Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 19 de outubro de 1995 Páx. 7.780

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de outubro de 1995 pola que se resolve convocatoria, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, de varios postos de traballo vacantes na Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola Orde do 1 de setembro de 1995 (DOG nº 175 de 12 de setembro de 1995).

Esta Consellería, no uso das facultades e atribucións conferidas pola Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e os artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da referida lei.

RESOLVE:

Primeiro.-Adxudicarlles destino nos postos de traballo que se indican, ós funcionarios que se expresan no anexo desta orde.

Segundo.-O cesamento no actual destino dos funcionarios que obtiveron as prazas, producirase no prazo de tres días contados a partir do seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

A toma de posesión das prazas adxudicadas deberá realizarse no prazo dos tres días seguintes ó do cesamento, se se trata da mesma localidade na que presta os seus servicios o funcionario, ou no prazo de un mes se se trata de distinta localidade, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.

Terceiro.-A xefatura de persoal do centro onde cursen alta os funcionarios realizará, dentro dos prazos sinalados nos apartados anteriores, as dilixencias de toma de posesión e seguidamente levaranse a cabo os trámites necesarios para a entrada en nómina.

Das dilixencias efectuadas darase traslado, mediante fotocopias, á Dirección Xeral da Función Pública.

Cuarto.-Contra esta orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, comunicando previamente a esta Consellería a vontade de interpoñelo.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 1995

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Denominación e código do postoDependenciaLocalidadeGrupoNivelCorpo/EscalaApelidos e nome

Subdirector/a xeral de Centros

ED.C04.00.002.15770.001

D.X. de Ordenación Educativa e CentrosSantiago de

Compostela

A30DocenteGonzález Moreiras, Xesús Pablo

Nº R.P.: A33EC3378368113

Xefe do Servicio de Ensinanzas Profesionais

ED.C07.00.001.15770.003

D.X. de Ensinanzas Profesionais e Formación de AdultosSantiago de

Compostela

B28DocenteYáñez González, Vicente

Nº R.P.: A35EC3237296046

95-6562