Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Xoves, 19 de outubro de 1995 Páx. 7.762

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 outubro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 1663/1995, interposto pola Asociación gallega para la libertad de idioma.

Comunícase, para xeral coñecemento, que con esta data se lle remite ó Presidente da Sección 1ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o expediente reclamado por ela en relación co recurso contencioso-administrativo interposto pola Asociación gallega para la libertad de idioma contra o Decreto 247/1995, do 14 de setembro, da Xunta de Galicia (DOG do 15 de setembro), co fin de que poidan comparecer perante o devandito tribunal, no prazo de nove días, cantos aparezan como interesados nel, de conformidade co establecido no artigo 64 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, segundo a redacción dada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, sobre medidas urxentes de reforma procesal.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 1995.

Juan José Bértolo Cadenas

Secretario Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

6663