Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 20 de outubro de 1995 Páx. 7.797

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa SGL Carbón, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa SGL Carbón, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 31-8-1995, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social, polo comité de empresa o día 25-8-1995 e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º,

da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a súa notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispone-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 5 de setembro de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo da empresa SGL Carbón, S.A.

1995-1996 (A Coruña)

Capítulo I

Obxectivo e ámbito

Artigo 1º.-Obxectivo do convenio.

Este convenio colectivo ten por finalidade regula-las relacións socioeconómicas entre a empresa SGL Carbón, S.A. da Coruña e os seus traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

As normas do presente convenio regulan as relacións de traballo do persoal de SGL Carbón, S.A. da Coruña que con carácter fixo ou eventual presta os seus servicios no dito centro.

A aquelas persoas coas que a empresa teña pactadas ou pacte condicións especiais non lles afectará este convenio, sempre que ocupen cargos a partir de T.G.M., inclusive, reservándoselles a tales persoas en todo momento o dereito de se acolleren, para tódolos efectos, ó ámbito persoal deste convenio.

Para as situacións ou circunstancias non previstas neste convenio serán de aplicación as normas e leis vixentes.

Capítulo II

Vixencia e garantías

Artigo 3º.-Vixencia.

Este convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1995 e a súa vixencia é de dous anos. Será prorrogado tacitamente por períodos anuais todo o seu contido se calquera das partes non o denuncia con anticipación dun mes, como mínimo, antes da data de expiración do convenio ou de calquera das súas prórrogas, salvo os aspectos salariais, que serán obxecto de negociación anualmente. Manterase ata que sexa substituído por outro convenio.

Artigo 4º.-Vinculación á totalidade.

O presente convenio apróbase en consideración á integridade das prestacións e contraprestacións así como a tódalas condicións establecidas no conxunto do seu articulado.

Por conseguinte, calquera alteración que se produza por anulación ou modificación de unha ou varias das partes do convenio ou como consecuencia da actuación de organismos oficiais e/ou xurisdiccionais nos trámites de aprobación, daría lugar á revisión total do convenio, co fin de consideralo integramente e mante-lo equilibrio do seu contido obrigacional.

Artigo 5º.-Garantía ad personam.

Respectaranse as situacións persoais que en concepto de percepcións de calquera clase no seu conxunto sexan máis beneficiosas cás fixadas no presente convenio, manténdose estrictamente ad personam.

Artigo 6º.-Rendemento.

Para consegui-las melloras que neste convenio se estipulan, cómpre, e así o programamos e convimos, mellora-la productividade da empresa, sobre a base da cal se determinan as melloras salariais e doutro tipo.

Capítulo III

Organización do traballo

Artigo 7º.-Definición e principios xerais.

A organización do traballo ten como dobre obxectivo alcanzar uns niveis óptimos de productividade e de condicións de traballo e emprego na empresa, baseado nunha adecuada xestión e utilización dos recursos humanos e materiais, obxectivos que se entenden inseparables.

A facultade e responsabilidade da organización do traballo e avaliación da producción correspóndenlle á dirección.

Tratarase de chegar a un consenso, e cando sexa necesario o acordo dos representantes dos traballadores seguiranse as normas establecidas para estes efectos na comisión mixta paritaria.

Artigo 8º.-Mobilidade funcional.

Por mobilidade funcional enténdense aqueles cambios dentro do mesmo grupo profesional, sempre que supoñan cambio de quenda ou cadro horario.

Non se poderá facer ningún tipo de mobilidade que supoña o cambio de operario de oficio a operario especialista, salvo que sexa por mutuo acordo entre as partes. Cando a mobilidade sexa temporal percibirase a prima de desprazamento e mobilidade.

Artigo 9º.-Grupos profesionais.

O persoal afectado polo presente convenio clasificarase conforme os seguintes grupos profesionais:

I. Técnicos.

Superiores.

Medios.

Non titulados.

II. Empregados de oficina.

Delineante.

Analistas de laboratorio.

Auxiliares de laboratorio.

Administrativos.

Auxiliares administrativos.

Telefonista.

Subalternos.

III. Operarios.

De oficio.

Especialistas.

Artigo 10º.-Mobilidade por diminución da capacidade física do productor.

Nos casos en que fose necesario efectuar mobilidade do persoal en razón da capacidade diminuída e cando tivese a súa orixe nalgunha enfermidade común, accidente de traballo ou desgaste físico natural como consecuencia dos anos de servicio, SGL procurará acoplar, na medida do posible, a este persoal, antes da súa xubilación ou retiro, destinándoo a traballos adecuados ás súas condicións.

Artigo 11º.-Desprazamento.

Enténdese por desprazamento cando se despraza temporalmente a un ou varios traballadores dentro da súa quenda habitual a outra sección que non sexa aquela na que presta os seus servicios normalmente.

Cando sexa posible tratarase de face-los desprazamentos de forma rotativa, entre os traballadores da sección.

Artigo 12º.-Voluntariedade.

Cando a mobilidade ou o desprazamento afecte a un posto no que existan varios traballadores nas mesmas condicións, considerarase a voluntariedade para efectua-lo dito cambio.

Artigo 13º.-Valoración do posto de traballo.

De estar establecida ou establecerse unha valoración de postos de traballo, a súa aplicación realizarase tendo en conta as seguintes condicións:

a) Non prexudicará nin economicamente nin a categoría actual das persoas.

b) Non se aumentará o número actual de categorías, pero si será negociable a reducción destas.

c) O comité de valoración é paritario e tódolos seus membros participan en plano de igualdade.

d) A aplicación da valoración será negociada co comité de empresa.

e) Non se aplicará o resultado da dita valoración de postos de traballo se non hai acordo entre as dúas partes (dirección e traballadores).

Artigo 14º

Os peóns e auxiliares administrativos, cando leven nas súas respectivas categorías un período de catro anos, pasarán á categoría inmediata superior, percibindo as retribucións correspondentes a esta, aínda que non supoña cambio de posto de traballo.

Artigo 15º.-Traballos de categoría superior.

Cando un traballador realice traballos de categoría superior cobrará os emolumentos do posto que ocupe durante o tempo que permaneza nel. Se estes traballos os realiza durante un período de 4 meses consecutivos ou 8 alternos no período de 2 anos, ascenderá á categoría do posto referido, excluíndo as substitucións por servicio militar, enfermidade, accidentes de traballo, permisos de ocupación de cargos públicos ou de representación sindical.

