Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 20 de outubro de 1995 Páx. 7.789

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 15 de setembro de 1995 pola que se clasifican postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Polo Decreto 368/1994, do 15 de decembro, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, constituiuse o novo municipio de Burela, provincia de Lugo.

Sendo necesario crear e clasifica-los postos de traballo de funcionarios de Administración local con habilitación nacional correspondentes ó devandito concello, a Consellería da Presidencia e Administración Pública, de conformidade co establecido no artigo 159 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, nos artigos 2 e 9 do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confiere o artigo 13.2.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Créanse os postos de traballo de Secretaría e Intervención do Concello de Burela, provincia de Lugo, reservados a funcionarios da Administración local con

habilitación de carácter nacional e clasifícanse do seguinte xeito:

Posto: secretaría.

Clase: segunda.

Subescala: secretaría.

Categoría: entrada.

Posto: intervención.

Clase: segunda.

Subescala: intervención-tesourería.

Categoría: entrada.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

95-06848