Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Mércores, 11 de outubro de 1995 Páx. 7.568

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 24 de agosto de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de transporte de mercadorías por estrada.

Visto o expediente do convenio colectivo de transporte de mercadorías por estrada que tivo entrada nesta delegación provincial o día 31-7-1995, subscrito en representación da parte económica por Acotrades, Atransa e Transcaff, e, da parte social, por UXT, CIG e CC.OO., o día 27-7-1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1981, de 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que existe nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 24 de agosto de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo provincial de transportes de mercadorías por estrada (anos 1995 e 1996) da Coruña.

Capítulo I

Ámbito de aplicación

Artigo 1º.-Ámbito territorial e funcional.

O presente convenio será de aplicación en toda a provincia da Coruña para tódalas empresas e para o seu persoal laboral encadradas nos seguintes apartados de actividades da ordenanza laboral de transportes que se engloba baixo o nome de Transportes

de Mercadorías e os seus grupos e categorías profesionais correspondentes:

A) Axencias de transporte.

B) Transportes de mercadorías.

C) Transportes de mobles e mudanzas.

D) Persoal de servicios auxiliares.

Artigo 2º

As normas contidas no presente convenio afectan a tódolos traballadores fixos, interinos, eventuais ou temporais que desempeñen as súas funcións nas empresas englobadas nos apartados A), B), C) e D) do artigo anterior.

Quedan expresamente excluídos os profesionais contratados para traballos específicos que non tendo o carácter de fixos, interinos, eventuais nin temporais, realicen un traballo baseado na aceptación de minuta ou orzamento.

Artigo 3º.-Ámbito temporal e denuncia do convenio.

O presente convenio colectivo entrará en vigor o día un de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco, e rematará o seu período de vixencia o trinta e un de decembro de mil novecentos noventa e seis.

Entenderase prorrogado de ano en ano, se o trinta e un de decembro de mil novecentos noventa e seis, calquera das partes que o asinan, non o denunciasen con polo menos dous meses de antelación ó remate da súa vixencia.

A parte que promova a negociación deberá notifica-la denuncia por escrito á outra parte, expresando detalladamente:

A) Lexitimación que ostenta.

B) Ambitos do convenio.

C) Materias que se van negociar.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Tódalas condicións económicas e de calquera índole contidas no presente convenio establécense co carácter de mínimas, polo que as condicións actuais implantadas nas distintas empresas, que impliquen globalmente condicións máis beneficiosas con respecto ó establecido neste convenio, subsistirán para aqueles traballadores que viñeran desfrutándoas, sen que en ningún caso poidan establecerse en prexuízo do traballador condicións menos favorables que as expresadas neste convenio colectivo.

Artigo 5º.-Ultractividade do convenio.

As disposicións deste convenio permanecerán integramente inalterables, excepto en canto a salarios, durante todo o tempo que para a súa vixencia se establece no artigo 3º, sen que en ningún caso resulten afectadas por outras contidas en acordos e convenios de ámbito superior, que se asinen con posterioridade á súa entrada en vigor.

Capítulo II

Xornada, vacacións e licencias

Artigo 6º.-Xornada.

Establécese unha xornada para o ano 1995 e 1996 de 1.820 horas de traballo efectivo en cómputo anual e de 40 horas semanais. Os traballadores que realicen a súa actividade en domingo ou festivo descansarán dentro dos 6 días seguintes ó día de traballo.

Artigo 7º.-Vacacións.

Tódolos traballadores, con independencia da súa antigüidade na empresa, terán dereito a 30 días naturais de vacacións remuneradas ó ano. O período total de desfrute das vacacións non poderá experimentar un fraccionamento superior a dous períodos.

Artigo 8º.-Licencias.

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a remuneración, por algúns dos motivos e polo tempo seguinte:

a) Quince días naturais en caso de matrimonio.

b) Dous días nos casos de nacemento de fillo ou enfermidade grave ou falecemento de parentes ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Cando, por tal motivo, o traballador necesita facer un desprazamento para o efecto, o prazo será de catro días.

c) Un día por traslado do domicilio do traballo.

d) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal, abranguido o exercicio do sufraxio activo. Cando conste nunha norma legal ou convencional un período determinado, observarase o que esta dispoñe en canto á duración da ausencia ou á súa compensación económica.

