Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 18 de outubro de 1995 Páx. 7.736

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia da revisión salarial do convenio colectivo da empresa Internacional de Comercio y Servicios, S.L.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo da empresa Internacional de Comercio y Servicios, S.L., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-8-1995, subscrito, en represesentación da parte económica, por unha representación da empresa, e da parte social, polos delegados de persoal, en data 23-5-1995. De conformidade co disposto no artigo 2 do convenio colectivo, artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia,

en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia, da táboa salarial, así como da acta da comisión deliberadora, dado que contén a modificación dun artigo.

Vigo, 24 de agosto de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo

Comisión para a discusión do convenio colectivo de traballo para a empresa Internacional de Comercio e Servicios, S.L. e empregados dela.

ACTA

Comisión.

-Pola empresa: Ceferino Nogueira García.

-Polos traballadores:

Ana Cid Maquieira.

Mª Elvira Otero López.

Lisardo Gálvez Álvarez.

Ignacio López-Bachiller Fernández.

Santiago Nogueira García.

En Marín, sendo as doce horas do día vintetrés de maio de mil novecentos noventa e cinco, reúnense os arriba mencionados no domicilio social da empresa, co obxecto de chegar a un acordo sobre a revisión da táboa salarial do convenio colectivo asinado o pasado vintetrés de abril de mil novecentos noventa e dous.

Despois dun amplo cambio de impresións, adóptanse por unanimidade os seguintes acordos:

Un. A táboa salarial para o exercicio de 1995 será a que se reflicte en folla anexa, resultante de lle aplicar á de 1994 un 5% de incremento.

Dous. Modifica-lo artigo 16 do convenio colectivo indicado anteriormente, quedando redactado como segue:

«Establécese o aboamento mensual para todo o persoal dun plus de transporte por importe de 5.500 pesetas».

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, asinando a presente acta, así como a táboa salarial anexa, os señores arriba mencionados.

-Pola empresa: Ceferino Nogueira García.

-Polos traballadores:

Ana Cid Maquieira.

Mª Elvira Otero García.

Lisardo Gálvez Álvarez.

Ignacio López Bachiller.

Santiago Nogueira García.

Táboa salarial 1995

I. Titulados.

Titulado superior 155.636

Titulado medio-grupo A 139.198

Titulado medio-grupo B129.807

II. Administrativos

Xefe de sección 155.636

Xefe de negociado 139.198

Oficial administrativo 122.881

Auxiliar administrativo 93.864

Aspirante de 16 a 18 anos 71.412

III. Subalternos

Conserxe, cobrador, ordenanza, porteiro

e sereno 81.992

Botóns de 16 a 18 anos 71.412

Persoal de limpeza 81.992

IV.Servicios varios

A) Categorías básicas

Encargado de sección 105.749

Oficial de 1ª 101.662

Oficial de 2ª 96.563

Oficial de 3ª 93.235

Peón 93.235

Aprendiz de 16 a 18 anos 71.412

B) Categorías asimiladas

Conductor de camión 96.563

Conductor de turismo 96.563

Manipulante 96.563

Encargado de almacén ou almaceneiro 101.662

Cosedor/a 92.380

95-5873