Artigo 16º.-Funcións do coordinador.

Coordinador pode ser calquera traballador desta empresa que voluntariamente acepte esta función.

Coordinador non é unha categoría, é unha función que se engade ás do posto do traballador que o exerce.

O coordinador é nomeado pola dirección por propia iniciativa ou por proposta dos traballadores da sección correspondente.

Capítulo IV

Xornada laboral

Artigo 17º.-Xornada de traballo.

A xornada en cómputo anual será de 1.776 horas.

Os técnicos e administrativos que desfruten de xornada reducida de verán farano desde o 1 de xuño ata o 30 de setembro, ambos inclusive.

A xornada máxima diaria será de 8 horas, salvo para os técnicos e administrativos que desfruten a xornada reducida de verán.

Os traballadores que o fan a quenda terán 30 minutos de descanso na súa xornada diaria e computarase como tempo efectivo de traballo.

O descanso entre xornada e xornada será como mínimo de 12 horas.

Os traballadores que o fan a quenda normal, ou xornada partida, traballarán sábados alternos, en xornada de mañá de 5 horas.

Artigo 18º.-Fixación de horarios e quendas.

A fixación dos horarios de traballo e do calendario laboral establecerase dentro do mes de decembro, acordando para tal efecto o comité de empresa e maila dirección, de acordo coa lexislación vixente. De non haber acordo procederase segundo o establecido na comisión mixta paritaria.

A empresa comprométese a programa-la producción tendendo a respectar ó máximo o descanso dominical dos traballadores.

Os cadros horarios dos traballadores que o fan a quenda faranse de forma que como máximo traballen 7 días seguidos.

Artigo 19º.-Duración das vacacións.

Todo o persoal afectado por este convenio desfrutará dun período de vacacións de vinteseis (26) días laborables, salvo os que traballen en tres quendas que terán vinteoito (28) días laborables, que poderán desfrutarse durante o ano e preferentemente no verán, sempre que as necesidades do servicio o permitan.

As vacacións deberán ser tomadas sempre por días completos. O período de vacacións poderase fraccionar cando o responsable da sección e mailos afectados ou interesados así o acorden, ben en atención a necesidades urxentes do servicio, ben a requirimento destes.

O cadro de distribución de vacacións exporase dentro do primeiro trimestre do ano.

En caso de parada non programada, o persoal afecto ó mesmo deberá tomar vacacións anuais conxuntamente, quedando sen efecto o establecido no cadro de distribución de vacacións correspondente a ese taller.

As vacacións anuais non poderán ser compensadas economicamente.

Artigo 20º.-Rotación do período de vacacións.

O cadro anual de vacacións elaborarase utilizando un sistema rotatorio para a preferencia de elección destas.

Capítulo V

Condicións económicas

Artigo 21º.-Estructura salarial.

A estructura de retribucións deste convenio represéntase e defínese esquematicamente da forma seguinte:

Conceptos de carácter xeral:

-Salario ou soldo segundo categorías.

-Retribución de vacacións.

-Pagas extraordinarias.

Complemento de salario:

-Antigüidade.

-Prima de asiduidade.

-Prima de traballo nocturno.

-Prima de traballos penosos.

-Prima de quenda.

-Prima de domingos e festivos.

-Horas extraordinarias.

-Plus de distancia.

-Prima de carencia de incentivo.

-Prima por mobilidade e desprazamento.

-Prima de coordinador.

Artigo 22º.-Pagas extraordinarias.

As gratificacións de xuño e decembro serán, para todo o persoal, dunha contía equivalente a unha mensualidade de xornal base + antigüidade. Os operarios terán ademais un complemento por paga segundo o anexo nº 1.

A de xuño aboarase conxuntamente coa retribución do mes e a de decembro, o día 16 deste mes, rateándose cada unha delas por semestres do ano en que se outorgan.

Paga de convenio.

Anualmente aboarase unha paga de convenio que se fará efectiva na primeira nómina seguinte á sinatura do convenio. A contía estipúlase no anexo nº 2.

Terá dereito á percepción desta paga toda persoa que pertenza ó cadro de persoal da sociedade no momento da sinatura do convenio.

Artigo 23º.-Antigüidade.

Como premio á vinculación coa empresa, tódolos traballadores terán dereito a percibir un incremento de antigüidade por cada 5 anos de servicio na empresa, computados da forma que se indica a seguir:

Data inicial do cómputo.

Para a concesión do premio de antigüidade, computarase para tódolos productores, obreiros e empregados, como data inicial, a do seu ingreso na empresa.

Tempo computado.

Para os efectos deste premio de antigüidade, terase en conta todo o tempo de servicio na empresa, calquera que fose o grupo profesional ou categoría laboral en que se estivese encadrado, estimándose como tempo de servicio tódolos meses e días nos que o traballador percibiu un salario ou unha remuneración, ben sexa por servicio prestado no centro de traballo da empresa, ben sexa por vacacións, licencias, accidentes de traballo ou enfermidade.

Contía e número.

A contía que se cobrará por cada quinquenio a partir do 1 de xaneiro de 1995 será para tódalas categorías a establecida no anexo nº 3.

Data de devengo.

Os aumentos periódicos por antigüidade (quinquenio) comezarán a devengarse a partir do día en que se cumpran.

Artigo 24º.-Prima de asiduidade.

1. Aplícase ó persoal obreiro.

2. A prima baséase na presencia efectiva no traballo durante a totalidade do horario previsto.

Non se paga en casos de:

-Días de descanso.

-Horarios incompletos.

-Permisos non pagados.

-Ausencias non autorizadas.

-Ausencias por sanción.

3. O importe desta prima será de acordo co anexo nº 4.

4. A prima de asiduidade págase a fin de mes.

5. A prima será suprimida polo mes completo en cada un dos casos seguintes:

5.1. 2 días ou 4 medias xornadas de ausencia no mes: por razón de ausencia non xustificada.

5.2. 4 chegadas con atraso no mes, tanto se se chega con atraso como se se sae prematuramente. Serán consideradas como atraso as paradas de traballo inxustificadas durante o horario normal.

Artigo 25º.-Prima de traballo nocturno.

Considérase traballo nocturno o realizado entre as 22 horas e as 6 horas. A contía desta prima será segundo o anexo nº 5.

Artigo 26º.-Traballo penoso.

A prima de traballo penoso será aplicada ó persoal asalariado de tódalas seccións de fábrica de acordo co anexo nº 6.

