Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 19 de outubro de 1995 Páx. 7.772

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Silenciadores PCG, S.A.

Visto o expediente do covenio colectivo para a empresa Silenciadores PCG, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-8-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 16-6-1995. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, de 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representación económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 4 de setembro de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo de Silenciadores PCG, S.A.

I. Disposicións xerais.

Artigo 1º.-Ámbito funcional, territorial e persoal.

O presente convenio será aplicable ó persoal do centro de traballo da empresa Silenciadores PCG, S.A., situada na r/ Camiño Caramuxo, nº 33 de Vigo (Pontevedra). Afectará a tódolos productores que se atopen prestando servicios na empresa, así como a todo aquel que ingrese durante a súa vixencia ou prórroga.

Artigo 2º.-Duración e denuncia.

1. A duración do presente convenio será de tres anos a partir do 1 de xaneiro de 1995, independentemente da data da súa sinatura e da súa publicación no BOP.

2. A denuncia propoñendo a revisión do presente convenio por calquera das partes, deberá realizarse cunha antelación mínima de tres meses respecto á data de terminación da súa vixencia, e cos requisitos establecidos no artigo 85.2º c) da Lei 8/1980, do 10 de marzo.

Artigo 3º.-Revisións salariais.

1. Ano 1995.

O 31 de decembro de 1995 (ou cando se constate oficialmente o IPC real do ano 1995), con efectos desde o 1 de xaneiro de 1995 as táboas salariais que se xuntan ó convenio colectivo da empresa revisaranse no exceso que puidese existir entre o IPC real que resulte no referido ano máis 0,5 puntos e o IPC previsto máis 0,5 puntos aplicado o 1 de xaneiro de 1995.

2. Ano 1996.

A partir do 1 de xaneiro de 1996 as táboas salariais vixentes ó 31 de decembro de 1995 (unha vez efectuada a revisión prevista no apartado anterior, se houbese lugar a ela), incrementaranse no IPC previsto polo Goberno para o ano 1996. O 31 de decembro de 1996) ou cando se constate oficialmente o IPC real do ano 1996) efectuarase unha revisión, con efectos desde o 1 de xaneiro de 1996, pola diferencia que puidese existir entre o IPC real que resulte no referido ano e o IPC previsto, aplicado o 1 de xaneiro de 1996.

3. Ano 1997.

A partir do 1 de xaneiro de 1997 as táboas salariais vixentes ó 31 de decembro de 1996 (unha vez efectuada a revisión prevista no apartado anterior, se houbese lugar a ela) incrementaranse no IPC previsto polo Goberno para o ano 1997. O 31 de decembro de 1997 (ou cando se constate oficialmente o IPC real do ano 1997) efectuarase unha revisión, con efectos desde o 1 de xaneiro de 1997, pola diferencia que puidese existir entre o IPC real que resulte no referido ano e o IPC previsto aplicado o 1 de xaneiro de 1997.

Artigo 4º.-Compensación e absorción.

As condicións pactadas son compensables e absorbibles en cómputo anual coas que rexeron anteriormente ó actual convenio, ou por imperativo legal, usos e costumes locais ou por calquera causa.

Artigo 5º.-Garantías individuais.

Respectarase o total dos ingresos individuais percibidos con anterioridade ó convenio, sen que as normas deste poidan implicar diminución nos ditos ingresos. Tal garantía será de carácter exclusivamente persoal, sen que poida verse vinculada a postos de traballo, categorías profesionais ou outras circunstancias análogas.

Artigo 6º.-Indivisibilidade.

O convenio é un todo orgánico, indivisible, polo que se entenderá nulo e sen efecto de ningún tipo, no suposto de que non fose aprobado na súa integridade.

Artigo 7º.-Organización do traballo.

A organización do traballo é facultade da empresa, trala audiencia e informe ós representantes dos traballadores e, en consecuencia, sinálanse, entre outros, os seguintes:

a) Adxudicación do número de postos de traballo a cada traballador, procurando que estes non excedan en ningún caso de catro.

b) Mobilidade e cambio de persoal que de acordo coas necesidades da organización e da producción regulamentaria proceda e sempre de acordo coa capacidade do traballador.

