Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 19 de outubro de 1995 Páx. 7.763

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 3 de outubro pola que se aproba o cambio de dominio da batea Alfa.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101, do 31 de maio) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do servicio xurídico e de planificación, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación:

Nome do viveiro: Alfa.

Cultivo: mexillón:

Localización: cuadrícula nº 25, Cambados «A».

Data da concesión: 30-1-1956 (BOE nº 38).

Data do remate da última prórroga: 7-2-2001.

Anterior concesionario: Ramón Dios Vázquez.

Novo titular concesión: Dolores García Dios.

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 3 de outubro de 1995.

P.D. (Orde 27-6-1990)

Juan M. López García

Delegado Territorial de Vigo

9505739