Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Mércores, 18 de outubro de 1995 Páx. 7.730

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de limpeza de edificios e locais.

Visto o texto do convenio colectivo para o sector de limpeza de edificios e locais (código 2700335), da provincia de Lugo, asinado o 18 de xullo de 1995, polas representacións da asociación de empresarios do sector e das centrais sindicais, UGT, CC.OO. e CIG, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo. Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado convenio colectivo no rexistro de convenios desta delegación, así como o seu depósito.

Segundo.-Remiti-lo texto do citado convenio colectivo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Lugo, 2 de agosto de 1995.

(Dto. 13/1994, do 20-1)

Carlota Novo Ríos

Secretaria provincial de Lugo

ACTA

En Lugo, sendo ás 12 horas do día 18 de xullo de 1995, reúnense nos locais da CEL as persoas á marxe relacionadas, integrantes todas elas da comisión negociadora do convenio colectivo do sector de limpeza de edificios e locais da provincia de Lugo, adoptando os seguintes,

ACORDOS:

Primeiro.-Aproba-lo texto do convenio colectivo de limpezas de edificios e locais de Lugo para os anos 1995 e 1996, que se anexa á presente acta, para o cal as partes contan coa capacidade legal necesaria segundo se expresa na acta de constitución da comisión negociadora.

Segundo.-Ámbalas dúas partes acordan remiti-la presente acta e documentos adxuntos á autoridade laboral competente para os efectos da súa aprobación e publicación.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión á que corresponde a presente acta, que os

asistentes asinan en proba de conformidade, en lugar e data sinalados no encabezamento.

-Asistentes:

-Pola asociación:

José Félix Valderrey.

Julio Rodríguez Lombardía.

José Romero García.

José Luis Novoa Díaz.

Pedro Montero Fernández.

Luis Quintana Pequeño.

-Polas centrais sindicais:

CIG (83%):

Mª del Carmen Antas Pérez.

Isabel López Fraga.

Amparo López Yáñez.

Virginia Pérez Portela.

Julia López Real.

Ángela Pena Blanco.

Victoria Casanova Cibreiro.

UGT (4%):

Mª Nieves Gil Rodríguez.

Juan Carlos Araújo Rodríguez (asesor).

Pedro Morcuende Suárez (asesor).

CC.OO. (13%):

Manuel Núñez López.

Anselmo Sampedro Ania.

Texto articulado do convenio colectivo provincial de limpeza de edificios e locais de Lugo

Capítulo I

Ámbito de aplicación e duración

Artigo 1º.-Ámbito territorial e persoal.

As estipulacións deste convenio colectivo teñen carácter de mínimas e son de aplicación a todo o persoal que presta os seus servicios nas empresas dedicadas á limpeza de edificios e locais que realizan os seus traballos na provincia de Lugo, aínda cando o domicilio social das empresas radique noutra provincia.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

A vixencia do presente convenio inícase o 1 de xaneiro de 1995 e remata o 31 de decembro de 1996. Chegado o final da vixencia, estimarase prorrogado tacitamente de ano en ano, se non media denuncia dunha das partes que terá que formularse cunha antelación mínima de dous meses, respecto da data de expiración do prazo de vixencia do convenio ou de calquera das súas prórrogas.

Non obstante, a denuncia do convenio non significa modificación ningunha na aplicación do seu texto articulado que continuará vixente ata a súa substitución polo novo, nos termos que as partes establezan.

Capítulo II

Xornada, vacacións, horas extraordinarias, licencias e contratación eventual

Artigo 3º.-Xornada laboral.

A xornada laboral establécese nun máximo de 40 horas semanais efectivas de traballo, para tódolos traballadores afectados polo presente convenio.