II. Xornada, vacacións e licencias.

Artigo 8º.-Xornada de traballo.

1. Para o ano 1995 a xornada de traballo será de 1.762 horas anuais de traballo efectivo.

2. Para os anos 1996 e 1997 a xornada de traballo será de 1.759 horas anuais de traballo efectivo.

Artigo 9º.-Vacacións.

1. Establécese para todo o persoal incluído neste convenio 30 días naturais de vacacións ou a súa parte proporcional, se non levase un ano de traballo ó servicio da empresa.

2. O desfrute das vacacións establecerase en concordancia co período de vacacións do noso principal cliente (Citroen) e os días 24 e 31 de decembro, agás que estes días coincidisen en sábado ou domingo; neste caso negociarase co comité de empresa o desfrute dos indicados días no calendario laboral anual correspondente.

3. A data de desfrute das vacacións será notificada con dous meses de antelación como mínimo.

Única e exclusivamente o persoal que se atope en situación de ILT derivada de accidente de traballo durante o período de desfrute das vacacións terá dereito a que a empresa lle sinale -sen a antelación mínima antes indicada- outra data para o desfrute destas, sempre que cause alta da referida ILT antes de concluí-lo ano natural.

4. Os días de vacacións aboaranse antes de empezaren estas, e cos seguintes conceptos retributivos: salario convenio mínimo, gastos de locomoción, antigüidade a quen lle corresponda e a media percibida por incentivos nos tres meses anteriores.

Como excepción ó anterior, respecto a aqueles traballadores que nos tres meses anteriores á data de desfrute das vacacións estivesen en situación de ILT por calquera continxencia e sempre que a alta teña lugar antes do inicio do seu desfrute, a retribución por incentivo correspondente ós días de vacacións será, en lugar da respectiva media percibida por este concepto nos tres meses anteriores ó inicio destas, a media obtida nos tres últimos períodos de incentivo traballados polo interesado.

Artigo 10º.-Licencias.

1. O traballador, logo do aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, por algún dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Parto da esposa: 3 días laborais.

b) No caso de falecemento ou enfermidade grave do cónxuxe ou dos parentes ata o segundo grao de

consanguinidade (fillos, netos, irmáns, pais e avós do que solicita a licencia): 3 días naturais.

c) En caso de falecemento ou enfermidade grave de parente ata o segundo grao de afinidade (pais, irmáns e avós políticos de quen solicita a licencia): 2 días naturais.

d) Nos supostos previstos nos apartados b) e c) deste artigo, cando o traballador necesite facer un desprazamento con tal motivo de polo menos 100 km. o permiso incrementarase en 2 días naturais.

e) Por matrimonio: 15 días naturais.

f) En caso de matrimonio de fillos e irmáns: 1 día natural.

g) Para o caso de traslado do domicilio habitual: 1 día laborable.

h) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inexcusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, haberá que aterse ó que esta dispoña en canto á duración da ausencia e a súa compensación económica.

i) Para asistencia a consulta médica: ata 16 horas ó ano.

j) No caso de falecemento de tíos consanguíneos ou de fillos políticos: 1 día natural.

2. Nas demais licencias non previstas no presente artigo haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores.

3. O inicio do cómputo dos días de permiso efectuarase desde o momento do feito causante, se ben o interesado logo do acordo co departamento de persoal poderá varia-la data de uso dos días de permiso ou licencias que lle correspondan conforme o nº 1 do presente artigo.

III. Condicións económicas.

Artigo 11º.-Salario convenio mínimo.

1. Denomínase e considérase salario convenio mínimo para tódolos efectos do presente convenio, o importe sinalado -en cómputo anual e para cada categoría profesional- na primeira columna da táboa anexa deste convenio, e o seu devengo correspóndese coa realización da totalidade da xornada anual efectiva.

2. O importe establecido como salario convenio mínimo inclúe, ademais do salario base e do complemento de convenio, a correspondente cantidade expresamente compensatoria de todo complemento salarial pola concorrencia no posto de traballo de circunstancias ou condicións de penosidade, toxicidade e/ou perigosidade.

3. O importe anual do salario convenio mínimo liquidarase distribuído en 14 pagas iguais ó ano (as 12 mensualidades e as 2 pagas extras), con independencia do número de días naturais que teña o mes.

