Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 20 de outubro de 1995 Páx. 7.789

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 19 de outubro de 1995 pola que se determinan os servicios mínimos durante a folga convocada para os días 22, 29 e 30 de outubro e 4, 5, 6, 12, 13, 14 e 15 de decembro, nos centros de traballo da Empresa Nacional de Electricidad, S.A. (ENDESA) nas Pontes de García Rodríguez.

O artigo 28.2º da Constitución española recoñece o dereito a folga dos traballadores para a defensa dos seus intereses, a pesar de que limite o exercicio para garantir o mantemento dos servicios esenciais da comunidade.

O Decreto 155/1988, do 9 de xullo, no seu artigo 3 faculta o conselleiro competente por razón dos servicios esenciais aceptados para que, mediante orde, e ante unha situación de folga decida o número mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento dos servicios, así como determina-lo persoal preciso para a súa prestación.

Por esta razón, é necesario a determinación de servicios mínimos ó ter carácter esencial os de mantemento de bens de utilidade pública, tal como recoñece o propio Decreto 155/1978, do 9 de xullo, da Xunta de Galicia, e, convocada a folga para os días 22, 29 e 30 de outubro, e 4, 5, 6, 12, 13, 14 e 15 de decembro no centro de traballo de ENDESA nas Pontes de García Rodríguez, esta consellería, oído o comité de folga, en virtude das competencias que lle atribúen o devandito decreto e demais disposicións de aplicación,

DISPÓN:

Artigo 1º

Os servicios mínimos de persoal mentres dure a folga anunciada para os día 22, 29 e 30 de outubro, e 4, 5, 6, 12, 13, 14 e 15 de novembro do presente

ano no centro industrial de ENDESA nas Pontes de García Rodríguez, serán os seguintes:

Servicios xerais de zona:

A) No caso de realizarse a folga en sábado ou domingo:

Postos de traballoDenominación do postoNº persoas/día

1Médicos de empresa1

1ATS hospitalillo (a quenda)3

1Auxiliar clínica (a quenda)3

4Servicio contra incendio (a quenda)12

1Conductor servicio (a quenda)3

B) En caso de realizarse a folga de luns a venres, ademais dos anteriores precisaríase:

Postos de traballoDenominación postoNº persoas/día

1Telefonista1

1Secretaria de dirección1

Explotación mineira:

A) No caso de realizarse la folga en domingo:

Producción:

Postos de traballoDenominación postoNº persoas/día

1Operador subestación tesouro3

Obras:

1Subxefe servicio obras e bombeo3

1Encargado bombeo3

3Bombeiros9

Mantemento eléctrico:

Postos de traballoDenominación postoNº persoas/día

2 Oficial eléctrico

Requirirase a súa presencia nas instalacións e conseguintes intervencións, no caso de que se produza unha emerxencia.

No caso de producirse avaría ou incidente a dirección e o comoté de folga comprométense a reunirse co fin de acorda-lo persoal para a correspondente reparación.

B) No caso de realizarse a folga de luns a sábado:

Producción:

Postos de traballoDenominación postoNº persoas/día

1Xefe de quenda3
5Técnicos de 3ª15
8Operadores Ex. e apiladora24
1Maquinista parque regulación3
9Axudantes Ex. e apiladora27
1Operador control móbil3
1Axudante control móbil3
4Vixilantes de cintas12
2Maquinistas bulldozer6
1Subxefe de servicio C. control3
1Operador centro de control3

Postos de traballoDenominación postoNº persoas/día

1Operador subestación tesouro3
1Operador cabeza desprazable3
Obras:
1Subxefe servicio de obras e bombeo3
1Encargado bombeo3
1Bombeiros9

Mantemento eléctrico:

Postos de traballoDenominación postoNº persoas/día

1Subxefe servicio en máquinas3

1Xefe equipo en máquinas3

2Oficiais en máquinas6

1Subx. Svo. ou xefe equipo en cintas3

2Oficial en cintas (1 en C.C. nó)6

1Subxefe servicio electrónica3

1Oficial electrónica3

Mantemento mecánico:

Postos de traballoDenominación postoNº persoas/día

1Sub. Svo. ou xefe equipo en retén3

4Oficiais en retén12

1Subx.Svo.ou xefe equipo vulcanizado3

2Oficiais vulcanizado6

Almacén mina:

Postos de traballoDenominación postoNº persoas/día

1 Almaceneiro3

Maquinaria e equipos:

Postos de traballoDenominación postoNº persoas/día

1Encargado transportes3

3Conductores vehículos9

Artigo 2º

O incumprimento desta obligación de mantener os servicios fixados na presente orde será sancionado de conformidade coa lexislación vixente aplicable.

Artigo 3º

A presente orde entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1995.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

95-06429