Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 13 de outubro de 1995 Páx. 7.600

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 21 setembro de 1995 pola que se establecen os prezos privados por servicios prestados nos laboratorios dependentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu capítulo I do título II, que os prezos privados serán fixados polas consellerías atendendo ás condicións e circunstancias do mercado no que operen.

A Lei 8/1991 do 23 de xullo, de reforma da Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, do Sergas, establece no seu artigo 4 d) como competencia da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, aproba-los módulos económicos para a prestación de servicios propios e concertados, así como a súa modificación e revisión.

A Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, a través dos laboratorios das distintas delegacións provinciais vén prestando de xeito asiduo unha serie de servicios nos que existe concorrencia coa oferta privada, en consecuencia, o seu prezo como o de todos aqueles que non se recollen na presente orde é o de mercado.

En virtude de todo isto, por proposta da Dirección Xeral de Recursos Económicos e logo de informe da Consellería de Economía e Facenda,

DISPOÑO:

Artigo 1º.- Atendendo ás condicións e circunstancias de mercado fíxanse os prezos privados como consecuencia da prestación de determinados servicios polos laboratorios dependentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais que aparecen recollidas no anexo da presente orde.

Artigo 2º.-As tarifas fixadas no anexo enténdense, se é o caso, co IVE incluído.

Artigo 3º.-Estarán exentos do pagamento as análises que se soliciten como consecuencia dun procedemento que se realice a instancias dun organismo da Comunidade Autónoma, así como aquelas análises que se realicen como consecuencia dunha denuncia pública.

Artigo 4º.-Os ingresos que se produzan consignaranse no código de ingresos nº 362300, en cumprimento da orde da Consellería de Economía e Facenda do 29-6-1994 no seu anexo I.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no DOG.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO

1. Análise de auga.

a) De auga potable de consumo público, segundo o establecido no Real decreto 1138/1990, do 14 de setembro, polo que se aproba a regulamentación técnica sanitaria para o abastecemento e control de calidade de augas potables de consumo público:

Mínima5.250 ptas.

Normal13.650 ptas.

Completa249.900 ptas.

b) De augas envasadas:

Bacteriolóxico15.750 ptas.

Físico-químico11.550 ptas.

c) Cando se utilicen as determinacións analíticas de metais pesados por absorción atómica o prezo por cada unha será:

-Ferro (Fe)3.500 ptas.

-Manganeso (Mn)3.500 ptas.

-Cobre (Cu)3.500 ptas.

-Zinc (Zn)3.500 ptas.

-Cadmio (Cd)3.500 ptas.

-Cromo (Cr)3.500 ptas.

-Níquel (Ni)3.500 ptas.

-Chumbo (Pb)3.500 ptas.

-Arsénico (As)4.500 ptas.

-Mercurio (Hg)4.500 ptas.

2. Nas análises de aceites, o seu importe está en función de cada un dos parámetros seguintes:

-Ácidos grasos (CG)6.300 ptas.

-Esterois (TLC, CG)12.600 ptas.

-Colorantes3.700 ptas.

-Acidez1.300 ptas.

-Peróxidos1.300 ptas.

-Índice de refracción550 ptas.

-Índice de saponificación1.600 ptas.

-Índice de iodo1.600 ptas.

-Antioxidantes (HPLC)5.250 ptas.

-Insaponificable1.900 ptas.

-Anilina (CG)5.250 ptas.

-Anilidas6.300 ptas.

3. Análises de meles.

-Bacteriolóxica14.200 ptas.

-Físico-químico3.150 ptas.

4. Análises de ovos.

-Bacteriológica12.600 ptas.

5. Detección de metais pesados en alimentos por absorción atómica.

-Ferro (Fe)5.000 ptas.

-Manganeso (Mn)5.000 ptas.

-Cobre (Cu)5.000 ptas.

-Zinc (Zn)5.000 ptas.

-Cadmio (Cd)5.000 ptas.

-Cromo (Cr)5.000 ptas.

-Níquel (Ni)5.000 ptas.

-Chumbo (Pb)5.000 ptas.

-Arsénico (As)6.500 ptas.

-Mercurio (Hg)6.500 ptas.

6. Análise de detección de pesticidas.

En augas:

-Global (cando se analizan varios pesticidas e refírense todos a unha cantidade)15.250 ptas.

-Unitaria (cando se analiza un pesticida por separado)17.800 ptas.

En alimentos:

-Global (cando se analizan varios pesticidas e refírense todos a unha cantidade)32.550 ptas.

-Unitaria (cando se analiza un pesticida por separado)52.500 ptas.

7. Análise de viños e licores.

-Acidez1.100 ptas.

-Ácidos volátiles1.100 ptas.

-Alcohois superiores (CG)5.250 ptas.

-Grao alcohólico1.275 ptas.

-Aflatoxinas3.150 ptas.

-Aflatoxinas (HPLC)8.400 ptas.

-Axentes secuestrados7.350 ptas.

-Esteres5.250 ptas.

-Fluoruros2.100 ptas.

-Ftalatos (HPLC)7.350 ptas.

-Híbridos productores directos1.600 ptas.

-Marcadores (CG)6.300 ptas.

-Metanol5.250 ptas.

-Metil-etil cetona5.250 ptas.

-Microbioloxía1.600 ptas.

-Sulfuroso1.100 ptas.

-Tolueno5.250 ptas.

8. Análises con determinacións por HPLC.

-Conservantes5.350 ptas.

-Marcadores de alcohois6.300 ptas.

-Azúcares7.350 ptas.

9. Análises que se realizan con base no plan nacional de investigación de residuos con parámetros de:

-Inhibidores52.500 ptas.

-Clembuterol33.600 ptas.

-Hormonais52.500 ptas.

-Tirostáticos33.600 ptas.

-Pesticidas52.500 ptas.

10. Análises nas que se utilicen diversos parámetros:

-Bases nitrogenadas volátiles5.250 ptas.

-Cinzas2.100 ptas.

-Esteres e alcohis superiores5.250 ptas.

-Esteres metílicos e ácidos grasos6.100 ptas.

-Graxas2.100 ptas.

-Hidrocarburos6.300 ptas.

-Humidade1.150 ptas.

-Metabisulfito (pescado)15.750 ptas.

-Nitratos (queixo)21.000 ptas.

-Proteínas2.100 ptas.

-PH (alimentos)1.100 ptas.

-Azucres (CG)7.900 ptas.

-Azucres (volumetría)2.100 ptas.

11. Análises de leites e productos lácteos:

a) Leites:

-Proteínas2.000 ptas.

-Lactosa2.200 ptas.

-Graxa2.000 ptas.

-Extracto seco1.100 ptas.

-Pesticidas50.000 ptas.

-Lacteosoros3.500 ptas.

-Aflatoxina M15.000 ptas.

-pH1.000 ptas.

b) Queixos:

-Proteínas2.000 ptas.

-Graxa2.300 ptas.

-Extracto seco1.100 ptas.

-Aflatoxina M15.200 ptas.

-Ácido cítrico2.300 ptas.

-Cloruros1.500 ptas.

-Cinzas1.500 ptas.

12. Chocolates e sucedáneos:

-Graxa2.000 ptas.

-Esteres metílicos de ácidos graxos5.800 ptas.

-Esteroles10.000 ptas.

-Lactosa2.200 ptas.

-Sacarosa2.300 ptas.

-Glucosa2.300 ptas.

-Cinzas1.500 ptas.

13. Detección biotoxinas mariñas por bioensaio:

-Por mostra análise P.S.P.5.000 ptas.

-Por mostra análises D.S.P.5.000 ptas.

6448