4. Os descontos correspondentes ó tempo das incidencias non retribuídas efectuaranse nos termos pre

vidos na acta de data do 7-7-1993 e en tal sentido aplicarase a seguinte fórmula e consideracións:

Fórmula:

Salario ano

x 11

14

= ptas./hora desconto

Xornada anual

Consideracións:

-Repercuti-la incidencia no mes en que se produza.

-Repercuti-la incidencia en pagas extraordinarias.

-Non repercutir en vacacións cando a incidencia sexa debida a ILT.

-Repercutir en vacacións se a incidencia é debida a causas distintas á ILT e supera 160 horas/ano.

Artigo 12º.-Antigüidade.

1. O complemento salarial de antigüidade por anos de servicio, consistente no aboamento do quinquenio, fíxase -en cómputo anual e para cada categoría profesional- na contía que figura na segunda columna da táboa anexa do convenio.

2. O importe anual do complemento salarial de antigüidade liquidarase distribuído en 14 pagas iguais ó ano (as 12 mensualidades e as 2 pagas extras), con independencia do número de días naturais (30 ou 31 días) que teña o mes.

3. Os descontos correspondentes ó tempo das incidencias non retribuídas efectuaranse nos termos previstos na acta de data do 7-7-1993 e en tal sentido aplicanse a seguinte fórmula e consideracións:

Fórmula:

Antigüidade ano

x 11

14

= ptas./hora desconto

Xornada anual

Consideracións:

-Repercuti-la incidencia no mes en que se produza.

-Repercuti-la incidencia en pagas extraordinarias.

-Non repercutir en vacacións cando a incidencia sexa debida a ILT.

-Repercutir en vacacións se a incidencia é debida a causas distintas á ILT e supera 160 horas/ano.

4. A data inicial para o cómputo da antigüidade do persoal será a de ingreso na empresa, exceptuando o tempo de aspirantado, aprendizaxe e formación.

5. Os aumentos periódicos por anos de servicio comezarán a devengarse a partir do 1 de xaneiro do ano en que se cumpra cada quinquenio, se a data de vencemento é anterior ó 30 de xuño e desde o 1 de xaneiro do ano seguinte se é posterior.

Artigo 13º.-Plus de nocturnidade.

1. Durante o ano 1995, o persoal que preste os seus servicios entre as 10 horas da noite e as 6 horas da mañá, calquera que sexa a súa categoría profesional, percibirá en concepto de plus de nocturnidade

a cantidade de 125 pesetas por hora efectiva traballada no referido horario nocturno.

2. Durante os anos 1996 e 1997 ó importe do plus de nocturnidade aplicaréselle o incremento previsto no artigo 3º do presente convenio colectivo respectivamente para os ditos anos.

Artigo 14º.-Gratificacións extraordinarias.

1. As gratificacións extraordinarias de verán e Nadal consistirán -cada unha- en 1/14 do salario convenio mínimo máis 1/14 da antigüidade (a quen corresponda), que figura nas respectivas columnas na táboa anexa deste convenio, e na media dos 3 últimos meses obtidos en conceptos de incentivos.

2. O cálculo do devengo das indicadas gratificacións extraordinarias efectuarase semestralmente (paga de verán: do 10 de decembro ó 9 de xuño seguinte e paga Nadal: do 10 de xuño ó 9 de decembro seguinte).

3. As indicadas gratificacións extraordinarias serán aboadas entre os días 15 e 20 dos respectivos meses de xullo e decembro.

Artigo 15º.-Incentivos.

O sistema de incentivos aplicado e aprobado anteriormente adoptarase en canto a que a prima será aboada segundo o rendemento do conxunto de traballadores, correspondendo ó total de 33.411 ptas. mensuais, por tódolos conceptos á actividade óptima de 133 puntos sobre 100.

O sistema de incentivos rexerá a medida en que exista carga de traballo, e a empresa sinalará en cada momento os topes da producción xeral que hai que realizar.