Os días 24 e 31 de decembro consideraranse con carácter xeral como xornada non laborables. Nembargantes, nos casos en que sexa necesario, por así demandalo a empresa ou organismo arrendatario dos servicios de limpeza, o persoal que presta servicios nestes centros de traballo virá obrigada a realizar un servicio mínimo nas seguintes condicións: a xornada de traballo verase reducida na metade do tempo da que se realiza habitualmente, rematando os labores antes das 18 horas. Nestes casos a empresa e a representación dos traballadores negociarán a forma de compensar, ben economicamente a través do plus de traballo en domingos e festivos previsto no artigo 16 bis do presente convenio, ben mediante descansos, a reducción antes aludida. Tal compensación negociarase igualmente para aquelas persoas que, pola natureza do traballo que desenvolven, realicen as súas funcións en quendas rotatorias, persoas que se exceptúan das reduccións horarias previstas neste artigo.

Para o ano 1995, dado que o día 8 de decembro é festivo, establécese unha ponte por mor da cal será non laborable o día 9 de decembro de 1995. Nembargantes, naqueles supostos nos que, tal e como se sinala no parágrafo anterior, haxa unha necesidade de presta-lo servicio, aplicaranse as mesmas normas que as sinaladas para o traballo nas datas do 24 e 31 de decembro.

Artigo 4º.-Descansos.

Todo traballador que en cómputo semanal realice 40 horas de traballo efectivo terá dereito a quince minutos de descanso, computable para tódolos efectos como tempo de traballo.

O dito descanso gozarase da seguinte maneira:

A) Persoal en quenda de mañá: entre as 11 e as 11.15 horas.

B) Persoal en quenda de tarde: entre as 18 e as 18.15 horas.

C) Persoal cunha xornada que non coincida coas quendas sinaladas anteriormente: nos quince minutos seguintes á metade da xornada.

D) Persoal en xornada de mañá e tarde: nos quince minutos seguintes á metade do horario da mañá.

Artigo 5º.-Vacacións.

O período de vacacións será de 30 días e serán gozadas entre os meses de maio e setembro, salvo petición concreta dos traballadores interesados noutra data.

O persoal de novo ingreso ou que non devengue vacacións completas terá dereito a gozar no dito ano un número de días proporcional ó tempo de servicio.

Cando un traballador preste servicios para dúas o máis empresas, deberan éstas poñerse de acordo sobre a data de desfrute do período vacacional. No caso de discrepancia reunirase, preceptivamente, a comisión de vixilancia do convenio prevista na disposición derradeira primeira.

O persoal deberá concretar durante o mes de marzo a petición de vacacións para que, unha vez planificadas as necesidades da empresa, e oída a representación sindical, se faga pública no taboleiro de anuncios, antes do 1 de maio, a relación definitiva de quendas. Os traballadores poderán establecer quendas rotativas para sucesivos anos.

En calquera caso, e con independencia do sistema establecido, cabe a posibilidade de permuta de datas de goce, entre os traballadores, sempre que non haxa problemas de tipo organizativo.

Durante o período de vacacións non se percibirá o sobresoldo de transporte nin o sobresoldo de asistencia.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias.

Soamente se realizarán motivadas por forza maior ou as estructurais, entendendo por tales, ademais das previstas no decreto regulador, as necesidades por períodos punta de producción, ausencias imprevistas, baixas de enfermidade ou accidente que non motiven substitución superior a 15 días, por permisos retributivos e polo tempo debido a desprazamentos.

Artigo 7º.-Licencias retribuídas.

Aplicarase o establecido na ordenanza laboral do sector e Real decreto legislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei do Estatuto dos traballadores.

En todo caso, o traballador, avisando coa suficiente antelación e posterior xustificación, terá dereito ós seguintes permisos retribuídos:

A) 18 días naturais en caso de matrimonio.

B) 2 días naturais por cambio de domicilio.

C) 3 días naturais por falecemento, enfermidade grave ou intervención cirúrxica de relevancia de parente por consaguinidade ou afinidade ata o segundo grao. Se o feito ocorrera noutra provincia, o permiso ampliarase a dous días naturais máis.

D) Polo tempo necesario ata un máximo de 16 horas anuais para asistir a consulta médica, podéndose fraccionar estas ausencias.

