Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo da empresa Ceferino Nogueira, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-8-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, o 23-5-1995. De conformidade co disposto no artigo 2 do convenio colectivo, artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación,
ACORDA:
Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.
Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).
Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación, no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG), da devandita táboa salarial, así como da acta da comisión deliberadora, dado que contén a modificación dun artigo.
Vigo, 24 de agosto de 1995.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra
Comisión para a discusión do convenio colectivo de traballo para a empresa Ceferino Nogueira, S.A. e empregados dela
ACTA
Comisión.
Pola empresa: Ceferino Nogueira García.
Polos traballadores: Ángel Novegil Villanueva.
En Marín, ás 12 horas do día vintetrés de maio de mil novecentos noventa e cinco, reúnense os arriba mencionados no domicilio social da empresa, con obxecto de chegar a un acordo sobre a revisión da táboa salarial do convenio colectivo asinado o pasado vintetrés de abril de mil novecentos noventa e dous.
Despois dun amplo cambio de impresións, adóptanse por unanimidade os seguintes acordos:
Un. A táboa salarial para o exercicio de 1995 será a que se reflicta na folla anexa, resultante de aplicarlle á de 1994 un 5% de incremento.
Dous. Modifica-lo artigo 16 do convenio colectivo indicado anteriormente, que queda redactado como segue:
«Establécese o aboamento mensual para todo o persoal dun plus de transporte por importe de 5.500 pesetas».
E, non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, asinando a presente acta, así como a táboa salarial anexa, os arriba mencionados.
Pola empresa
Ceferino Nogueira García
Polos traballadores
Ángel Novegil Villanueva
TÁBOA SALARIAL 1995
I. Titulados.
Titulado superior: 155.636.
Titulado medio, grupo A: 139.198
Titulado medio, grupo B: 129.807.
II. Administrativos.
Xefe de sección: 155.636.
Xefe de negociado: 139.198.
Oficial administrativo: 122.881.
Auxiliar administrativo: 93.864.
Aspirante de 16 a 18 anos: 71.412.
III. Subalternos.
Conserxe, cobrador, ordenana, porteiro e sereno: 81.992.
Mozo dos recados de 16 a 18 anos: 71.412.
Persoal de limpeza: 81.992.
IV. Servicios varios.
A) Categorías básicas:
Encargado de sección: 105.749.
Oficial de 1ª: 101.662.
Oficial de 2ª: 96.563.
Oficial de 3ª: 93.235.
Peón: 93.235.
Aprendiz de 16 a 18 anos: 71.412.
B) Categorías asimiladas:
Conductor de camión: 96.563.
Conductor de turismo: 96.563.
Manipulante: 96.563.
Encargado de almacén ou almaceneiro: 101.662.
Mozo de almacén: 92.380.
Cosedor/a: 92.380.
A empresaRepresentantes
RubricadoRubricado
9505799