Artigo 27º.-Prima de quenda.

De acordo coa contía establecida e as condicións que figuran na táboa do anexo nº 7.

Artigo 28º.-Prima de domingos e festivos.

Esta prima queda establecida para todo traballador de SGL ata o nivel de encargado de quenda, inclusive. A contía, establecida no anexo nº 8, será por día de permanencia, durante o período comprendido entre as seis horas de cada domingo e festivo e as seis horas do día seguinte; extensiva ás quendas de sábado tarde, por un importe do 50%, e sábado noite por un importe do 100% da do domingo e festivo.

Artigo 29º.-Prima por mobilidade e desprazamento.

Esta prima percibirase durante os días en que estea no novo posto, nos casos seguintes:

a) Por desprazamento.

b) Por mobilidade funcional.

Enténdese por mobilidade funcional temporal aquela mobilidade que supoña unha permanencia no novo posto inferior a un ano natural.

A súa contía figura no anexo nº 9.

Artigo 30º.-Prima de coordinador.

O importe desta prima será o 20% do salario base de especialista G 13.

Artigo 31º.-Horas extras.

Non se poderán realizar máis de 80 horas/persoa/ano.

Cando por razóns de avaría ou reparación sexa necesario realizalas e se esgotase o máximo autorizado, as horas compensaranse en descanso, aplicando a proporción en tempo que hai entre a remuneración económica da hora extra e a media de fabricación das horas ordinarias (anexo nº 10).

Artigo 32º.-Prima de carencia de incentivo.

O persoal que non teña dereito a percibir ningunha prima ou incentivo e os encargados que fagan quendas, percibirán a final de cada ano unha prima por carencia de incentivo que oscilará entre o seis (6) e o oito (8) por cento da súa remuneración base anual máis antigüidade.

Artigo 33º.-Retribución de vacacións.

A retribución de vacacións farase segundo o salario real, que inclúe os seguintes conceptos:

1. Salario base.

2. Antigüidade.

3. Asiduidade.

4. Prima de quenda.

5. Traballo penoso.

6. Traballo nocturno.

7. Domingos e festivos.

Destas primas aboaranse as que se cobrarían en caso de actividade nese mesmo período.

Todo traballador que o solicite poderá cobrar unha cantidade equivalente ó seu salario ou soldo o día anterior ó comezo ou desfrute daquelas.

Artigo 34º.-Vacacións fóra do período estival.

O desfrute de vacacións fóra do período comprendido entre o 16 de xuño e o 15 de setembro, ambos inclusive, gratificarase coa cantidade establecida no anexo nº 11, para todo aquel que, polo menos, desfrute de 24 días, non necesariamente consecutivos, fóra do dito período.

No suposto de estar durante o ano máis de seis meses en situación de ILT non procederá a gratificación establecida no parágrafo anterior.

Artigo 35º.-Servicio militar.

Computarase para efectos de antigüidade o tempo que dure o servicio militar dos traballadores. Unha vez cumprido, teñen dereito a ocuparen o mesmo posto que desempeñaban ó se incorporaren ó servicio, sempre e cando se reincorporen ó traballo, como máximo, dous meses despois de finalizado. Os traballadores que, prestando o servicio militar, desfruten de licencias ou permisos non inferiores a 15 días poderán reintegrarse ó traballo durante o citado período, sendo obrigatoria a súa admisión na empresa, sempre que medie a oportuna autorización militar para poder traballar.

Durante o servicio militar percibiranse as pagas de xuño e decembro. Se ten familiares que dependen del, cobrará unha cantidade similar ó 25% do salario real.

Artigo 36º.-Reserva do posto de traballo.

Os traballadores que cesasen na empresa por pasaren á situación de invalidez provisional e no suposto de que sexan declarados aptos expresamente para o seu posto habitual de traballo, terán dereito a ser readmitidos nel, observándose nos demais supostos o regulado no artigo 10, apartado d) para diminución da capacidade física.

Será preciso que o traballador o solicite da empresa dentro da semana seguinte á declaración de aptitude, quedando a empresa obrigada a proporcionarlle ocupación efectiva no prazo máximo dos 15 días seguintes na data en que o traballador formulase a súa petición de ingreso. Se non o fixese así, quedará liberado da obriga de reserva do posto de traballo.

Artigo 37º.-Ocupación de novo posto ou vacante.

As vacantes e postos de nova creación seranlles anunciados ó persoal con indicación das cualidades requiridas e o sistema de selección. Entregaráselle a cada aspirante un temario sobre a materia, cunha antelación mínima de 15 días, salvo que o posto deba

cubrirse inmediatamente, para que quen se considere apto as poida solicitar e participar nun concurso de coñecementos, aptitudes e capacidades persoais. O productor que sexa designado para o novo posto demostrará a súa adaptación a el en calidade de proba, podendo renunciar voluntariamente, e en caso de non supera-la proba poderá recupera-lo seu antigo posto de traballo. Realizarase o cambio de categoría de servicio en caso positivo unha vez transcorrido un mes, logo de acordo co interesado.

En caso de que deba ser tomado persoal do exterior, e entre os solicitantes figure un ou máis orfos, fillos, viúvas ou irmáns de traballadores de SGL, estes terán, e por esta orde, preferencia para acceder ó posto de traballo en igualdade de condicións con outros solicitantes.

Do establecido neste artigo quedan exceptuados os postos que impliquen mando. Cumprirase en todo momento a normativa de emprego.

Na comisión de selección haberá un membro do comité.

Artigo 38º.-Contrato de aprendizaxe.

Farase de acordo coa lexislación vixente.

Antes de facer un contrato de aprendizaxe, acordarase co comité un plan de formación. O soldo ou salario será o mínimo interprofesional, segundo a súa idade.

Artigo 39º.-Contrato en prácticas.

Farase de acordo coa lexislación vixente.

O soldo ou salario será o 80% do de convenio no primeiro ano, e o 90% no segundo ano.

Informaráselle ó comité antes da súa contratación.

Artigo 40º.-Contratos de posta a disposición.

Anualmente fixaranse os postos ou funcións para os que se pode recorrer a este tipo de contratos.

Artigo 41º.-Extinción de contratos.

Se SGL Carbón, S.A. propuxese expediente de extinción de contratos, a dirección desta faralles entrega ós representantes dos traballadores da documentación necesaria para a adecuada valoración da situación alegada; ademais dos datos económicos presentarase un plan industrial de viabilidade.