E) Polo tempo necesario para o cumprimento de deberes públicos.

F) 3 días, sen retribuír, para asuntos propios.

Artigo 8º.-Contratación eventual.

No uso da posibilidade prevista no artigo 3 do Real decreto 2546/1994, no ámbito de aplicación do presente convenio poderanse concerta-los contratos eventuais previstos no artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995 cunha duración máxima de doce meses dentro dun período de 18 meses. No caso de

concertarse tales contratacións por prazo inferior a doce meses, poderán ser prorrogadas mediante acordo das partes, sen que a duración total do contrato poida exceder do dito límite máximo.

A posibilidade de concertar contratos eventuais dos previstos no artigo 15.1º b) do Real decreto lexislativo 1/1995 coa duración máxima prevista no presente artigo non poderá empregarse para o caso dos contratos concertados por tempo inferior a 12 horas á semana ou 48 horas ó mes.

Capítulo III

Mellora das condicións de traballo

Artigo 9º.-Situacións particulares.

Durante o embarazo, a muller traballadora terá dereito a que se lle asigne un posto de traballo que esixa menos esforzo físico que o que vén realizando habitualmente, se iso fose posible e existise o dito posto.

Artigo 10º.-Recoñecementos médicos.

As empresas velarán pola práctica de recoñecementos médicos iniciais e periódicos, conforme o establecido polas disposicións vixentes.

Pola súa parte, os traballadores virán obrigados a someterse a contos recoñecementos médicos dispoñan as empresas a cargo delas, tanto en situación activa coma en situación de IT ou análoga.

Os recoñecementos médicos orientaranse preferentemente ás enfermidades máis habituais do sector, efectuándose, sempre que sexa posible, dentro da xornada laboral do traballador e facendo entrega a este do resultado do recoñecemento.

Artigo 11º.-Roupa de traballo.

As empresas entregarán ós traballadores a roupa e material de traballo necesarios, en cada caso, para o desenvolvemento das funcións que teñan asignadas, sendo de obrigado cumprimento a entrega anual dos uniformes. Así mesmo entregaranse guantes, calzado e roupas de auga sempre que fora necesario.

Capítulo IV

Adscrición de persoal

Artigo 12º.-Adscrición de persoal.

1. Cando a empresa na que viñese realizándose o servicio de limpeza a través dun contratista, tome ó seu carto, directamente, o dito servicio, non estará obrigado a continuar co persoal que viñera prestando servicios ó contratista concesionario, se a limpeza ha realizarse cos traballadores do seu cadro de persoal e, polo contrario, deberá incorporalos á mesma se, para o referido servicio de limpeza, debrerá contratar novo persoal.

Os traballadores dun contratista do servicio de limpeza que desenvolveran a súa xornada de traballo nun determinado centro ou contrata, pasarán ó vencemento da concesión, á nova empresa adxudicataria dela, se existise, calquera que fose a súa vinculación xurídico-laboral coa súa anterior empresa, sempre que

tivesen no centro unha antigüidade mínima de seis meses.

O persoal que viñese prestando servicios en dous ou máis centros ou contratas deberá pasar á situación legal de pluriemprego cando, con ocasión do cambio de titularidade dunha delas, tivera que chegar a depender de dous ou máis empresarios.

Os traballadores que, no momento de cambio de titularidade dunha contrata, se encontrasen enfermos, accidentados, en excedendcia, cumprindo o servicio militar ou en situación análoga, pasarán a estar adscritos á nova titular, que se subrogará en tódolos dereitos e obrigas da empresa saínte.

O persoal contratado interinamente para a substitución dos traballadores a que se refire o parágrafo anterior pasará á nova empresa adxudicada ata o momento da reincorporación destes.

Se por esixencias do cliente tivera que ampliarse a contrata con persoal de novo ingreso, este será incorporado pola empresa entrante.

