Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 11 de outubro de 1995 Páx. 7.565

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 3 de outubro de 1995 pola que se modifica a do 7 de marzo de 1995, pola que se aproban as características técnicas do papel de oficio para a Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

Mediante o Decreto 394/1994, do 29 de decembro, asumíronse as competencias transferidas á Comunidade Autónoma de Galicia polo Real decreto 2166/1994, do 4 de novembro, en materia de provisión de medios materiais e económicos para o funcionamento da Administración de xustiza.

A disposición adicional da orde do Ministerio de Xustiza do 30 de novembro de 1993 recoñece -a sensu contrario- a competencia das comunidades autónomas que asumisen competencias relativas á provisión de medios materiais e económicos para a Administración de xustiza para regula-las características técnicas do papel de oficio.

Así, a orde da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 7 de marzo de 1995 (DOG do 29 de marzo e corrección de erros do 6 de abril) aprobou as características técnicas do papel de oficio

para a Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

Considérase conveniente modificar algunhas características técnicas do dito papel coa finalidade de obte-las máximas garantías da súa autenticidade, polo que, en uso das atribucións que teño conferidas,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Os parágrafos 4º, 5º e 6º do artigo 1º.1. da Orde do 7 de marzo de 1995, pola que se aproban as características técnicas do papel de oficio para a Administración de xustiza na Comunidade Autónoma galega, quedan redactados como segue:

«Marca á auga do escudo constitucional e do escudo de Galicia»».

«No ángulo superior esquerdo figurará o escudo constitucional impreso en tinta de cor azul e debaixo o escudo de Galicia na mesma cor, e debaixo destes respectivamente a lenda «Administración de justicia» e «Administración de xustiza».

«O ano de fabricación e o texto «para uso exclusivo dos tribunais de xustiza», disposto diagonalmente cunha interliña de cincuenta milímetros, en tinta invisible de resposta á luz ultravioleta».

Artigo 2º

O gravado, elaboración e estampación do papel de oficio ó que se refire esta orde, poderá encomendárselle á Fabrica Nacional de Moeda e Timbre.

Disposición transitoria

O actual papel de oficio continuará sendo utilizado ata que se terminen os remanentes que del existan, e se proceda á elaboración e distribución do novo de acordo coas características desta orde.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 1995.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

5581