A dirección da empresa procurará proporciona-la suficiente carga de traballo para todo o cadro de persoal de tal forma que no futuro se acade polo menos a correspondente ó 125 de actividade sobre 133, calculándose esta polos vales de circulación, dos cales se entregará un exemplar ó comité de empresa diariamente. Para o caso de que se lograse por parte da empresa tal carga de traballo, tódolos traballadores se comprometen formalmente a corresponder no futuro con tal compromiso, garantindo como rendemento mínimo o de 125 puntos centesimais, sempre e cando esta carga de traballo e as condicións técnicas así o permitan e cando as causas non lles sexan imputables ós traballadores.

Os topes ou tempos calculados serán susceptibles de revisión en todo momento, máxime se as condicións de traballo variasen.

A empresa informará antes do día 25 de cada mes do rendemento obtido no último período, mediante a correspondente nota no taboleiro de anuncios.

Para os efectos do cálculo de rendemento do sistema de incentivos vixente na empresa quedan incorporados a este as modificacións acordadas no punto 1 da acta de reunión entre a dirección e o comité de empresa celebrada o día 18-11-1987 e que son:

1. Horas producidas.

Calcúlanse as horas producidas, no período do 10 dun mes ó 9 do seguinte, ambos inclusive, por medio

dos vales de circulación de materiais conxuntos terminados entregados a almacén e coa aceptación de control de calidade. Este cálculo farase en función dos tempos totais de fabricación concedidos para cada peza. As devolucións de material terminado realizado polo cliente, se fosen imputables a unha mala execución por parte do operario, deduciranse das horas producidas no período de prima inmediato seguinte.

g) O rendemento calcularase considerando un bloque que formarán tódolos traballos que se realicen na nave A, B e C.

2. Sistema de tempos.

1. Conceptos de tempos.

Tempo estimado.

Considérase tempo estimado aquel que se determina por aproximación e cun fin orientativo, non téndose en conta para o cálculo da prima.

Cando unha nova peza se incorpore ó noso proceso de fabricación cun tempo estimado deberá ser cronometrado nun prazo máximo de 4 lanzamentos de fabricación naquelas referencias cun programa mensual inferior a 500 pezas e de 3 lanzamentos nas restantes referencias. Finalizado o dito período deberá pasar a tempo provisional, trala correspondente cronometraxe.

Tempo provisional.

É todo tempo asignado a unha operación en tanto non estea definido un método operatorio estable, tomándose en consideración para o cálculo da prima.

Este tempo determinarase xa sexa por mediación directa, por comparación con pezas similares ou por outros métodos homologados adecuados para o efecto, asignándolle no caso de comparación con pezas similares, un tempo igual ó da peza de referencia; deberá ir acompañado da gama e método operatorio provisional.

O período máximo de permanencia dunha operación en tempo provisional será de 6 meses, durante o cal se introducirán tódalas melloras ou modificacións que se consideren oportunas, realizándose imperiosamente unha cronometraxe ou comprobación para o seu paso a tempo concedido.

Tempo concedido.

É o derivado da cronometraxe ou comprobación que marca o fin do tempo provisional ou o emitido no seu momento como tal por similitude ou identidade con outras referencias xa existentes, asignándolle neste último caso un tempo igual ó da peza de referencia.

O emiti-los tempos concedidos, estes deberán ir acompañados das gamas e métodos operatorios correspondentes.

2. Procedemento de cronometraxes.

1. Notificaráselle documentalmente ó comité de empresa, con 15 días de antelación, o lanzamento de novos tempos.

2. Unha vez emitidos, os tempos provisionais ou concedidos son esixibles, sen prexuízo de que, se xorden discrepancias na aplicación destes e a petición da comisión paritaria de productividade e competitividade, composta por 4 membros de cada representación, o departamento de tempos realizará unha comprobación no prazo máximo de un mes coa presencia dun membro da comisión.

3. Se a pesar da dita comprobación continúan as discrepancias, será realizada outra comprobación por persoal cualificado do exterior, e o resultado destas será vinculante para ambas partes.

3. Actualización do libro de procesos.

Ante as novas definicións acordadas en cada un dos tempos e co obxecto de pór ó día a situación actual procederase da seguinte forma:

a) Aquelas referencias que na actualidade estean en tempos provisionais e cumpran os requisitos establecidos na definición do tempo concedido pasarán de forma inmediata a ter tal consideración.

b) Con aquelas referencias que estean consideradas como tempo estimado ou provisional e non cumpran o exposto no apartado a), actuarase segundo o acordado na definición dos ditos tempos.