Cando o cumprimento do deber antes referido supoña a imposibilidade da prestación do traballo debido en máis do 20 por 100 das horas laborais nun período de tres meses, a empresa poderá pasa-lo traballador afectado á situación de excedencia regulada no apartado 1 do artigo 46 do Estatuto dos traballadores.

No suposto de que o traballador por cumprimento do deber ou desempeño do cargo reciba unha indemnización, descontarase o importe desta do salario a que teña dereito na empresa.

e) Para realizar funcións sindicais ou de representación do persoal nos termos establecidos legal ou convencionalmente.

Capítulo III

Réxime de retribucións

Artigo 9º.-Definicións.

A retribución do persoal afectado polo presente convenio estará estructurada polos seguintes conceptos:

A) Salario base mensual.

B) Compementos salariais.

Persoais.

De posto de traballo.

De vencemento superior a un mes.

Artigo 10º

En ningún caso terán a consideración de salario as cantidades percibidas polo traballador polos seguintes conceptos:

a) As indemnización ou suplidos por gastos realizados como consecuencia da súa actividades laboral, tales como axudas de xusto e gastos por viaxes de desprazamentos.

b) Presatacións e indemnización da Seguridade Social.

c) Indmeniacións correspondentes a traslados, supensións ou despedimentos.

Artigo 11º.-Salario base mensual.

É a parte de retribución por unidade de tempo (salario base), incrementos polo rateo das pagas extraordinarias que se especifica no artigo 14 e coa contía que figura recollida no anexo deste covenio.

Artigo 12º.-Complementos persoais.

Terá a consideración legal de complementos persoais, os seguintes conceptos retributivos:

-Complemento de antigüidade: todo o persoal afectado polo presente convenio percibirá, con carácter xeral, por este concepto, unha contía fixa por cada cinco anos de servicios prestados á empresa ata un máximo de cinco quinquenios.

As percepcións por quinquenios serán:

5 anos: 7.630 ptas.

10 anos: 11.645 ptas.

15 anos: 15.166 ptas.

20 anos: 18.980 ptas.

25 anos: 22.794 ptas.

Para o ano 1996, as contías anteriores incrementaranse nun 1 por 100.

Os quinquenios empezarán a devengarse a partir do día primeiro do mes en que se cumpra o quinquenio.

Artigo 13º.-Complementos de posto de traballo.

Son aqueles que se perciban en razón ás características do posto de traballo. Estes complementos son de índole funcional e a súa percepción depende exclusivamente do exercicio da actividade profesional no posto de traballo asignado, polo que non terán carácter consolidable. Establécense os seguintes complementos de postos de traballo:

1. Plus de perigosidade e toxicidade: as empresas que habitualmente transporten ou manipulen substancias explosivas, inflamables ou tóxicas, aboaranlles ós traballadores afectados por estes conceptos un plus de 25.388 ptas. mensuais.

2. Plus de longa distancia: os conductores e acompañantes que circulen por rutas do Estado español,

agás Galicia e provincia limítrofes, percibirán a cantidade de 8.916 ptas. mensuais.

3. Quebranto de moeda: o persoal afectado por este artigo aplicaráselle o disposto no artigo 162 da ordenanza laboaral de transpoortes por estrada.

Artigo 14º.-De vencemento superior ó mes (pagas extras).

Establécense tres pagas extraordinarias de trinta días de salario base máis antigüidade. Non obstante, mantendo o criterio das partes de reduci-lo importe das pagas extraordinarias en beneficio dun maior incremento dos salarios mensuais, destínanse cinco días de cada paga extraordinaria a incrementa-los referidos salarios mensuais de acordo coas táboas salariais anexas, incrementadas, se é o caso, coa antigüidade correspondente.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

Terán a consideración de horas extraordinarias aquelas que excedan da duración máxima da xornada ordinaria de traballo.

