Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Venres, 13 de outubro de 1995 Páx. 7.602

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

DECRETO 262/1995, do 29 de setembro, polo que se declara a urxente ocupación, para efectos de expropiación forzosa, pola Deputación Provincial da Coruña, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto de reforma, ampliación e afirmado da E.P. 1914 Carballo-Santiago de Compostela, tramo de Portomouro-Carballo.

A Deputación Provincial da Coruña, en sesión celebrada o día 12 de decembro de 1994, aprobou o proxecto de reforma, ampliación e afirmado da E.P. 1914 Carballo-Santiago de Compostela, tramo de Portomouro-Carballo e na mesma sesión acordou solicitar da Xunta de Galicia a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados pola expropiación forzosa ó abeiro do disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. A Deputación remitiu documentación complementaria para a correcta tramitación do expediente con data de entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 25 de setembro de 1995.

Os bens nos que se concreta a declaración de urxente ocupación están determinados no expediente que se someteu a información pública.

A Dirección Xeral de Calidade Medioambiental e Urbanismo da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda emitiu informe favorable. O dito informe tivo entrada no rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 9 maio 1995.

Considérase necesaria a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos precisos para a realización das obras do proxecto técnico sinalado, polo estado do firme da calzada de dimensións inferiores ás necesidades dos vehículos, a intensidade media do tráfico, e a existencia de poboación infantil y zonas escolares próximas que supoñen un peligro para a seguridade vial.

A competencia para a declaración da urxente ocupación corresponde ó Consello da Xunta de Galicia segundo o disposto nos artigos 27.2º e 28.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.

Na súa virtude, e por proposta do consellerio de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa xuntanza do día vintenove de setembro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-De conformidade co disposto no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, declárase a urxente ocupación, pola Deputación Provincial da Coruña para efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos concretados no expediente administrativo instruído para o efecto e necesarios para a execución das obras

do proxecto de reforma, ampliación e afirmado da E.P. 1914 Carballo-Santiago de Compostela, tramo de Portomouro-Carballo.

Santiago de Compostela, vintenove de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

95-06449