De ningún modo se producirá a adscrición do persoal no suposto do contratista que realice a primeira limpeza e non teña subscrito contrato de mantemento.

2. A empresa entrante comunicará á empresa saínte, de maniera fidedigna, que é a nova adxudicataria do servicio.

3. A empresa saínte estará obrigada a notificarlle á entrante o seu cesamento no servicio, así como a relación nominal do persoal que debe ser absorvido, incluíndo ós traballadores que, por encontrarse en situación de suspensión do contrato de traballo, eventualmente, puideran chegar a solicita-la súa reincorporación ó mesmo posto de traballo que ocupaban anteriormente.

Igualmente deberán pór no seu coñecemento, no prazo de 48 horas, as condicións laborais do dito persoal (categoría profesional, antigüidade, xornada, horario, prestacións da Seguridade Social, etc.).

A requirimento da nova empresa adxudicataria, a empresa saínte estará obrigada a acreditar documentalmente que se atopa ó día das súas obrigas respecto do persoal transvasado, mediante a exhibición das liquidacións finais e as nóminas e boletíns de cotización á Seguridade Social correspondentes ós tres últimos meses.

4. O presente artigo, que será de obrigado cumprimento para as partes ás cales vincula (empresario principal, empresa cesante, nova adxudicación e traballador), substitúe integramente ó artigo 13 da vixente ordenanza laboral do sector.

Non desaparece o seu carácter vinculante no caso de que a empresa principal suspendese o servicio por un período non superior a seis meses, se a empresa saínte probase fidedignamente que os servicios fosen reiniciados por un novo contratista.

Capítulo V

Retribucións

Artigo 13º.-Salario.

Durante o primeiro ano de vixencia deste convenio, os traballadores afectados percibirán os salarios establecidos en táboa anexa, que reflicte un incremento global do 4,60%.

Para o período comprendido entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro do ano 1996, incrementaranse na contía global do 4,75%.

O importe total que representa o incremento citado distribuirase da seguinte forma: 80% ó soldo base, 10% ó sobresoldo de transporte e 10% ó sobresoldo de asistencia.

Artigo 14º.-Sobresoldo de asistencia.

Os traballadores afectados por este convenio percibirán durante o ano 1995 a cantidade de 154 pesetas por día de traballo efectivo.

Artigo 15º.-Sobresoldo de transporte.

Os traballadores afectados por este convenio percibirán durante o ano 1995 a cantidade de 174 pesetas por día efectivo de traballo, con independencia dos medios de transporte ou distancia que, en cada caso, existan entre o centro de traballo e o domicilio respectivo.

Artigo 16º.-Sobresoldo tóxico, penoso e perigoso.

En canto á regulación deste concepto e o seu aboamento, aplicarase o disposto na ordenanza laboral do sector e lexislación xeral.

Artigo 16, bis.-Sobresoldo de traballo en domingos e festivos.

Os traballadores percibirán 1.300 pesetas como compensación por cada domingo ou día festivo no que realicen xornada laboral, con independencia das demais retribucións que, segundo o presente convenio, puderan corresponderlles.

Artigo 17º.-Sobresoldo de nocturnidade.

O incremento por trablallo nocturno consistirá nun 25% do salario base, regulamentándose polas normas contidas na ordenanza laboral do sector e lexislación xeral.

Artigo 18º.-Antigüidade.

Establécese un complemento persoal de antigüidade por cada período de tres anos de servicios prestados na mesma empresa.

O importe de cada trienio será para cada traballador dunha contía igual ó 4% do salario base.

Artigo 19º.-Gratificacións extraordinarias.

Os traballadores terán dereito a dúas pagas extraordinarias, que serán percibidas o día laborable anterior

ó 25 de xullo e 22 de decembro, respectivamente. As ditas pagas serán percibidas na contía de 30 días do salario base máis antigüidade.

Como norma xeral, o devengo das gratificacións extraordinarias previstas neste artigo, así como a prevista no artigo seguinte, será anual. Nembargantes, aquelas empresas que veñan empregando o devengo semestral deberán de especificar nas nóminas relativas ás gratificacións extraordinarias o emprego de tal devengo.

