Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 20 de outubro de 1995 Páx. 7.796

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Explotaciones Forestales de Galicia, S.L.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo da empresa Explotaciones Forestales de Galicia, S.L., que tivo entrada nesta Delegación Provincial de Pontevedra o día 18-8-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, o 23-5-1995. De conformidade co disposto no artigo 2 do convenio colectivo, artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación, no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG), da devandita táboa salarial, así como da acta da comisión deliberadora, dado que contén a modificación dun artigo.

Vigo, 24 de agosto de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión para a discusión do convenio colectivo de traballo para a empresa Explotaciones Forestales de Galicia, S.A. e empregados dela

ACTA

Comisión:

-Pola empresa:

Víctor Nogueira García.

-Polos traballadores:

Ceferino Nogueira García.

Manuel Díaz

En Marín, ás doce horas do día vintetrés de maio de mil novecentos noventa e cinco, reúnense os arriba mencionados no domicilio social da empresa, con obxecto de chegar a un acordo sobre a revisión da táboa salarial do convenio colectivo asinado o pasado vintetrés de abril de mil novecentos noventa e dous.

Despois dun amplo cambio de impresións, adóptanse por unanimidade os seguintes acordos:

Un. A táboa salarial para o exercicio de 1995 será a que se reflicta na folla anexa, resultante de aplicarlle á de 1994 un 5% de incremento.

Dous. Modifica-lo artigo 16 do convenio colectivo indicado anteriormente, que queda redactado como segue:

«Establécese o aboamento mensual para todo o persoal dun plus de transporte por importe de 5.500 pesetas».

E, non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, asinando a presente acta, así como a táboa salarial anexa, os arriba mencionados.

-Pola empresa:

Víctor Nogueira García.

-Polos traballadores:

Ceferino Nogueira García.

Manuel Díaz Rivas.

TÁBOA SALARIAL 1995

I.Titulados
Titulado superior155.636
Titulado medio-grupo A139.198
Titulado medio-grupo B129.807

II. Administrativos
Xefe de sección155.636
Xefe de negociado139.198
Oficial administrativo122.881
Auxiliar administrativo93.864
Aspirante de 16 a 18 anos71.412

III. Subalternos
Conserxe, cobrador, ordenanza, porteiro e

sereno

81.992
Botóns de 16 a 18 anos71.412
Persoal de limpeza81.992

IV. Servicios varios
A) Categorías básicas
Encargado de sección105.749
Oficial de 1ª101.662
Oficial de 2ª96.563
Oficial de 3ª93.235
Peón93.235
Aprendiz de 16 a 18 anos

71.412
B) Categorías asimiladas
Conductor de camión96.563
Conductor de turismo96.563
Manipulante96.563
Encargado de almacén ou almaceneiro101.662
Mozo de almacén92.380
Cosedor/a92.380

5805