Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 11 de outubro de 1995 Páx. 7.566

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Hijos de Ignacio Tabarés, S.L., de Ourense para o ano 1995.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Hijos de Ignacio Tabarés, S.L., (código nº 3200492) de Ourense para o ano 1995, con entrada nesta delegación provincial o día 27 de xullo do ano en curso, subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polo comité de empresa, en xuntanza celebrada o día 14 de xullo de 1995,

e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, obrante nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Ourense, 4 de agosto de 1995.

Manuel A. Cao Fernández

Delegado provincial Acctal. de Ourense

Convenio colectivo da empresa Hijos de Ignacio Tabarés, S.L.

Artigo 1º.-Partes contratantes.

Subscriben o presente convenio a totalidade dos representantes de persoal e a patronal da compañía Hijos de Ignacio Tabarés, S.L., ambas con lexitimidade suficiente para a súa sinatura nos termos do artigo 87 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito de aplicación:

Nos seus aspectos territorial, funcional e persoal o presente convenio afectará á empresa Hijos de Ignacio Tabarés, S.L. e, así mesmo, ás relacións laborais entre a empresa e os traballadores que nela presten os seus servicios, en calquera dos seus centros de traballo.

Artigo 3º.-Vixencia.

O presente convenio entra en vigor o día 1 de xullo de 1995 con independencia da data do seu rexistro ou publicación no BOP.

Artigo 4º.-Duración.

O presente convenio durará ata o 31 de xuño de 1996. Prorrogarase automaticamente por un período de un ano se non é denunciado por algunha das partes cunha anticipación de polo menos sesenta días á data do seu vencemento.

Artigo 5º.-Compensación e absorción.

As condicións que establece o presente convenio son compensables e absorbibles en cómputo anual conforme a lexislación vixente, respectándose en todo caso as situación persoais que, a modo de complementos varios, viñesen percibindo os traballadores á entrada en vigor do presente convenio, conxelándose

a contía e concepto e consolidándose na estructura do salario.

Artigo 6º.-Xornada laboral.

Será de corenta horas semanais distribuída de luns a sábado.

Artigo 7º.-Vacacións.

O persoal afectado polo presente convenio desfrutará un período anual de vacacións de trinta días naturais. O período de desfrute fixarase de común acordo entre a empresa e os traballadores, conforme dispón a lexislación vixente. Como consecuencia da actividade productiva da empresa, queda establecido que en ningún caso os traballadores poderán desfrutar vacacións nos meses de xullo, agosto e decembro.

Artigo 8º.-Condicións económicas.

Os salarios do presente convenio son os establecidos na táboa salarial anexa.

Artigo 9º.-Antigüidade.

O persoal comprendido no presente convenio percibirá aumentos periódicos por anos de servicio consistentes no aboamento de cuadrienios na contía do 5% do salario base correspondente á categoría en que se encontre clasificado.

Artigo 10º.-Gratificacións extraordinarias.

Todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá tres pagas extraordinarias consistentes nunha mensualidade de salario base máis a antigüidade. As ditas pagas serán aboadas:

a) Paga de verán: dentro da segunda quincena de xullo

b) Paga de nadal: dentro dos primeiros vintedous días de decembro

c) Paga de beneficios: dentro da segunda quincena de marzo

Artigo 11º.-Plus de transporte.

Tódolos traballadores percibirán un plus de transporte de 7.500 pesetas mensuais aplicándose a dita cantidade por doce mensualidades.

Artigo 12º.-Período de proba.

Establécese un período de proba para tódolos traballadores contratados durante a vixencia do presente convenio, que será o seguinte:

-Grupos de tarifa 1 e 2: 6 meses.

-Grupos de tarifa 3 a 8: 3 meses.

-Grupos de tarifa 8 e seguintes: 15 días laborais.

Artigo 13º.-Mobilidade funcional.

A mobilidade funcional no seo da empresa non terá outras limitacións que as esixidas polas titulacións académicas ou profesionais precisas para exerce-la prestación laboral e pola pertenza ó grupo profesional.

Para estes efectos entenderanse como grupos prefesionais asimilados os 6, 7 e 8.

Artigo 14º.-Mobilidade xeográfica.

Desprazamento: a empresa poderá despraza-lo seu persoal a outros centros de traballo distintos a aquel no que presten os seus servicios durante calquera prazo de tempo, fundamentando o citado desprazamento en razóns técnicas, organizativas, de producción ou ben por contratacións referidas á actividade empresarial.

Traslado: enténdese por traslado o desprazamento a outro centro de traballo que implique un cambio de domicilio. Enténdese que un desprazamento implica cambio de domicilio cando o centro de traballo do novo destino diste máis de sesenta quilómetros do seu centro actual ou do seu domicilio actual.

Artigo 15º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión paritaria para a interpretación, vixilancia e cumprimento do pactado no convenio formada por catro membros, dous da parte empresarial e dous dos traballadores.

Artigo 16º.-Disposicións transitorias.

No non previsto no presente convenio aplicarase o que dispoña a lexislación vixente.

Artigo 17º.-Disposición derradeira.

Acórdase que a comisión paritaria a que alude o artigo 15 quede formada por Igancio Tabarés González e César Rodríguez Álvarez pola empresa e polos traballadores, Fernando Rodríguez Pérez e Antonio Pereira Corral.

ANEXO

TÁBOA SALARIAL

Categoría profesional Salario base mensual

Grupo 1:

Director xerente99.000

Grupo 2:

Xefe de administración92.000

Xefe de compras92.000

Xefe de vendas92.000

Supervisor92.000

Grupo 3:

Xefe de almacén81.000

Encargado de establecemento81.000

Grupo 4:

Viaxante77.000

Oficial administrativo77.000

Analista77.000

Grupo 5:

Chofer75.000

Grupo 6:

Auxiliar administrativo72.000

Auxiliar ordenador72.000

Auxiliar contabilidade72.000

Mozo especialista72.000

Grupo 7:

Dependente71.000

Mozo supermercado71.000

Auxiliar caixa-repoñedor71.000

Auxiliar caixa-dependente71.000

Mozo-auxiliar chofer71.000

Grupo 8:

Telefonista68.000

Mozo reparto68.000

Mozo repoñedor68.000

Persoal limpeza68.000

95-05804