Realizaranse ata un máximo de 80 horas anuais, acordándose respecto dos distintos tipos de horas extraordinarias os seguintes:

a) Horas extraordinarias habituais: reducción drástica.

b) Horas extraordinarias estructurais: terán a consideración de estructurais as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros danos que poñan en perigo as instalacións da empresa e/ou materias primas; por avarías que requiran reparacións inmediatas, por ausencias imprevistas; por pedidos extraordinarios ou períodos punta de producción e pola chegada ó punto de destino.

Poderá compensarse a súa realización, logo de acordo entre empresario e traballador de dúas formas:

A) Preferiblemente aboándoas en metálico baixo as seguintes regras:

1. Hora extraordinaria normal, aboarase cun 30% de recargo sobre a hora extraordinaria.

2. Hora extraordinaria relizada en festivo ou domingo aboarase cun 100% de recargo sobre a hora ordinaria.

3. Hora extraordinaria realizada nos días 24 e 31 de decembro (de 21 horas a 7 horas do día seguinte) de cada ano, aboarase cun 200% de recargo sobre a hora ordinaria.

B) En defecto da regra anterior, con tempos de descanso, incrementados co recargo correspondente, sempre que este descanso teña lugar dentro dos catro meses seguintes á súa realización. As horas compensadas desta maneira non entrarán dentro do cómputo do número máximo de horas extraordinarias anuais.

Para os efectos do cómputo destas horas, rexistraranse día a día as realizadas e totalizaranse mensualmente, entregando copias do resumo ó traballador na nómina correspondente.

Artigo 16º.-Axudas de custo.

As axudas de custo para satisfacerlle ó persoal que se desprace da súa residencia por necesidades de servicio serán de 3.890 pesetas por día dentro de Galicia e de 4.243 pesetas/día no resto do Estado español.

Establécese a media axuda de custo calculada na metade dos importes consignados no parágrafo anterior.

Artigo 17º.-Incrementos salariais.

O presente convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1995. As empresas aboarán os atrasos derivados da aplicación deste convenio na nómina seguinte ó mes da publicación no BOP.

As retribucións económicas do presente convenio serán incrementadas nun 4,5% sobre as existentes no convenio do ano 1994 para o ano 1995, excepto na antigüidade e no 4% sobre as existentes no convenio do ano 1995 para o ano 1996, excepto na antigüidade.

No caso de que o IPC establecido polo INE rexistrase o 31 de decembro de 1995 un incremento superior ó 4,5% efectuarase automaticamente a revisión pertinente sobre as táboas salariais de 1994 na contía exacta do exceso porcentual, excepto a antigüidade.

Para o ano 1996 a cláusula de revisión consistirá en que se o IPC establecido polo INE rexistrase o 31 de decembro de 1996 un incremento superior ó 4%, efectuarase automaticamente a revisión pertinente sobre as táboas salariais de 1995 na contía exacta do exceso porcentual excepto a antigüidade.

As cantidades resultantes aboaranse na nómina seguinte á constatación oficial do índice motivador da revisión, con carácter retroactivo ó 1 de xaneiro de 1995 e 1 de xaneiro de 1996, respectivamente.

Artigo 18º.-Cláusula de inaplicación salarial.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio non serán de aplicación para aquelas empresas que acrediten perdas no resultado do último exercicio, correspondendo, neste suposto, o mantemento do mesmo nivel retributivo que viñan aplicando no ano no que se producen as perdas.

O procedemento que se seguirá nestes casos será o seguinte:

A) A empresa deberá formular petición de desvinculación salarial ante os representantes legais dos traballadores no prazo máximo de noventa días desde a publicación do convenio no BOP e de 60 días contados a partir do primeiro de xaneiro de 1996 para o segundo ano de vixencia do convenio, e presentará a seguinte documentación:

1. Memoria explicativa da solicitude.

2. Documentación que acredite a causa invocada, entre a que figurará necesariamente a presentada pola empresa ante os organismos oficiais (Ministerio de Facenda e Rexistro Mercantil), referida ó último exercicio.

A representación dos traballadores deberá observar, en todo caso, a obriga de segredo profesional da documentación achegada pola empresa.

B) Previamente a empresa deberá comunicar á comisión paritaria do convenio a súa intención de acollerse ó presente artigo.