Artigo 16º.-Gastos de locomoción mínimos.

1. A empresa aboaralles a tódolos traballadores desta unha cantidade -de natureza indemnizatoria e non salarial- como compensación de gastos de locomoción mínimos na contía que -en cómputo anual e igual para tódalas categorías profesionais- figura na terceira columna da táboa anexa deste convenio.

2. O importe anual dos gastos de locomoción mínimos liquidarase distribuído en 12 pagas iguais ó ano (as 12 mensualidades), con independencia -xa que se calcularon en función dos días laborables do ano- do número de días laborables que teña cada mes.

3. Os descontos correspondentes ó tempo das incidencias non retribuídas efectuaranse nos termos previdos na acta de data 7-7-1993, e en tal sentido aplicarase a seguinte fórmula e consideracións:

Fórmula:

Gastos de locomoción

x 11

12

= ptas./hora desconto

Xornada anual

Consideracións:

-Repercuti-la incidencia no mes en que se produza.

-Reperciti-la incidencia en pagas extraordinarias.

-Non repercutir en vacacións cando a incidencia sexa debida a ILT.

-Repercutir en vacacións se a incidencia é debida a causas distintas á ILT e supera 160 horas/ano.

Artigo 17º.-Horas extras.

1. a) Para 1995, o valor das horas extras fíxase en 1.356 pesetas/hora, para as realizadas de luns a

venres, e de 1.479 pesetas/hora para as realizadas en sábados, domingos e festivos.

b) Para os anos 1996 e 1997, o valor das horas extras incrementarase no IPC previsto respectivamente para os ditos anos.

2. O comité de empresa e a dirección determinarán mensualmente o carácter estructural destas, atendendo ás puntas de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda, mantemento e reparacións, limpeza de máquinas, etc.

Artigo 18º.-Premio trimestral por non absentismo.

1. Establécese un premio ó non absentismo, que terá unha contía determinada polo índice de absentismo que se alcance en cómputo global de todo o cadro de persoal da empresa respecto ó número de horas de xornada efectiva de cada trimestre natural do ano (de xaneiro a marzo; de abril a xuño; de xullo a setembro e de outubro a decembro), e sempre que o dito índice ou porcentaxe de absentismo no indicado cómputo global e trimestral sexa inferior ó 5,51% das horas.

2. Para os efectos do presente premio por non absentismo computarase como absentismo toda ausencia ó traballo por incapacidade laboral transitoria derivada de calquera continxencia, por licencias legal ou convencionalmente recoñecidas ou permisos retribuídos ou non, por consulta médica e por faltas de asistencia ó traballo ou de puntualidade.

3. A contía do referido premio para o trimestre que se devengue é a que figura -segundo o índice ou porcentaxe que se alcance- na seguinte escala:

Indice de absentismoImporte premio

Do 5,51% ó 6% ou máis 0 ptas.

Do 5,01% ó 5,50%854 ptas.

Do 4,51% ó 5%1.709 ptas.

Do 4,01% ó 4,50%2.562 ptas.

Do 3,51% ó 4%3.416 ptas.

Do 3,01% ó 3,50%4.271 ptas.

Do 2,51% ó 3%5.125 ptas.

Do 2,01% ó 2,50%5.979 ptas.

Do 1,51% ó 2%6.834 ptas.

Do 1,01% ó 1,50%7.688 ptas.

Do 0,51% ó 1%9.396 ptas.

O 0%9.734 ptas.

4. En caso de que se devengue o premio por non absentismo, só serán perceptores da correspondente contía do premio aqueles empregados da empresa que a nivel individual non rebasen o 3% de absentismo - polas causas antes indicadas- das horas de xornada efectiva no trimestre de referencia.

IV. Disposiciones varias

Artigo 19º.-Retribución no servicio militar ou no servicio social substitutorio.

1. O persoal que leve dous ou máis anos ó servicio da empresa, ó ingresar no servicio militar ou no servicio social substitutorio recibirá en tal ocasión unha gratificación equivalente ó importe de 30 días do salario real percibido no último mes.