O dito expediente será negociado cos representantes dos traballadores e os seus asesores durante un tempo de trinta días naturais, podendo recorrer dentro deste prazo á mediación, antes de acudir á xurisdicción competente.

Artigo 42º.-Período de proba.

O ingreso entenderase provisional mentres non se cumpra o período de proba que, para cada grupo profesional, se detalla a seguir:

a) Empregados titulados: 4 meses.

b) Empregados técnicos non titulados: 2 meses.

c) Empregados administrativos, empregados subalternos, operarios de oficio e operarios especialistas: 15 días.

Só se entenderá que o traballador está sometido a período de proba se así consta expresamente por escrito.

Capítulo VII

Promoción profesional

Artigo 43º.-Principios xerais.

Os traballadores vinculados polo presente convenio terán dereito á promoción profesional e económica dentro da empresa, e a que esta se regule garantindo os principios constitucionais de igualdade de trato e non discriminación, polo que non se poderán aplicar criterios e/ou condicións que exclúan ningún colectivo, salvo os determinados pola función profesional.

En todo caso terase en conta a formación, os méritos, a antigüidade e mailas facultades organizativas do empresario.

Artigo 44º.-Sistema e procedemento.

A dirección da empresa e mailos representantes dos traballadores establecerán, de mutuo acordo, o procedemento necesario para garantir este dereito, polo que se establecerán como mínimo as seguintes condicións:

44.1. Nivel de coñecementos para cada posto e categoría, adaptados ás necesidades reais deste.

44.2. Probas de aptitude adaptadas ós niveis profesionais do posto a que se concurse.

44.3. Valoraranse os cursos de formación ós que se asistise con resultado satisfactorio.

Capítulo VIII

Formación

Artigo 45º.-Principios xerais.

Co obxecto de consegui-lo desenvolvemento persoal e profesional dos traballadores, unha maior eficacia económica que mellore a competitividade da empresa e a adaptación ós cambios motivados tanto por proceso de innovación tecnolóxica como novas formas de organización do traballo, promoverase a formación continua dos traballadores.

Artigo 46º.-Planificación e financiamento.

Cada ano a dirección e mailos representantes dos traballadores elaboran un plan de formación, o cal terá en conta as necesidades presentes e futuras da empresa, e terán en conta as propostas dos traballadores encamiñadas a satisface-las necesidades presentes e futuras da empresa.

A dirección e mailos representantes dos traballadores aproveitarán as posibles subvencións que para este fin poidan da-los distintos organismos e a dirección orzará unha partida anualmente que complementará as achegas recibidas.

Artigo 47º.-Promoción de estudios profesionais.

Calquera traballador fixo de SGL Carbón, S.A. que desexe realizar estudios profesionais ou técnicos rela

cionados coas necesidades presentes ou futuras da empresa, terá dereito a que a sociedade lle aboe o 75% do custo total deses estudios.

A insuficiencia académica durante dous anos consecutivos é causa abonda para suprimir esta axuda.

Capítulo XI

Permisos

Artigo 48º.-Licencias retribuídas.

A aqueles traballadores que o soliciten e xustifiquen previamente as súas necesidades, seranlles concedidas licencias sen perda de retribución polos motivos seguintes:

-Por matrimonio, quince días naturais, no caso de que un dos contraentes sexa o propio traballador, e un día natural, no caso de que algún dos contraentes sexa familiar en liña directa.

-Por parto da esposa, 3 días laborables, que se poderán ampliar 3 días naturais máis no caso de complicacións por parto, debidamente xustificadas.

-Por enfermidade grave ou morte de pais, irmáns, avós, fillos e cónxuxe, 3 días naturais que poderían ampliarse 1 días máis, cando o traballador necesite efectuar un desprazamento con tal motivo.

-Por intervención cirúrxica: 1 día de permiso por calquera intervención. Se dentro das 24 horas sobrevén unha gravidade completarase o permiso con dous días máis. Se despois de efectuada a intervención sobrevén unha gravidade, desfrutaranse os tres días a pesar de ter desfrutado o primeiro por unha intervención que non parecía revestir tal gravidade. 3 días de permiso se a intervención se efectúa con anestesia xeral.

Estes permisos faranse extensibles para os familiares políticos anteriormente citados.

-Por falecemento de tíos carnais: 1 día natural.

-1 día por falecemento de netos.

-Por traslado do seu domicilio habitual: 2 días.

-Polo tempo necesario para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

-Polo tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialistas, cando coincidindo o horario de consulta co de traballo se prescriba a dita consulta polo facultativo de medicina xeral da Seguridade Social, debendo presentar previamente o traballador ó empresario o parte xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos, ata o límite de dezaseis horas ó ano.

-En canto ó período de baixa por maternidade, observarase o que determine a lei.

Estes permisos, en todo caso, non terán relación ningunha co desfrute das vacacións anuais.

Artigo 49º.-Licencias especiais.

Os traballadores poderán solicitar, sen dereito a ningunha retribución, dúas licencias especiais ó ano, que non deberán exceder normalmente de dez días entre

ámbalas dúas, sen que supoña unha exclusión do cómputo de antigüidade, sendo facultade da empresa a súa concesión.

Artigo 50º.-Excedencias.

Poderán solicitar excedencia aqueles traballadores con antigüidade na empresa de polo menos un ano. A petición formularase por escrito e deberá ser resolta ós 15 días da súa formulación. O comité de empresa tramitará ante a dirección tódalas peticións de excedencia. A concesión destas farase de acordo co artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

A comisión mixta estudiará cada caso das solicitudes de excedencia que o sexan con motivo de atención a familiares a cargo ata o primeiro grao de consanguinidade ou afinidade.

Artigo 51º.-Enfermidade ou accidente.

Tódolos traballadores suxeitos ó presente convenio que se atopen en situación de baixa por enfermidade ou accidente percibirán con cargo á empresa a compensación económica necesaria, co fin de percibiren o cento por cento (100%) do seu salario real, definido este no Art. 21º, excepto prima de domingos e festivos, sempre que o médico de empresa corrobore a baixa, para o cal poderá efectua-las visitas domiciliarias que coide oportunas. A dita compensación será feita efectiva dentro dos catro primeiros días hábiles de cada mes.

Para efectos de facilita-la corroboración por parte do médico da empresa, e co fin de que poida dispoñer de datos obxectivos para iso, o traballador que se atope de baixa deberá presentarse no servicio médico os mércores ou xoves, sempre que a súa enfermidade ou accidente llo permita.

