Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 19 de outubro de 1995 Páx. 7.762

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 1995 pola que se disolven os órganos de goberno da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación, de Vilagarcía de Arousa.

Visto o expediente de suspensión dos órganos de goberno da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación, de Vilagarcía de Arousa, díctase a presente resolución en base ós seguintes feitos e fundamentos de dereito.

Feitos.

Primeiro.-Por resolución desta dirección xeral, do 5 de xullo de 1995, suspendeuse a actividade dos órganos de goberno da citada corporación, por un plazo máximo de 3 meses, e nomeouse unha comisión para o goberno da cámara durante o tempo que durou a suspensión.

Segundo.-Transcorridos tres meses desde a citada suspensión e segundo informes que constan nesta dirección, aínda subsisten as razóns que deron lugar á mesma, ademáis daquelas outras circunstancias surdidas que, se ben eran imprevisibles, nun principio están impedindo o esclarecemento e normalidade da actividade cameral, tales como, a desorde xeneralizado do arquivo, o irregular sistema de relación entre a contabilidade orzamentaria e a financeira, que dificulta o seguimento das operacións a través da contabilidade así como a carencia de documentación relativa ás sociedades anónimas participadas pola cámara. Todo isto agravado pola imposibilidade de expresa-la

súa opinión ó auditor, nas liquidacións dos orzamentos correspondentes ós exercicios de 1993 e 1994, consecuencia das grandes limitacións na documentación que lle foi facilitada.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Por Real decreto 1634/1980, do 31 de xullo, transfírense á Xunta de Galicia as competencias sobre Cámaras de Comercio, atribuídas ó Ministerio de Comercio e Turismo e por decreto da Xunta de Galicia, do 15 de outubro do mesmo ano asígnase á Consellería de Industria, Comercio e Turismo as competencias transferidas pola Administración do Estado nestas materias. Todo isto en relación co Decreto 209/1990, do 15 de marzo, de estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio; a Lei 3/1993, do 22 de marzo, Básicas das Cámaras de Comercio, Industria e Navegación; e o Regulamento xeral das mesmas, aprobado por Decreto 1291/1974, do 2 de maio, modificado polos reais decretos 753/1978 e 816/1990, do 27 de marzo e 22 de xuño, respectivamente, en canto non se opoña a dita lei.

Segundo.-De conformidade co que determina o artigo 22, en relación co artigo 25, da citada Lei 3/1993, as Cámaras Oficiais de Comercio, Industria e Navegación están suxeitas no exercicio da súa actividade á tutela da Administración do Estado ou das respectivas comunidades autónomas, no caso de que éstas asumiran estatutariamente as competencias correspondentes -o cal é o caso de Galicia-, correspondendo á Dirección Xeral de Comercio e Consumo, no exercicio de dita tutela, acorda-la disolución dos órganos de goberno das cámaras, si transcurrido o prazo de suspensión subsistisen as razóns que deron lugar a esta.

Polo tanto, transcurrindo o prazo de tres meses desde a suspensión da actividade dos órganos de goberno da Cámara de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa e subsistindo as razóns que orixinaron a mencionada suspensión, esta dirección xeral, con base no establecido no artigo 25.3º da repetida Lei 3/1993,

RESOLVE:

Primeiro.-Disolve-los órganos de goberno da Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vilagarcía de Arousa.

Segundo.-Dispoñe-la continuidade da comisión de goberno designada por resolución desta dirección xeral, de data 5 de xullo de 1995, sustituíndo a representación do Concello de Vilagarcía de Arousa por tres novos vocais.

A citada comisión exercerá as súas funcións en tanto non se proceda á elección e constitución dos novos órganos de goberno, quedando, polo tanto, constituída polas seguintes persoas:

Presidente:

-Gerardo Sánchez-Brunete Casado

Vocais:

-Filomena Casal Gómez.

-Antonio Landesa Miramontes.

-Manuel Barreiro Romero.

-Ramón Moral Riestra.

-Francisco Redondo Penide.

-José Luis Nogueira Rodríguez.

-Alejandro Padín Millán.

-Elías Rey Bóveda.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no plazo de dous meses, a partir do día seguinte ó da súa notificación, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xusticia de Galicia, así como calquera outro que en dereito proceda.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1995.

Francisco Gallegos Martínez

Director xeral de Comercio e Consumo

6705