2. Durante o tempo da súa permanencia no servicio militar ou no servicio social substitutorio, o traballador terá dereito a percibi-las gratificacións extraordinarias establecidas no artigo 14º do presente convenio.

Artigo 20º.-Absentismo.

1. En caso de baixa producida por accidente de traballo ou enfermidade profesional, garantiranse as cantidades necesarias para completa-las prestacións da Seguridade Social ata o 100% da base total de cotización.

2. En caso de enfermidade común con hospitalización, ata a súa reincorporación ó posto de traballo completaranse as prestacións da Seguridade Social ata o 90% da base total de cotización.

3. No suposto de enfermidade común de longa duración, certificada por especialistas, a partir do vixésimo día mentres dure a situación de ILT e como máximo ata 18 meses desde o inicio da ILT completaranse as prestacións da Seguridade Social ata o 90% da base total de cotización.

Artigo 21º.-Seguro colectivo.

1. A empresa comprométese a subscribir unha póliza de seguro a favor dos traballadores desta, para cubri-las continxencias e polos capitais que se sinalan.

a) En caso de falecemento por accidente ou por enfermidade: dous millóns cincocentas mil pesetas.

b) En caso de invalidez permanente absoluta para todo traballo ou de gran invalidez, derivada de accidente ou de enfermidade: dous millóns cincocentas mil pesetas.

2. O compromiso adquirido no presente artigo surtirá efecto e entrará en vigor a partir do próximo 1 de xullo de 1995.

Artigo 22º.-Saúde laboral.

Crearase un comité de seguridade e hixiene. As funcións deste rexeranse polo establecido na lexislación vixente de seguridade e hixiene.

Artigo 23º.-Roupas de traballo.

1. Proverase a todo o persoal obreiro de dúas pezas de roupa de traballo anuais entregándollelas en xaneiro.

A sección de pintura entregáraselle unha peza máis ó longo do ano logo da entrega da usada, e tamén se lles entregarán unhas botas adecuadas. A sección de baños entregaránselles dúas pezas de roupa antiácidas.

2. O persoal utilizará preceptivamente as pezas de roupa de traballo que lle foran facilitadas nos últimos anos.

3. Sen prexuízo do anterior, a dirección da empresa, en coordinación co comité de Seguridade e Hixiene, procurará dota-los operarios que polas características do posto de traballo o requiran, daquelas pezas que se consideren adecuadas para a súa protección e/ou seguridade.

Artigo 24.-Recoñecemento médico.

A empresa facilitaralle ó seu persoal a realización dunha revisión médica anual, que será efectuada por especialistas en enfermidades laborais, de acordo coa normativa vixente sobre seguridade e hixiene no traballo. O calendario de datas para realiza-lo recoñecemento médico establecerase cada ano no seo do comité de seguridade e hixiene no traballo. E todo o persoal que estea en baños e pintura pasará revisión médica trimestralmente.

Artigo 25º.-Contratación por tempo determinado.

Haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores e as normas xerais de desenvolvemento e na Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, sobre dereitos de información dos representantes dos traballadores en materia de contratación.

Artigo 26º.-Comisión paritaria.

1. A aprobación deste convenio crearase unha comisión paritaria para a vixilancia e cumprimento deste en tódolos seus conceptos.

Serán tres membros por cada unha das partes e un suplente pola parte social. Así mesmo será nomeado un secretario de entre os seus membros. Reunirase por requirimento de calquera das partes, e destas reunións levantarase acta e entregaráselles a cada un dos membros, á dirección e ó comité. Tanto se a dirección como o comité requiren á comisión paritaria para intervir en calquera cuestión de discrepancia, esta reunirase o máis rapidamente posible ( dentro das 24 horas seguintes á convocatoria) para intervir na cuestión que hai que resolver, a cal será resolto, se procede.

2. Ademais das competencias xerais de interpretación, aplicación e seguimento do convenio, e sen prexuízo das normas xerais de procedemento administrativo e procesuais, a comisión mixta paritaria poderá funcionar por instancia de parte, como órgano de mediación nos conflictos derivados da aplicación do convenio.

Artigo 27º.-Comisión partiaria de productividade e competitividade.

