Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 19 de outubro de 1995 Páx. 7.763

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de agosto de 1995, de la Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa El Pote, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo El Pote, S.A. que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-7-1995, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e da parte social, polo comité de empresa o día 6-7-1995 e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 18 de agosto de 1995.

Carlos Martul Álvarez de Neira

Delegado provincial Acctal. da Coruña

Convenio colectivo El Pote, S.A.

Artigo 1º

O presente convenio establece as condicións das relacións de traballo entre El Pote, S.A. e os seus traballadores, e a súa regulación básica está establecida polo Estatuto dos traballadores e a ordenanza laboral de grandes almacéns, aprobada por orde do Ministerio de Traballo, de 8 de xullo de 1975.

Artigo 2º

O convenio será de aplicación para os distintos centros de traballo que a empresa ten na Coruña e a súa provincia.

Artigo 3º

Afectará a tódolos traballadores pertencentes a ela, agás os altos cargos, de acordo co establecido no número un a) do artigo 2 do Estatuto dos traballadores. Exceptúanse desta norma os traballadores complementarios e os de a tempo parcial, que se rexerán polas condicións do seu contrato individual sen seren afectados por este convenio.

Artigo 4º

A vixencia do presente convenio iniciarase a partir do 1 de xaneiro de 1995 ata o 31 de decembro do mesmo ano.

Prorrogarase automaticamente se ningunha das partes o denuncia con un mes de antelación, polo menos, ó termo da vixencia.

Artigo 5º

A clasificación do persoal será establecida na ordenanza laboral do sector e a súa definición será a reflectida nesta. Así mesmo, mantéñense as categorías profesionais creadas no convenio nacional de grandes almacéns que caducou o 31 de decembro de 1977 e que figura publicado no Boletín Oficial del Estado, número 307, con data 23 de decembro de 1975.

Artigo 6º

A xornada de traballo queda establecida en corenta horas semanais, equivalentes a mil oitocentas quince (1.815) en cómputo anual. Non obstante, para as vendas especiais de Nadal, Reis, agosto e balances, e outras datas de significación especial, prolongarase a xornada o tempo suficiente, que se retribuirá como horas extraordinarias que terán a consideración de horas estructurais. Todo o persoal fixo en 1 de xaneiro de 1991 que traballe os sábados pola tarde, librará a mañá do luns seguinte. Respecto ó persoal por tempo determinado, aplicaráselle o disposto no artigo 2 do Real decreto 860/1976, do 23 de abril de 1976 (disposición derradeira cuarta, parágrafo segundo do Estatuto dos traballadores).

Artigo 7º.-Retribucións.

Os soldos base deste convenio son os que figuran no anexo que se achega, resultantes de aplicar un aumento do 4% ós da táboa salarial revisada de 1994. O convenio revisarase con efectos do 1-1-1995, se

o IPC de 1995 supera o 4,5% e na cantidade que supere a dita porcentaxe.

Artigo 8º.-Complemento persoal de antigüidade.

Durante a vixencia deste convenio, os aumentos por antigüidade estarán constituídos por cuadrienios do seis por cento sobre os soldos base do anexo que se achega, coas limitacións establecidas no artigo 25.2º do Estatuto dos traballadores na redacción da Lei do 20 de marzo de 1980. A data inicial do cómputo da antigüidade será a do ingreso do traballador na empresa, e comezará a devengarse desde o primeiro mes no que se cumpra o período se este ten lugar do un ó quince, e desde o primeiro do mes seguinte se este fose do dezaseis en adiante. Esta mesma norma aplicarase tamén nos casos de ascensos.

Artigo 9º.-Gratificacións extraordinarias.

Mantéñense as catro xa establecidas, é dicir, as de xullo, Nadal, beneficios e fomento á cultura, e ratearase esta última en doceavas partes como se veu facendo. Cada gratificación estará constituída por trinta días de soldo base maila antigüidade, e o seu importe será rateable en proporción ó tempo traballado.

Artigo 10º.-Plus de distancia e transporte.

Para compensa-los gastos de locomoción que por estes conceptos se ocasionan, a empresa aboaralle a cada traballador un plus mensual de oito mil trinta e oito pesetas (8.038), sen distinción de categorías, mesmo nos períodos de baixa por incapacidade laboral transitoria e durante as vacacións.

O persoal que ingrese ou cese no transcurso do mes, percibirá a parte proporcional dos días traballados. O referido importe obtense da aplicación dun 4% de incremento sobre o plus revisado do ano 1994.

Artigo 11º.-Seguro de accidente.

A empresa comprométese a subscribir un seguro de accidente que cubra durante as 24 horas do día os seguintes riscos:

a) Morte por accidente.

b) Invalidez absoluta e total por accidente.

O capital asegurado será de un millón de pesetas (1.000.000 de ptas.) en ámbolos casos.

Unha vez subscrita a póliza correspondente cunha compañía aseguradora, El Pote, S.A. non responderá subsidiariamente en ningún caso do pagamento da indemnización correspondente ós accidentes aquí incluídos.

Artigo 12º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas cláusulas económicas ou de calquera índole contidas neste convenio, consideradas no seu conxunto, establécense co carácter de mínimas, polo que outros pactos, cláusulas ou situacións actualmente vixentes na empresa que impliquen condicións máis beneficiosas cás convidas, serán respectadas e non absorbidas. Serán non obstante, absorbibles, as cantidades entregadas a conta deste convenio.

Artigo 13º

Salvo disposición legal en contrario, o contido económico deste convenio manterase inalterable ó longo de 1995.

Artigo 14º.-Vacacións.