O servicio médico de empresa fixará a frecuencia das sucesivas visitas, de acordo co diagnóstico.

Artigo 52º.-Axuda de estudios.

Aplicarase unha axuda de estudios para tódolos fillos dos productores fixos sen facer excepción daqueles que o fagan en academias ou centros non oficiais recoñecidos polo ministerio do ramo.

SGL Carbón, S.A. procurará no posible estende-la axuda de estudios para orfos de productores en caso de necesidade manifesta.

Os importes establécense no anexo nº 12.

Perderase este dereito cando o estudiante supere a idade de 25 anos ou cando, superando a de 14 anos, demostrase insuficiencia académica durante dous anos consecutivos.

As axudas concedidas satisfaranse en dous prazos, nos meses de setembro e marzo, e percibiranse sen ter en conta as cualificacións escolares.

Sobre as cantidades que correspondan segundo o anexo nº 12, como topes máximos, aplicarase un coeficiente corrector, segundo o número de fillos que

perciban axudas de estudios, de acordo coa seguinte táboa:

Nº de fillosCoficiente

11

21,15

31,30

41,45

51,60

61,75

71,90

8 ou máis2

As axudas concedidas satisfaranse en dous prazos, nos meses de setembro e marzo, e percibiranse, polos que cumpren os requisitos, tendo en conta os resultados académicos do ano anterior, excepto no primeiro ano de cada ciclo.

Perderase este dereito:

-Por pasa-lo fillo da idade de 30 anos.

-Por non poder demostra-la dependencia económica.

-Por ser titulado superior.

Non obstante, percibirase a axuda de estudios cando, despois de terminar unha carreira universitaria de ciclo curto, se curse outra carreira universitaria ou técnica superior.

-Por insuficiencia académica durante dous cursos consecutivos en COU, FP e BUP.

-Por insuficiencia académica en estudios universitarios ou técnicos superiores e en estudios universitarios de ciclo curto, de acordo cos seguintes criterios:

-Non aprobar polo menos 1 materia o primeiro ano.

-Non aprobar polo menos 3 materias no segundo ano.

-Non aprobar polo menos o número medio de materias que resulte de dividi-lo número total de materias da carreira entre o número de anos de duración media que figuran na táboa seguinte, a partir do terceiro ano.

Cando o número de disciplinas aprobadas nun ano sexa inferior ó mínimo sinalado nos parágrafos anteriores, teranse en conta as materias aprobadas e mailo número de anos transcorridos desde o comezo da carreira.

-Supera-lo número de anos de duración media que, para cada carreira, figuran na táboa sinalada.

-Por cambiar máis dunha vez de carreira, non computándose como cambio o abandono doutros estudios realizados en espera de obter praza na facultade elixida, se foi comunicado inicialmente á empresa.

Cando se cambie de carreira despois do segundo ano computarase este tempo como se estivese matriculado na nova carreira que inicia.

Recuperarase este dereito cando se cumpran de novo as condicións establecidas.

As normas sobre insuficiencia académica non serán de aplicación ós fillos con minusvalidez psíquica que se matriculen en centros escolares ou ocupacionais.

Os casos extraordinarios que puidesen presentarse serán sometidos á decisión da comisión mixta.

Táboa de duración de carreiras

CursosDuración media

España

Duración media

SGL Carbón, S.A.

Xeografía-Historia55.337
Filosofía55.337
Belas Artes44.766
Maestro EXB33.434
Dereito55.577
Económicas55.367
Políticas55.798
C. Información55.197
Empresariais34.085
Traballo social33.505
Química55.507
Física55.778
Matemáticas56.238
Bioloxía55.127
Xeoloxía55.207
Veterinaria55.888
Farmacia56.008
Medicina66.478
Enfermería33.204
ES Industrial66.699
ES Telecomunicacións66.298
ES Agrónomo55.507
ES Camiños67.209
ES Arquitectura66.879
Informática
EU Óptica
EU Industrial34.286
EU Telecomunicacións34.085
EU Agrícola34.115
EU Arquitectura34.756
EU Informática34.676
EU Obras Públicas34.005
EU Topografía33.334
EU Minas34.566
EU Forestal33.505

Artigo 53º.-Premio extraordinario por anos de servicio.

A partir da entrada en vigor do presente convenio, 1 de xaneiro de 1995, e durante o período de vixencia del, premiarase a permanencia na empresa da seguinte forma:

-Ó persoal que cumpra 20 anos de servicio, medalla de bronce e dúas mensualidades para os empregados ou 60 días para os obreiros.

-Ó persoal que cumpra 30 anos de servicio, medalla de prata e tres mensualidades para os empregados ou 90 días para os obreiros.

-Ó persoal que cumpra 40 anos de servicio, medalla de ouro e 4 mensualidades para os empregados ou 120 días para os obreiros.

Considérase base para o cálculo destes premios extraordinarios o conxunto de conceptos retribuídos que integran o Art. 21º.

Exemplo: 20 anos, 2/12 da remuneración teórica anual.

Devengarase no mes natural no que se cumpran os anos de servicio especificados.

Artigo 54º.-Comedor.

A empresa manterá un comedor para uso dos seus productores, sendo ó seu cargo a nómina do persoal necesario, a instalación e mantemento, participando o traballador no 50% do custo dos artigos alimenticios empregados na elaboración da comida.

Por proposta do comité de empresa e coa aceptación do persoal, nomearase un delegado de comedor, que terá por misión vixia-la calidade, cantidade e custo das comidas. Tamén se ocupará do establecemento dos menús, para o que deberá contar coa colaboración voluntaria do persoal.

Prolongarase o tempo de servicio do comedor ata as 14 horas e 15 minutos para todo o persoal que excepcionalmente se vexa obrigado a comer na fábrica.

Artigo 55º.-Fundación laboral.

Todo o persoal de cadro de SGL Carbón, S.A., xubilados e viúvas de productores, así como aqueles que estean en período de longa enfermidade, estarán acollidos á Fundación Laboral Esdeco, incluídas as familias ó seu cargo, sempre de acordo coa lexislación vixente.

A proposta do comité de empresa e coa aceptación do persoal, nomearase delegado da fundación laboral, que terá por misión vixia-lo seu funcionamento, así como presentar informe á asemblea periodicamente.

Artigo 56º.-Roupa de traballo.

