Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 19 de outubro de 1995 Páx. 7.779

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de outubro de 1995 pola que se anuncia convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de un posto de traballo vacante na Secretaría Xeral para o Turismo.

De conformidade co establecido no Decreto 262/1994, polo que se estructura organicamente a Consellería de Presidencia e Administración Pública, artigos 18 o 21, relativos ós Servicios de Turismo provinciais e segundo o disposto no artigo 27.2º da Lei 3/1995, do 10 de abril, de modificación da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia e en uso das atribucións conferidas polo artigo 15.4º da Lei 4/1988, esta Consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Anuncia-la convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, un posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde.

Segundo.-Poderán concorrer tódolos funcionarios que reúnan os requisitos que se esixen e que se especifican no anexo I.

Terceiro.-As solicitudes para participar nesta convocatoria poderanse presentar no rexistro xeral da Consellería de Presidencia e Administración Pública ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación de instancias será de quince días hábiles, contados a partir

do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude publícarase no anexo II.

Cuarto.-Os aspirantes deberán engadirlle á súa solicitude un currículum vitae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto.-O nomeamento do funcionario con destino definitivo noutra Administración Pública ou que preste os servicios na Comunidade Autónoma como consecuencia dunha comisión de servicios concedida conforme o disposto na disposición transitoria oitava, punto 4º da lei 30/1984, do 2 de agosto, que resultase seleccionado, estará condicionado a que a súa Administración emita informe favorable sobre el, conforme o previsto no Real decreto 28/1990, do 15 de xaneiro, e demáis disposicións concordantes.

Sexto.-A resolución desta convocatoria farase pública no DOG, e poderá declararse deserto o posto de traballo que se relaciona no anexo I, se se considerase oportuno.

Sétimo.-O prazo de toma de posesión comezará a contarse desde o día seguinte ó do seu cesamento que deberá producrise dentro dos tres días seguintes ó da publicación no DOG ou desde a data en que se lle comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso do funcionario doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ó servicio activo, o prazo de toma de posesión comenzará a contar desde a data seguinte á da publicación da resolución.

Oitava.- Contra a presente orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo previsto na Lei reguladora da xurisdicción contecioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses a partir do día da súa publicación, despois de comunicalo a esta consellería, segundo o previsto no artigo 110.3º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro de Presidencia e Administración Pública.

ANEXO I

Código: PRP.1910000.15001.001

Denominación do posto de traballo: Xefe Servicio Turismo.

Centro directivo: Secretaria Xeral Turismo.

Localidade: A Coruña.

Corpo ou escala: Xeral.

Grupo: A/B.

Nivel: 28.

Específico: 1.330.284.-

6707