A aprobación deste convenio crearase unha comisión paritaria para a análise, estudio e seguimento da productividade, que estará composta por 4 membros por cada unha das partes, nomeándose un secretario de entre eles. A dita comisión reunirase mensualmente para analiza-las diversas cuestións que se relacionen coa productividade; destas reunións levantarse acta, e darase copia desta a cada unha das partes.

V. Cuestións sindicais.

Artigo 28.-Competencias do comité de empresa.

a) Recibir información, que se lle facilitará trimestralmente, sobre a evolución xeral do sector económico a que pertence.

Así mesmo, ó comité de empresa facilitáraselle en cada reunión ordinaria (reunión trimestral) información sobre situación da producción e vendas da empresa, previsible evolución da contratación de persoal,

absentismo e as súas causas, e das sancións impostas por faltas moi graves.

b) Exerce-la representación colectiva dos traballadores da empresa na negociación do convenio colectivo de empresa.

c) Coñece-la relación de horas extras polos TC-2 de cada traballador que as realice.

d) Coñece-lo balance, a conta de resultados , a memoria e os demais documentos que se dean ós accionistas, e nas mesmas condicións que a estes.

e) Coñece-los modelos de contrato escrito que se utilicen na empresa e recibir da dirección copia básica dos contratos de traballo que se asinen, notificación das prórrogas e das liquidacións.

f) Controlar e vixia-las condicións de seguridade e hixiene no desenvolvemento do traballo na empresa.

g) Dispoñeren cada un dos membros do crédito de horas mensuais retribuídas legalmente establecido, para o exercicio das súas funicóns sindicais ou de representación.

Os membros do comité de empresa que pertenzan á mesma central sindical, se o consideran conveniente, poderán acumula-las horas mensuais retribuídas, que lles correspondan para o desenvolvemento das súas funcións sindicais ou de representación, nun ou varios deles.

A vontade de acumula-las referidas horas deberalle ser comunicada cada mes por escrito ó departamento de persoal, con antelación (mínima de tres días) ó inicio do mes ó que corresponda a acumulación. A dita comunicación deberá estar asinada e deberá constar nela de forma expresa e precisa tanto o cedente do crédito horario mensual como o beneficiario da acumulación.

Artigo 29º.-Seccións sindicais.

A empresa recoñece o dereito á existencia no seo desta de seccións sindicais, nos termos establecidos na Lei orgánica de liberdade sindical, nº 11, do 2 de agosto de 1985.

O delegado sindical, en caso de que, conforme o preceptuado no artigo 10 da antedita lei, corresponda a existencia deste, non terá por que ser membro do comité de empresa.

Artigo 30º.-Dereitos dos delegados sindicais.

Serán dereitos dos delegados sindicais os seguintes:

a) Asistir ás reunións do comité de empresa, comité de seguridade e hixiene no traballo e comités paritarios de interpretación, sen voz e sen voto.

b) Ter acceso á mesma información e documentación que a empresa deba pór a disposición do comité de empresa, de acordo co regulado a través da lei, estando obrigados a gardar sixilo profesional nas materias nas que legalmente proceda.

c) Te-las mesmas garantías recoñecidas pola lei para os membros do comité de empresa.

d) Ser oídos pola empresa no tratamento daqueles problemas de carácter colectivo que afecten ós traballadores en xeral e ós afiliados ó seu sindicato.

e) Ser, así mesmo, informados e oídos pola empresa con carácter previo, acerca dos despedimentos e sancións que afecten ós afiliados ó seu sindicato, cando lle conste fidedignamente á empresa tal condición de afiliado.

f) Recadar cotas dos seus afiliados, manter reunións con estes e repartir propaganda sindical, todo iso fóra das horas de traballo e sen perturba-la actividade normal da empresa.

Disposicións derradeiras.

Primeira.-Lexislación subsidiaria.

En todo o non previsto no presente convenio haberá que aterse ó disposto no Estatuto dos traballadores e demais disposicións de carácter xeral, así como o capítulo VIII e os anexos nº 1 e nº 2 da ordenanza laboral siderometalúrxica (O.M. do 29-7-1970) que, malia a derrogación establecida pola O.M. do 12-2-1988, as partes expresamente conveñen manter vixente para estes efectos e a título de dereito dispositivo en tanto as ditas materias non estean reguladas no convenio colectivo.

