Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 20 de outubro de 1995 Páx. 7.797

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do acordo de revisión salarial do convenio colectivo da empresa Cuarzos Industriales, S.A.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo da empresa Cuarzos Industriales, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 31-7-1995 subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa o día 19 de xullo de 1995 e de conformidade co disposto no Art. 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso

de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa publicación no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que se atopa nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de agosto de 1995.

Fernando Rodríguez Córcoba

Delegado provincial da Coruña

ACTUALIZACIÓN TÁBOAS CUARTO CONVENIO CUARZOS INDUSTRIALES, S.A.

TÁBOA SALARIAL CON EFECTOS DE 1 DE XANEIRO DE 1995

CategoríaSalario base diarioPlus asistencia

diario

Prima variable

diaria

Valor hora extra

Titulado medio3.3613071.407

Encargado2.991307827

Oficial 1ª A2.8663075521.101

Oficial 1ª2.6603074981.081

Oficial 2ª aux. admtvo.2.5613074401.046

Oficial 3ª2.4713073871.018

Peón esp.2.433307335967

TÁBOA DE ANTIGÜIDADE PARA O ANO 1995

2

ANOS

4

ANOS

9

ANOS

14

ANOS

19

ANOS

24

ANOS

Porcentaxe4%8%15%22%29%36%

Base mensual2.5085.0169.40513.40518.18322.572

Base diaria84167314460606752

Salario mínimo interprofesional: 62.700 ptas.

OUTROS CONCEPTOS RETRIBUTIVOS

PLUS DE TRANSPORTE (artigo 18 do convenio)21 ptas/km

FIXO PAGA MINERÍA (artigo 19 do convenio)60.000 ptas.

9506090