SGL Carbón, S.A. facilitará anualmente dúas fundas de boa calidade, dúas toallas e ó persoal subalterno un traxe cada ano, así como un complemento en metálico en concepto de axuda para a adquisición doutras pezas de traballo e lavandería, que se establece no anexo nº 13 e que se farán efectivas na nómina do mes de maio.

Unha cazadora cada catro anos.

Artigo 57º.-Préstamos para adquisición de vivenda fogar.

Todo traballador de SGL poderá solicita-la concesión dun crédito de ata 2.000.000 de ptas., por unha soa vez ata a súa amortización, ó 4% de xuros e para amortizar en cinco anos. O importe destes préstamos non superará a cifra establecida no anexo nº 14 e deberá solicitarse antes do 30 de xuño.

No caso de enfermidade grave xustificada debidamente de pais, fillos ou cónxuxe, terá dereito ó mesmo crédito sen xuros e co mesmo prazo de amortización.

Artigo 58º.-Seguro colectivo de vida.

SGL ten establecido un seguro colectivo de vida coa compañía de seguros La Unión y el Fénix Español

para todo o persoal de cadro fixo. Terase dereito a este seguro a partir do momento de ingreso en SGL. As condicións serán as seguintes:

1. Pago dun capital de 1.450.000 pesetas (un millón catrocentas cincuenta mil) no caso de que o asegurado faleza durante a vixencia da póliza.

2. Pago anticipado de capital garantido para casos de falecemento, se o asegurado resulta afectado de invalidez absoluta e permanente.

3. Pago doutro capital igual ó garantido para casos de falecemento, se o asegurado morre por causa de accidente, 2.900.000 pesetas (dous millóns novecentas mil).

Ademais do establecido no parágrafo anterior, SGL ten contratado outro seguro coa compañía UAP, garantindo os capitais seguintes en caso de falecemento ou de incapacidade profesional total e permanente do asegurado.

SalariosCapital base

De 1.000.000 a 2.000.0005.840.000

De 2.000.001 a 3.000.0008.136.000

De 3.000.001 a 4.000.00011.351.000

O capital asegurado será dobre no caso de invalidez profesional por accidentes ou morte por accidente e triple no caso de falecemento por accidente de circulación.

Os capitais base incrementaranse en 676.000 pesetas por cada fillo menor de 18 anos, cun máximo de 6 fillos para os empregados que teñan un salario igual ou inferior a 3.900.000 pesetas, limitándose a 4 fillos cando supere os 3.900.000 ptas.

Artigo 59º.-Prestacións complementarias.

SGL Carbón, S.A. A Coruña aboaralles ós seus traballadores unha paga anual como complemento para a súa xubilación.

A contía será igual ó 16% da diferencia entre o seu soldo ou salario anual e a base de seguridade social.

Esta diferencia non superará o límite de 2 veces o tope da seguridade social do seu grupo de tarifa.

Computaranse para estes efectos os conceptos ordinarios da estructura salarial (artigo 19º).

Cando a diferencia resultante sexa negativa ou máis pequena cá do ano anterior, a aportación será a do ano anterior incrementada no IPC correspondente ó dito ano.

Cando se contrate un traballador a aportación (no suposto de diferencia negativa) será igual como mínimo á que perciba outro traballador de igual categoría ou similar.

Capítulo XI

Dereitos sindicais

Artigo 60º.-Principios xerais.

O comité de empresa terá as competencias e dereitos que regula o artigo 64 do Estatuto dos traballadores,

como Lei orgánica de liberdade sindical, así como as especificamente definidas no presente convenio. Igualmente recoñécese a capacidade de interlocución e representación das seccións sindicais constituídas de acordo co presente convenio.

Artigo 61º.-Asembleas.

A empresa autorizará a celebración de dúas asembleas retribuídas en horas de traballo, de dúas horas de duración cada unha, para informar sobre o anteproxecto e outra para someter á súa ratificación o convenio aprobado pola comisión negociadora.

Se houber que celebrar outras asembleas de carácter distinto ás anteriores, deberá comunicarse cunha antelación de 48 horas a orde do día.

A súa autorización por parte da empresa é discrecional.

Artigo 62º.-Seccións sindicais.

Recoñécense as seccións sindicais de empresa actuais, con independencia do número de traballadores do cadro, nas seguintes condicións:

a) Un representante por sindicato.

b) Estes representantes e os membros do comité pertencentes ás ditas seccións sindicais contarán cun número de 25 horas por membro ó mes, coas que formarán unha conta mensual de horas globais para cada sección, que poderán ser utilizadas indistintamente por calquera dos seus membros.

O tempo empregado en reunións coa dirección non se computará.

c) Os membros e representantes destas seccións comprométense a non causaren coa súa ausencia por este motivo a paralización do taller correspondente.

Artigo 63º.-Cotas sindicais.

A petición escrita do traballador, SGL Carbón, S.A. reterá das respectivas nóminas as cotas sindicais, entregando a recadación ó representante da central correspondente, ou ingresándoo no banco que este indique.

Capítulo XII

Código de conducta

Artigo 64º.-Exposición de motivos.

Este capítulo relaciona as normas de conducta nas relacións laborais e os medios para facelas respectar no ámbito da empresa, sen prexuízo das competencias propias da xurisdicción penal.

Abrangue dous ámbitos:

a) Das relacións dos traballadores entre si.

b) Das relacións da dirección e os seus representantes cos traballadores.

En todos eles a dirección pode exercer funcións de proposta e execución de acordo coas normas do presente convenio.

Con respecto ó apartado b) os representantes dos traballadores teñen capacidade de proposta.

Os traballadores poderán ser sancionados polos órganos da dirección en virtude de incumprimentos laborais de acordo coa graduación de faltas e sancións que se establecen neste capítulo e con estricta aplicación do procedemento establecido (Art. 62º deste convenio). En tódolos casos os traballadores poderán acudir á xurisdicción laboral de acordo coa lexislación vixente.

Artigo 65º.-Graduación de faltas.

As conductas sancionables como consecuencia e con ocasión do seu traballo poderán ser, en atención á súa importancia, reincidencia, reiteración ou intencionalidade:

1. Faltas leves.

a) A falta de respecto con compañeiros, subordinados ou superiores.

b) A neglixencia, atraso ou descoido inescusable no cumprimento do seu traballo que non teña consecuencias sobre a seguridade e/ou o traballo doutros traballadores.

c) O incumprimento ou abandono das normas e medidas de seguridade e hixiene establecidas.

d) A non comunicación coa debida antelación da falta ó traballo por causa xustificada (pódese proba-la imposibilidade de facelo). En todo caso nas 24 horas seguintes.

e) De dúas a catro faltas de puntualidade inxustificadas no mes.

f) A ausencia inxustificada do posto de traballo sen autorización.

g) O descoido na conservación de locais, instalacións, material e documentos ó seu servicio.

h) Non comunica-los cambios de domicilio para efectos de notificacións.