Artigo 20º.-Paga de beneficios.

A paga de beneficios será de 30 días.

Será percibida durante o primeiro trimestre do ano, de acordo con salario base, máis antigüidade vixente ó 31 de decembro do ano anterior.

Artigo 21º.-Anticipos.

Os traballadores afectados polo presente convenio, poderán solicitar anticipos a conta dos seus salarios cuha antelación mínima de de 48 horas á data de pagamento. A este respecto, a mesma queda establecida nos días 15 de cada mes.

Artigo 22º.-Axudas de custo.

As porcentaxes establecidas no artigo 42 da ordenanza laboral vixente (55%, 100% e 150%) aplicaranse sobre o salario base do presente convenio para os efectos de determinación do prezo dos diferentes tipos de axudas de custo.

Artigo 23º.-Pagamento de nómina.

As empresas deberán aboar dentro dos dez primeiros días de cada mes os salarios devengados no mes anterior. Se o día de aboamento fora inhábil, o pagamento da nómina deberá adiantarse ó día hábil inmediatamente anterior.

Artigo 24º.-Persoal de xornada limitada.

Os traballadores contratados por xornada inferior á ordinaria do sector, gozarán, como mínimo, de iguais salarios e demais percepcións económicas cos traballadores contratados a tempo completo, se ben na proporción correspondente á xornada que realicen.

Para os efectos de facilitar que os/as traballadores/as a xornada parcial que presten servicios nun centro de traballo no que se amplíe a xornada vexan incrementada a súa xornada labora, a empresa non terá que recoñecer con respecto á nova xornada entón ampliada e, polo tanto, aboa-la antigüidade que os/as traballadores/as tiveran recoñecida polo resto da xornada.

Terán, non obstante, os demais dereitos que a lei e o presente convenio recoñecen ós traballadores a tempo completo.

Artigo 25º.-Vinculación á totalidade.

O presente convenio constitúe un todo orgánico e indisible, polo que os acordos contidos nel unicamente teñen validez considerados conxuntamente. Se algun

ha das súas partes fora declarada sen efecto pola xurisdicción competente deberá reconsiderarse o seu conxunto globalmente.

Artigo 26º.-Complemento de IT.

En caso de hospitalización, calquera que sexa a súa causa, o traballador, logo de xustificación correspondente, percibirá o 100% do salario de convenio máis antigüidade, mentres dure esta.

O traballador que cause baixa por accidente laboral acaecido no centro de traballo, percibirá o 100% do salario de convenio máis antigüidade, desde o primeiro día da baixa e mentres dure esta. Se o accidente laboral se producira fóra do lugar de traballo, a empresa completará o dito salario a partir do décimo día da baixa.

Artigo 27º.-Revisión de táboas salariais.

No suposto de que o IPC real oficial estatal correspondente ó ano 1995 sexa superior ó incremento salarial pactado para o ano 1995 (4,60%) a diferencia respecto de tal incremento pasará a engrosa-las táboas salariais sobre as que se aplicará o incremento salarial pactado para o ano 1996, sen que tal incremento resultado da revisión dea lugar á xeración de retrasos.

Capítulo VI

Acción social

Artigo 28º.-Xubilacións anticipadas.

Os traballadores que se xubilen voluntariamente antes de alcanza-la idade regulamentaria percibirán as seguintes cantidades, segundo a idade:

-Ós 60 anos: 175.000 ptas.

-Ós 61 anos: 150.000 ptas.

-Ós 62 anos: 125.000 ptas.

-Ós 63 anos: 100.000 ptas.

As cantidades mencionadas para aquelas persoas contratadas a xornada completa. Nos contratos a tempo parcial serán percibidas proporcionalmente ó tempo contratado.

Capítulo VII

Acción sindical

Artigo 29º.-Dereitos sindicais.