As vacacións serán de trinta días naturais independentemente da categoría laboral de cada traballador por cada ano de servicio na empresa, e liquidarase por ano natural, como se veu facendo. O persoal que ingrese ou cese no transcurso do ano, desfrutará ou se lle liquidará a parte proporcional que lle corresponda. O desfrute destas efectuarase en dous períodos, un de nove días no inverno e outro de vinteún días (tres semanas) no verán, entendéndose por meses de verán, a partir do un de xuño ata o trinta de setembro e de inverno, os restantes. Ó comeza-lo ano, a empresa establecerá o calendario de quendas de cada período. As quendas serán confeccionadas por plantas, agás o almacén e as oficinas, que o serán no seu conxunto. Seguidamente e antes do 31 de xaneiro, confeccionaranse os cadros de vacacións, que non serán modificados salvo acordo entre as partes. O traballador que por causa imputable á empresa, non puidese desfruta-lo período de vacacións de verán, percibirá, como

compensación, unha bolsa de vintecinco mil pesetas (25.000 ptas.). Cando, por causas alleas á vontade da empresa, como no caso de enfermidade ou accidentes, o traballador non puidese desfruta-las súas vacacións durante o período previsto, non se alterarán as quendas establecidas para os demais traballadores, e concederánselle noutras datas de común acordo coa empresa, sen que teña dereito a bolsa ningunha, calquera que sexa a época do desfrute, seguindo a norma destes últimos anos. As quendas de vacacións de verán comezarán sempre un luns, aínda que este sexa festivo, para non alteralas; neste caso, o traballador desfrutará un día noutra data que se fixará de común acordo entre as partes. Respecto ás de inverno, se o desfrute destas comezase un venres, o traballador non terá a obriga de reintegrarse ó traballo ata a xornada da tarde do luns na que debía comezar a traballar.

Artigo 15º.-Excedencia por maternidade.

O persoal feminino terá dereito a desfrutar un ano de excedencia voluntaria non retribuída por maternidade, con dereito a reserva de praza, para atención do recén nacido, contada desde o día da alta médica pola dita causa, e deberá solicitar con un mes de antelación como mínimo, tanto esta como logo o reingreso, para a súa efectividade.

Artigo 16º

As atribucións do comité de empresa serán en todo momento as establecidas pola lei.

Artigo 17º

Constitúese unha comisión paritaria composta por Luis Conde Gogorza e Miguel Calderón Acero por parte da empresa, e José Manuel Pérez Boedo e José Cores Agrelo, pola dos traballadores, para resolver cantas dúbidas e diverxencias poidan xurdir entre as partes, na aplicación ou interpretación deste convenio.

Artigo 18º

En todo o que non se regule no presente convenio, haberá que aterse ó disposto na lexislación xeral do traballo e, especialmente, no Estatuto dos traballadores e a ordenanza laboral de grandes almacéns.

Artigo 19º.-Premio de xubilación anticipada.

A empresa aboaralles un complemento de xubilación ós traballadores que, con dez anos de antigüidade como mínimo nela, se xubilen voluntariamente. A súa contía irá en función da seguinte escala:

Por xubilación voluntaria ós 60 anos: 14 mensualidades de salario e antigüidade.

Por xubilación voluntaria ós 61 anos: 11 mensualidades de salario e antigüidade.

Por xubilación voluntaria ós 62 anos: 8 mensualidades de salario e antigüidade.

Por xubilación voluntaria ós 63 anos: 5 mensualidades de salario e antigüidade.

Por xubilación voluntaria ós 64 anos: 1 mensualidade de salario e antigüidade.

Para a súa percepción, terá que solicitarse antes de cumpri-la idade correspondente. Nas xubilacións ós 60, 61 e 62 anos, a empresa poderá fracciona-lo pagamento en tres meses.

A partir dos 65 anos, a xubilación será obrigatoria para tódolos traballadores con dereito ó 100% da base reguladora.

Artigo 20º.-Roupa de traballo.

A empresa entregaralle a cada traballador, ó inicia-lo traballo, dúas fundas ou roupa de protección necesarias, de acordo coa ordenanza de seguridade e hixiene no traballo.

Esta roupa será renovada a medida que o uso a deteriore e, en calquera caso, a empresa entregará unha nova cada ano.

Artigo 21º.-Permisos retribuídos.

Ademais dos establecidos na lexislación vixente, os traballadores terán dereito a un día por asuntos propios logo de solicitude á empresa. Este día non será acumulable ás vacacións.

ANEXO I

TÁBOAS SALARIAIS-1995

CategoríasSoldo

mensual

Cómputo

anual

Director135.5502.265.256

Xefe de división120.4832.024.184

Xefe de centro ou sucursal105.3081.781.384

Xefe de sección 95.7801.628.936

Dependente maior 87.6341.498.600

Dependente 25 anos 81.1541.394.920

CategoríasSoldo

mensual

Cómputo

anual

Dependente 22 anos 78.8291.357.720

Dependente con menos de un ano

na empresa

75.2841.301.000

Axudante 75.2841.301.000

Oficial 1º administrativo 87.4691.495.960

Oficial 2º administrativo 81.1541.394.920

Auxiliar administrativo 76.6101.322.216

Decorador 95.7801.628.936

Axudante decoración e publicidade 81.1541.394.920

Escaparatista 94.8371.613.848

Montador de escaparates 81.1541.394.920

Profesional oficio de 1ª 81.1541.394.920

Profesional oficio de 2ª 78.8291.357.720

Mozo 76.6101.322.216
Plus de transporte 8.038 96.456

9505797