Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 19 de outubro de 1995 Páx. 7.763

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 25 de setembro de 1995 pola que se proclaman os candidatos a vocais do Consello Galego de Servicios Sociais e dos Consellos Provinciais de Servicios Sociais.

Advertido erro na resolución que se cita, publicada no DOG nº 193, de 6 de outubro de 1995, cómpre efectua-la seguinte rectificación:

-Na páxina 7.462, columna da esquerda, no resolve primeiro, onde se proclaman os candidatos a vocais do Consello Galego de Servicios Sociais en representación das entidades que actúan na área das minusvalideces psíquicas, débese suprimi-la candidatura de Mª del Carmen Puga Pereiro -Asociación Juan XXIII para protección de subnormais, Pontevedra, e incluírse na columna da dereita, no resolve quinto, onde se proclaman os candidatos a vocais do Consello Provincial de Servicios Sociais de Pontevedra en representación das entidades prestadoras de Servicios Sociais.

95-6604