Aplicarase o disposto no vixente Estatuto dos traballadores e a Lei de liberdade sindical.

Os delegados de persoal pertencentes a empresas afectadas polo presente convenio gozarán como mínimo, dun crédito de 15 horas sindicais mensuais retribuídas para tódolos efectos. Non obstante, se as ditas horas foran insuficientes para cubrir dúas xornadas de traballo, ampliaríase a licencia ás horas que comprende estas dúas xornadas. Quedan excluídas destas horas as empregadas polos delegados de persoal para asistencia á negociación colectiva deste sector.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Comisión de vixilancia.

Desígnase unha comisión paritaria mixta que intervirá nas cuestións que suscite a aplicación do presente convenio e que estará integrada polos seguintes membros:

-En representación das empresas: os presentes na sinatura do convenio (6 membros).

-En representación dos traballadores: os presentes na sinatura do convenio (4 de CIG, 1 de UGT e 1 de CC.OO.).

A dita comisión terá o seu domicilio en Lugo, Ronda da Muralla, número 58.

Segunda.-Normas subsidiarias.

No non previsto neste convenio, aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores, ordenanza de traballo do sector e demais disposicións legais vixentes.

Terceira.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas e de calquera índole contidas no presente convenio, teñén o carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas ou situacións implantadas polas empresas que impliquen condicións máis beneficiosas para os traballadores con respecto ó presente convenio, subsistirán para aqueles que as veñen gozando, sen que poida interpretarse sobre as chamadas condicións máis beneficioasas, haxa de computarse a mellora económica que supón o presente convenio, salvo que se pacte expresamente.

Cuarta.-Ámbalas partes someten o acordado á posible negociación dun convenio colectivo de ámbito territorial de Galicia.

Quinta.-Formación profesional.

As partes signatarias acordan constituír unha comisión paritaria provincial sectorial de formación profesional, integrada por 1 representante de cada unha das centrais sindicais asinantes do convenio e un número de representantes da Asociación Provincial de Empresarios de Limpezas de Edificios e Locais de Lugo, igual ó total das centrais sindicais.

Serán funcións desta comisión:

-Requirir das administracións autonómicas competentes o recoñecemento desta comisión como interlocutor social sectorial, que reciba a información existente sobre programas e cursos de formación profesional con financiamento oficial que afectan ó sector de limpeza, co fin de colaborar tanto nos que estean en marcha, como nos que se poden programar en diante.

-Elaborar estudios sobre necesidades e requirimentos de formación profesional no sector para chegar a defini-la organización e programación dela, tanto ocupacionalmente coma regulamentaria (observatorio ocupacional).

-Elaborar plans formativos necesarios para consegui-la homologación das cualificacións profesionais de traballadores técnicos, administrativas e manuais, cos seus equivalentes na Comunidade Económica Europea con vistas á entrada en vigor do mercado único.

-Cantas outra funcións a comisión se atribúa, orientadas ó desenvolvemento e mellora da formación profesional no sector na provincia de Lugo.

Sexta.-Póliza de accidentes.

As empresas afectadas por este convenio colectivo subscribirán pólizas de seguro colectivo en favor de todos e cada un dos traballadores por un capital de:

-Morte ou invalidez total: 2.000.000 de ptas.

-Invalidez absoluta ou grande invalidez: 2.500.000 ptas.

As ditas continxencias deberán derivarse en calquera caso de accidente laboral, incluído o accidente in itinere e as indemnizacións fixadas serán totalmente independentes daquelas que lles corresponden ós traballadores en virtude da lexislación laboral vixente.

Todos aqueles traballadores que realicen menos de 1/2 xornada terán como capitais asegurados o 50% dos expresados anteriormente.

As empresas incluídas no ámbito deste convenio subscribirán as ditas pólizas nun prazo de un mes desde a publicación do presente convenio colectivo no DOG.

Sétima.-Cota sindical.