2. Faltas graves.

a) O incumprimento de ordes ou instruccións dos seus superiores.

b) O atraso insescusable no cumprimento das instrucciós ou a súa obstaculización.

c) O incumprimento ou atraso inescusable das obrigas concretas do posto de traballo e as neglixencias das que se deriven ou poidan derivarse prexuízos graves: propios, para outras persoas, instalacións, materiais ou documentos.

d) Abandono sen causa xustificada das funcións do posto de traballo.

e) Diminución da productividade normal sen causa xustificada.

f) O incumprimento ou abandono das normas e medidas de seguridade e hixiene establecidas cando deles se poidan derivar riscos para a saúde e a integridade física do traballador ou doutros traballadores.

g) A non comunicación inmediata das circunstancias relevantes que poidan influír no desenvolvemento do traballo asignado.

h) Os malos tratos de obra ou palabra cos compañeiros, subordinados ou superiores.

i) A falta de asistencia ó traballo, sen causa xustificada, durante un día no período de un mes.

j) Dúas ou máis faltas leves no período de un mes, se delas se produciu notificación, amoestación ou sanción, aínda que sexan de distinta natureza.

k) Non comunicar nas 24 horas seguintes as causas da ausencia xustificada ou partes de baixa, salvo causas de forza maior.

l) Empregar para uso propio material ou instalacións da entidade.

3. Faltas moi graves.

a) A fraude, a deslealdade e o abuso de confianza.

b) A manifesta e reiterada indisciplina ou desobediencia no traballo que fora amoestada ou sancionada.

c) A negativa a prestar traballo extraordinario, imprevisto e inaprazable cando así llo ordene o seu xefe por escrito.

d) O falseamento de datos ou información relativos ó seu traballo ou simular presencia doutro traballador.

e) A falta de asistencia ó traballo, sen causa xustificada, durante tres ou máis días no período de un mes.

f) As faltas reiteradas de puntualidade: máis de 7 no mes ou 12 en 3 meses, non xustificadas, que fosen amoestadas ou sancionadas.

g) A diminución continuada e voluntaria no rendemento do traballo normal, sempre que fose sancionado.

h) O incumprimento das obrigas concretas do posto de traballo e as neglixencias que produzan danos moi graves a outras persoas ou importante estrago na producción, instalacións, material ou documentos.

i) As agresións físicas ós compañeiros, subordinados ou superiores.

j) Realizar traballos por conta propia ou allea estando en situación de incapacidade laboral.

k) Realizar actividades particulares durante a xornada de traballo.

l) Abuso de autoridade por parte dos superiores.

ll) A embriaguez e toxicomanía se repercuten no traballo.

m) A reincidencia en faltas graves ou moi graves, mesmo cando sexan de distinta natureza, excluídas as de puntualidade.

Artigo 66º.-Proceso sancionador.

-As faltas comunicaránselles por escrito ós traballadores e mais ós seus representantes (comité e seccións sindicais).

-As faltas graves comunicaránselle previamente ó comité.

-Nas faltas moi graves precisarase expediente contradictorio, notificándolle-lo prego de cargos asemade á persoa afectada e mais á representación dos traballadores.

O prego de descargos e o informe da representación dos traballadores emitirase no prazo de 5 días laborables.

Só ó finaliza-lo expediente contradictorio se poderá formular proposta de sanción ou nulidade de expediente.

Deberán practicarse, no prazo de 10 días naturais, as probas propostas polo traballador cando foren razoables. O traballador poderá examina-la totalidade do expediente en calquera momento anterior á súa finalización e face-las alegacións que coide oportunas.

-O expediente deberá concluír no prazo máximo de 20 días naturais.

-As posibles faltas prescribirán cando, tendo coñecemento os que teñen capacidade de iniciativa, non a exerzan nos prazos seguintes:

Leves: 6 días.

Graves: 20 días.

Moi graves: 60 días.

Artigo 67º.-Sancións.

As sancións aplicables ás faltas leves serán:

-Amoestación escrita.

-Suspensión de 1 día de emprego e soldo.

As sancións aplicables ás faltas graves serán:

-Suspensión de 2 a 15 días de emprego e soldo.

As sancións aplicables ás faltas moi graves serán:

-Suspensión de 15 a 30 días de emprego e soldo.

-Traslado de posto de traballo

-Despedimento.

Artigo 68º.-Caducidade de faltas.

As faltas caducarán e non poderán ser de referencia para ningún efecto transcorridos os seguintes prazos:

Leves: 1 ano.

Graves: 18 meses.

Moi graves: 2 anos.

Capítulo XIII

Comité de seguridade e saúde

Artigo 69º.-Principios xerais.

SGL Carbón, S.A. considera como obxectivo prioritario a saúde e maila seguridade. Consecuentemente con este obxectivo desenvolve as accións e medidas contidas na lexislación vixente así como as directivas da UE.

Artigo 70º.-Composición e estructura.

A estructura da seguridade está formada por:

a) Un comité central.

b) Comités locais ou de sección.

70.1. O comité central estará formado por:

a) Director de fábrica, técnico de seguridade, médico de empresa, ATS, 4 membros do comité de empresa.

70.2. O comité local ou de sección estará formado por:

a) Xefe de sección e por tódolos traballadores dela.

Artigo 71º.-Cometido e funcionamento.

71.1. O comité central establecerá os obxectivos anuais, estudiará os accidentes e incidentes, auditará os comités locais, elaborará os informes mensuais e anuais e establecerá os plans de formación de seguridade.

Celebrará unha reunión ordinaria mensual.

71.2. Os comités locais estudiarán os accidentes e incidentes, elaborando un informe de conclusións, estudiarán e proporán cambios das normas de seguridade, auditarán e elixirán os auditores da súa sección, e establecerán os seus obxectivos en seguridade.

Celebrarán unha reunión ordinaria semanal.

71.3. Todo accidente con baixa será estudiado por unha comisión formada por:

O xefe de taller e o secretario do comité central

Dous membros do comité de empresa

O persoal que o xefe de taller designe e, se é posible, o propio accidentado.

