A e B e artigo 84 da Lei 11/1994, do 19 de maio.

Artigo 29.-Axuda escolar.

Crearase una axuda para os nenos en idade escolar.

Os representantes da empresa manifestan expresamente a súa vontade de tratar de manter no transcurso do ano 1995 o número de postos de traballo actualmente existentes.

TÁBOAS SALARIAIS ANO 1995

GrupoSalario

actualizado

Subida 1995Xornal 19954,2% sobre plus

Ext. 1994

Xornal+4,2%

plus extrasalarial

Xornal 1995

redondeado

1125.8674,20131.153,362.009,44133.162,79133.163 mes

2101.9904,20106.274,051.966,25108.240,30 108.240 mes

389.8584,2093.632,201.318,0094.950,2194.950 mes

483.3714,2086.872,24885,8087.759,0487.758 mes

52.7434,202.857,9629,132.887,092.887 día

680.6374,2084.023,73466,7584.490,4884.490 mes

780.6374,2084.023,73466,7584.490,4884.490 mes

82.6514,202.762,3815,332.777,712.778 día

980.6374,2084.023,73466,7584.490,4884.490 mes

1078.1694,2081.452,51345,7681.798,2681.799 mes

112.5704,202.678,3611,352.689,702.690 día

122.5274,202.633,194,282.637,472.637 día

131.476,000,000,001.476 día

GrupoPlus convenio

actualizado

Subida 1995Plus convenio

ano 1995

Plus convenio

redondeado

Plus extrasalarial

ano 1995

Total anual

15.898,824,206.146,576.14747.8442.645.325

25.898,824,206.146,576.14746.8162.259.150

35.898,824,206.146,576.14731.3811.874.585

45.898,824,206.146,576.14721.0901.643.214

5194,544,20202,712036941.640.746

65.898,824,206.146,576.14711.1131.474.474

75.898,824,206.146,576.14711.1131.474.474

8194,544,20202,712033651.471.036

95.898,824,206.146,576.14711.1131.474.474

105.898,824,206.146,576.1478.2321.399.521

11194,544,20202,712032701.396.408

12194,544,20202,712031021.311.199

13 0,000,0000671.580

Actualización de táboas salariais segundo Art. 24 de convenio

Táboas salariais ano 1995. Coef. 0,80

Total 1994DíaMesPlus Conv.Plus extras

1125.8675.89947.844

2101.9905.89946.816

3 89.8585.89931.381

4 83.3715.89921.090

52.743 195 694

6 80.6375.89911.113

7 80.6375.89911.113

82.651 195 365

9 80.6375.89911.113

10 78.1695.899 8.232

112.570 195 270

122.327 195 102

131.476

95-06421