Os traballadores poderán solicitar da empresa o desconto en nómina da cota sindical. Esta solicitude deberá realizarse por escrito no que conste a central sindical e o nº de conta bancaria da mesma onde a empresa teña que ingresa-las cotas retidas ós seus afiliados.

Disposición adicional

Primeira.-Normalización lingüística.

As partes asinantes do convenio comprométese a emprega-lo idioma galego como medio de expresión nas súas relacións laborais.

Segunda.-Atrasos.

As empresas comprométense a paga-los atrasos xerados no prazo de un mes desde a publicación deste convenio no DOG.

Táboa salarial vixente durante 1995

Categoría profesionalSal. base

mes/día

Sal. base

anual

Pagas extra

Xul. Nav. Dic.

Plus

Transp.

Plus

Asist.

Total

devengado

Grupo I. Subgrupo 1º

Persoal directivo

Director104.5581.254.696313.67447.73042.2501.658.350
Director comercial99.7561.197.072299.26847.73042.2501.586.320
Director administrativo99.7561.197.072299.26847.73042.2501.586.320
Xefe de persoal99.7561.197.072299.26847.73042.2501.586.320
Xefe de compras99.7561.197.072299.26847.73042.2501.586.320
Xefe de servicios99.7561.197.072299.26847.73042.2501.586.320

Grupo I. Subgrupo 2º

Persoal titulado

Titulado grao superior89.9841.079.808269.95247.73042.2501.439.740
Titulado grao medio87.0691.044.828261.20747.73042.2501.396.015
Titulado laboral ou profesional79.377952.524238.13147.73042.2501.280.635

Grupo II. Persoal

administrativo

Xefe administrativo de 1ª86.9081.042.896260.72447.73042.2501.393.600
Xefe administrativo de 2ª85.6111.027.332256.83347.73042.2501.374.145
Caixeiro82.481989.772247.44347.73042.2501.327.195
Oficial de 1ª80.806969.672242.41847.73042.2501.302.070
Oficial de 2ª77.677932.124233.03147.73042.2501.255.135
Auxiliar74.601895.212223.80347.73042.2501.208.995
Telefonista69.795837.540209.38547.73042.2501.136.905
Aspirante (menor de 18 amos)64.991779.892194.97347.73042.2501.064.845
Cobrador69.795837.540209.38547.73042.2501.136.905

Categoría profesionalSal. base

mes/día

Sal. base

anual

Pagas extra

Xul. Nav. Dic.

Plus

Transp.

Plus

Asist.

Total

devengado

Grupo III. Persoal

mandos intermedios

Encargado xeral84.9061.018.872254.71847.73042.2501.363.570
Supervisor ou encargado de zona82.481989.772247.44347.73042.2501.327.195
Supervisor ou encargado do sector79.997959.964239.99147.73042.2501.289.935
Encargado grupo ou edificio2.433888.045218.97047.73042.2501.196.995
Responsable de equipo2.343855.195210.87047.73042.2501.156.045

Grupo IV. Persoal

subalterno

Ordenanza68.987827.844206.96147.73042.2501.124.785
Almaceneiro68.987827.844206.96147.73042.2501.124.785
Listeiro68.987827.844206.96147.73042.2501.124.785
Vixiante68.987827.844206.96147.73042.2501.124.785
Botóns (menor de 18 anos)63.587763.044190.76147.73042.2501.043.785

Grupo V. Persoal

obreiro

Especialista2.543928.195228.87047.73042.2501.247.045
Peón especializado2.387871.255214.83047.73042.2501.176.065
Limpador/limpadora2.294837.310206.46047.73042.2501.133.750
Conductor/limpador2.607951.555234.63047.73042.2501.276.165

Grupo VI. Persoal

oficios varios

Oficial2.543928.195228.87047.73042.2501.247.045
Axudante2.387871.255214.83047.73042.2501.176.065
Peón2.294837.310206.46047.73042.2501.133.750
Aprendiz (menor de 18 anos)2.168791.320195.12047.73042.2501.076.420

95-5796