Segunda.

Para o persoal de novo ingreso primeiramente contarase coa solicitude de ingreso dos familiares do persoal existente en fábrica.

Terceira.

A prima relativa ó cálculo do sistema de incentivos previsto no artigo 15 deste convenio realizarase tomando como promedio mensual a de 25 días laborais.

Cuarta.

O período de prima, que ten o seu comezo inmediatamente antes das vacacións anuais e o seu termo despois destas, calcularase como un período normal, se ben o seu aboamento realizarase proporcionalmente ós días laborais que existan entre inicio e fin do dito período.

Quinta.

O presente convenio colectivo foi negociado polo comité de empresa e a dirección desta.

ANEXO I

TÁBOA SALARIAL ANO 1995

Columna 1Columna 2Columna 3
Salario convenio

anual

Quinquenio

anual

Gastos locomoción

anual

Técnicos titulados

Enxeñeiros licenciados2.633.31996.092119.155
Peritos con responsabilidad2.489.02789.952119.155
Enxeñeiros e técnicos Indus.2.373.52885.012119.155
Graduados sociais1.940.55966.529119.155
Mestres industriais1.998.31668.991119.155
Practicantes1.709.62356.664119.155

Columna 1Columna 2Columna 3
Salario convenio

anual

Quinquenio

anual

Gastos locomoción

anual

Técnicos de taller

Xefe de taller2.171.44876.394119.155
Mestre de taller1.998.31668.991119.155
Contramestre1.969.38367.760119.155
Encargado1.882.80264.082119.155
Capataz especialista1.651.88254.202119.155
Capataz de peóns Ord.1.622.98052.986119.155

Técnicos de laboratorio

Xefe de 1ª2.171.44876.394119.155
Xefe de 2ª1.998.31668.991119.155
Analista 1ª1.825.15361.620119.155
Analista 2ª1.651.88254.202119.155
Auxiliar1.594.14051.740119.155
Técnicos de oficina
Delineante proxectista2.084.83672.685119.155
Delineante de 1ª1.853.94762.835119.155
Delineante de 2ª1.680.75355.433119.155
Auxiliar1.594.14051.740119.155
Reproductor de planos1.594.14051.740119.155
Org. Cient. do traballo

Xefe de 1ª2.199.13477.640119.155
Xefe de 2ª1.998.31668.991119.155
Téc. Org. de 1ª1.882.80264.082119.155
Téc. Org. de 2ª1.709.62356.664119.155
Auxiliar1.594.14051.740119.155
Administrativos

Xefe de 1ª2.171.40276.394119.155
Xefe de 2ª1.998.30068.991119.155
Oficial 1ª1.825.09161.620119.155
Oficial 2ª1.651.86754.202119.155
Auxiliar1.589.41451.740119.155

Persoal subalterno

Chofer de camión1.628.81353.232119.155
Almaceneiro1.594.14051.740119.155
Pesador de báscula1.594.14051.740119.155
Vixilante1.594.14051.740119.155
Porteiro ordenanza1.594.14051.740119.155

Persoal obreiro

Oficial 1ª1.735.40157.818119.155
Oficial 2ª1.683.49255.572119.155
Oficial 3ª1.631.22953.340119.155
Especialista1.594.21751.817119.155
Peón1.433.84344.907119.155

Aprendices

De 4º ano1.176.00733.949119.155
De 3º ano1.089.82530.256119.155
De 2º ano 988.33126.039119.155
De 1ª ano 895.48621.899119.155

Pinches

De 16 a 17 años1.089.82530.256119.155
De 17 a 18 años1.176.00733.949119.155

ANEXO II

SISTEMAS DE INCENTIVOS Á PRODUCCIÓN

Táboa retributiva ano 1995

RendementoPesetas

1000
101940
1021.880
1032.819
1043.758
1054.697
1065.636
1076.578

RendementoPesetas

1087.519
1098.457
1109.397
11110.376
11211.431
11312.445
11413.462
11514.478
11615.492
11716.509
11717.524
11918.544
12019.557
12120.621
12221.688
12322.755
12423.824
12524.880
12625.944
12727.012
12828.077
12929.209
13030.216
13131.282
13232.346
13333.411

6677