Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Venres, 20 de outubro de 1995 Páx. 7.791

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 1995 pola que se lle renova a ATISAE, S.A., a cualificación de entidade recoñecida para impartir cursos teórico-prácticos para a obtención de carnés profesionais de instalador autorizado de gas, para as categorías IG-I a IG-IV.

Vista a solicitude presentada por Ricardo García López, en representación da empresa ATISAE, S.A., e a documentación anexa, na que solicita lle sexa renovada a cualificación de entidade para impartir cursos de instaladores de gas grupo IG-I a IG-IV.

Vista a Orde do 17 de decembro de 1985 pola que se aproba a instrucción sobre documentación e posta en servicio das instalacións receptoras de gas combustible e a instrucción sobre instaladores autorizados de gas e empresas instaladoras (BOE 9-1-1986).

Considerando que se cumpriron os requisitos regulamentarios establecidos. Esta Dirección Xeral de Industria,

RESOLVE:

Renovar a ATISE, S.A., a calificación de entidade recoñecida para imparti-los cursos de formación de instaladores de gas, de conformidade co establecido no capítulo III da Orde do 17 de decembro de 1985, en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para imparti-los cursos, presentará perante a Delegación Provincial de Industira e Comercio da provincia correspondente, fotocopia da presente resolución, táboa de tarifas e programación de cursos previstos.

Para efectos estatísticos e de control, presentará nas delegacións provinciais de Industria e Comercio onde exerza a súa actividade, unha memoria anual de actuacións e nesta dirección xeral un reumo destas na Comunidade Autónoma.

Esta autorización deberase renovar ós 2 anos, para o que acreditará perante esta dirección xeral, o cumprimento dos requisitos esixidos na autorización inicial.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

95-5766