Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 19 de outubro de 1995 Páx. 7.766

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Complejo Industrial de Campaño, S.A.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo da empresa Complejo Industrial de Campaño, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-8-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, o 23-5-1995. De conformidade co disposto no artigo 2 do convenio colectivo, artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación, no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG), da devandita táboa salarial, así como da acta da comisión deliberadora, dado que contén a modificación dun artigo.

Vigo, 24 de agosto de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Comisión para a discusión do convenio colectivo de traballo para a empresa Complejo Industrial de Campaño, S.A. e empregados dela

ACTA

Comisión.

Pola empresa: Ceferino Nogueira García.

Polos traballadores: Laureano Iglesias Portas e Carlos Omil Piñeiro.

En Marín, ás 12 horas do día vintetrés de maio de mil novecentos noventa e cinco, reúnense os arriba mencionados no domicilio social da empresa, con obxecto de chegar a un acordo sobre a revisión da táboa salarial do convenio colectivo asinado o pasado vintetrés de abril de mil novecentos noventa e dous.

Despois dun amplo cambio de impresións, adóptanse por unanimidade os seguintes acordos:

Un. A táboa salarial para o exercicio de 1995 será a que se reflicta na folla anexa, resultante de aplicarlle á de 1994 un 5% de incremento.

Dous. Modifica-lo artigo 16 do convenio colectivo indicado anteriormente, que queda redactado como segue:

«Establécese o aboamento mensual para todo o persoal dun plus de transporte por importe de 5.500 pesetas».

E, non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, asinando a presente acta, así como a táboa salarial anexa, os arriba mencionados.

Pola empresa

Ceferino Nogueira García

Polos traballadores

Laureano Iglesias Portas

Carlos Omil Piñeiro

TÁBOA SALARIAL 1995

I. Titulados.

Titulado superior: 155.636.

Titulado medio, grupo A: 139.198

Titulado medio, grupo B: 129.807.

II. Administrativos.

Xefe de sección: 155.636.

Xefe de negociado: 139.198.

Oficial administrativo: 122.881.

Auxiliar administrativo: 93.864.

Aspirante de 16 a 18 anos: 71.412.

III. Subalternos.

Conserxe, cobrador, ordenana, porteiro e sereno: 81.992.

Mozo dos recados de 16 a 18 anos: 71.412.

Persoal de limpeza: 81.992.

IV. Servicios varios.

A) Categorías básicas:

Encargado de sección: 105.749.

Oficial de 1ª: 101.662.

Oficial de 2ª: 96.563.

Oficial de 3ª: 93.235.

Peón: 93.235.

Aprendiz de 16 a 18 anos: 71.412.

B) Categorías asimiladas:

Conductor de camión: 96.563.

Conductor de turismo: 96.563.

Manipulante: 96.563.

Encargado de almacén ou almaceneiro: 101.662.

Mozo de almacén: 92.380.

Cosedor/a: 92.380.

A empresaRepresentantes

RubricadoRubricado

9505798