Capítulo XIV

Artigo 72º.-Principios xerais.

A comisión mixta paritaria tratará de implantar un sistema de mediación nos conflictos e desacordos que se basee na consecución do consenso entre as partes e evitar na medida do posible a súa xudicialización.

Artigo 73º.-Funcións.

As súas funcións específicas serán as seguintes:

-Interpretación auténtica do convenio.

-Os problemas ou cuestións que lle sexan sometidos por ámbalas partes de común acordo, en asuntos derivados deste convenio.

-Conciliación facultativa nos problemas colectivos, con independencia das atribucións que por norma legal lles poidan corresponder ós órganos competentes.

-Vixilancia do cumprimento do pactado.

-Estudio da evolución das relacións entre as partes contratantes.

-Entender en cantas outras cuestións tendan á maior eficiencia práctica do convenio.

Artigo 74º.-Composición e funcionamento.

A comisión intégrana a dirección e mailos representantes dos traballadores (comité e seccións sin

dicais), e as partes determinarán en cada momento quen os representa.

Ás reunións poderán acudir acompañados dos seus asesores.

A dirección proporcionará a información necesaria e permitirá que os asesores designados realicen os estudios e comprobacións necesarios.

A comisión reunirase cantas veces sexa necesario para o cumprimento das súas funcións.

A convocatoria farase a petición dunha das partes, e terá que reunirse dentro do prazo mínimo de 24 horas e máximo de 4 días. Se as partes o acordan poderán fixar outros prazos.

Coa petición de convocatoria farase entrega da orde do día proposta.

Os acordos tomaranse por unanimidade. No caso de desacordo, ámbalas partes, dentro do prazo de negociación, recorrerán a un mediador antes de acudiren á xurisdicción competente.

ANEXO Nº 1

Complemento pagas extras operarios 28.500 ptas.

ANEXO Nº 2

Paga de convenio 84.176 ptas.

ANEXO Nº 3

Quinquenios 6.379 ptas./mes

ANEXO Nº 4

Prima de asiduidade 717 ptas./día

ANEXO Nº 5

Prima de traballo nocturno.

Espe. G7 149,90 ptas./horaOfi. 1-G3 164,50 ptas./hora
Espe. G8 153,10 ptas./horaOfi. 1-G4 167,20 ptas./hora
Espe. G9 155,10 ptas./horaOfi. 1-G5 169,30 ptas./hora
Espe. G10 157,60 ptas./horaOfi. 2-G3 155,10 ptas./hora
Espe. G11 159,90 ptas./horaOfi. 2-G4 157,60 ptas./hora
Espe. G12 161,90 ptas./horaOfi. 2-G5 159,90 ptas./hora
Espe. G13 164,50 ptas./horaOfi. 3-G3 145,30 ptas./hora
Espe. G14 167,20 ptas./horaOfi. 3-G4 147,60 ptas./hora
Ofi. 3-G5 149,90 ptas./hora

ANEXO Nº 6

Prima de traballo penoso.

Importe I32,20 ptas./hora
Importe II39,10 ptas./hora
Importe III45,80 ptas./hora
Importe IV56 ptas./hora
Importe V66,10 ptas./hora

Sección grao.

CrudosIII
Cocción MazoutIV
ImpregnaciónV
Fornos Stein
ConductorI
CargadorII
GrafitaciónIV
Rascado

RascadorIV
ControladorIII
Torno cocidoIII
Control
CarretillasIII
Toma mostras mecanizadasII
Mostras controlII
MecanizadosII
SGVII
T. eléctricoII
T.M. centralII
T.M. crusIII
VariosI

ANEXO Nº 7

Prima de quendas.

Mañá/tarde/noite272 ptas./día
Mañá/tarde136 ptas./día

ANEXO Nº 8

Prima de domingos e festivos 4.635 ptas.

ANEXO Nº 9

Prima de desprazamento 280 ptas./día

ANEXO Nº 10

Horas extras.

Traballo diurno en días laborables 2.302 ptas.
Traballo nocturno e en días festivos 2.854 ptas.

ANEXO Nº 11

Prima de vacacións fóra do

período estival

18.053 ptas.

ANEXO Nº 12

Axuda de estudios.

Tipo de estudios Ptas./ano
Ensino superior e medio fóra da

Coruña

76.441
Ensino superior e medio (estu-

dios libres ou na Coruña)

32.231
COU e FP3 (estudios oficiais e

libres)

22.105
EXB, BUP e FP 1º e 2º grao 18.416
Preescolar 1º e 2º 11.813

ANEXO Nº 13

Roupa de traballo 9.597 ptas./ano

ANEXO Nº 14

Préstamos para adquisición de vivenda fogar ata 2.000.000 de
ptas. tope máximo 20.000.000 de ptas. anuais

ANEXO Nº 15

Táboa de salarios base do persoal horario.

Espe. G7 162.356 ptas.Ofi. 1-G3 178.330 ptas.
Espe. G8 165.571 ptas.Ofi. 1-G4 181.342 ptas.
Espe. G9 167.883 ptas.Ofi. 1-G5 183.754 ptas.
Espe. G10 170.544 ptas.Ofi. 2-G3 167.883 ptas.
Espe. G11 173.056 ptas.Ofi. 2-G4 170.544 ptas.
Espe. G12 175.417 ptas.Ofi. 2-G5 173.056 ptas.
Espe. G13 178.279 ptas.Ofi. 3-G3 157.183 ptas.
Espe. G14 181.342 ptas.Ofi. 3-G4 159.896 ptas.
Ofi. 3-G5 162.356 ptas.

ANEXO Nº 16

Táboa de soldos.

Técnicos
Medios 2.941.802 ptas.
Non titulados 2.557.950 ptas.
Empregados de oficina
Delineantes
Delineante proxectista 2.557.950 ptas.

Delineante 1ª 2.299.830 ptas.
Delineante 2ª 2.174.095 ptas.
Analistas
Analista 1ª 2.299.829 ptas.
Analista 2ª 2.097.989 ptas.
Aux. laboratorio 1.944.121 ptas.
Administrativos
Oficial 1ª 2.299.830 ptas.
Oficial 2ª 2.097.989 ptas.
Auxiliar 1.944.121 ptas.
Telefonista 2.097.989 ptas.
Subalternos
Chofer de turismo 2.174.095 ptas.
Vixilantes, porteiros 2.097.989 ptas.
Conserxe 1.944.121 ptas.

95-06737