C) A empresa e os representantes legais dos traballadores dentro dos 15 días seguintes en que se formulase a petición de desvinculación, deberán alcanzar un acordo no sentido de aplica-lo réxime salarial que se indica no parágrafo primeiro deste artigo, unha vez comprobada a veracidade da documentación achegada.

D) No caso de non alcanzarse acordo no seo da empresa, as partes en conflicto remitirán toda a documentación achegada á comisión paritaria do convenio que será a competente para resolve-la cuestión formulada, debendo emiti-lo seu informe no prazo de quince días hábiles seguintes a aquel no que recibisen a documentación.

E) Se, finalmente, a comisión paritaria non lograse un acordo, someterase a cuestión á vía xudicial competente.

Capítulo IV

Organización do traballo

Artigo 19º.-Período de proba.

A) Técnicos titulados: 6 meses.

B) Restantes traballadores: 2 meses, agás en empresas de menos de 25 que será de 3 meses.

Artigo 20º.-Mobilidade funcional.

A mobilidade funcional no seo da empresa, que se efectuará sen prexuízo dos dereitos económicos e profesionais do traballador, non terá máis limitacións cás esixidas polas titulacións académicas ou profesionais precisas para exerce-la prestación laboral e a pertenza ó grupo profesional.

Entenderase por grupo profesional o que agrupe unitariamente as aptitudes profesionais, titulacións e contido xeral da prestación, podendo incluír tanto as diversas categorías profesionais como distintas funcións ou especialidades profesionais.

A mobilidade funcional realizada entre grupos profesionais distintos só será posible se existisen razóns técnicas ou organizativas, polo tempo imprescindible.

1. Mobilidade funcional descendente. A encomenda a un traballador de funcións inferiores ás do seu grupo profesional, só estará xustificada por necesidades perentorias ou imprevisibles da actividade productiva, manténdoselle en todo caso a retribución debida.

2. Mobilidade funcional ascendente. A encomenda a un traballador de funcións superiores ás do seu grupo profesional, por un período de 4 meses durante un ano ou de 7 durante dous anos, daralle dereito ó traballador a percibi-la diferencia retributiva correspondente e ó ascenso, agás que a vacante fose cuberta.

Capítulo V

Contratación e formación

Artigo 21º.-Contratación eventual.

Son traballadores eventuais aqueles admitidos para atende-las esixencias circunstanciais do mercado, acumulación de tarefas ou pedidos aínda tratándose da actividade normal da empresa, sempre que así conste por escrito.

Os traballadores así contratados terán os mesmos dereitos e igualdade de trato cós demais traballadores do cadro de persoal agás as limitacións que se derivan da natureza e duración do seu contrato.

O contrato terá unha duración máxima de vinte meses dentro dun período de vintecatro meses.

Artigo 22º.-Cursos de perfeccionamento.

Cando se organicen cursos de perfeccionamento e voluntariamente o realicen os traballadores, logo de autorización da empresa, os gastos de matrícula serán por conta delas.

Para a realización de exames oficiais que conduzan ó perfeccionamento profesional no centro de traballo, o traballador terá a correspondente licencia, con dereito a retribución debendo xustificar tanto a formalización da matrícula como ter asistido ós ditos exames.

Capítulo VI

Varios

Artigo 23º.-Roupa de traballo.

Independentemente da roupa de traballo que as empresas faciliten ós seus traballadores, proverase os que efectúen traballos á intemperie de roupas de auga e de botas adecuadas.

Ó persoal administrativo facilitaráselle igualmente un gardapó. A duración desta roupa será de un ano.

Artigo 24º.-Xubilacións.

A xubilación será obrigatoria ó cumpri-lo traballador a idade de 65 anos, sen prexuízo de que o dito traballador poida completa-los períodos de carencia na cotización á Seguridade Social, neste caso a xubilación será obrigatoria ó completar estas.

Ós traballadores que se xubilen, sempre que conten cunha antigüidade de dez anos de servicio na empresa, percibirán desta unha gratificación equivalente a 8.774 pesetas por ano de servicio en concepto de xubilación.

O traballador con vinte anos de servicio na empresa que decida voluntariamente a xubilación anticipada, percibirá unha gratificación consistente nas contías seguintes:

-Ós 60 anos de idade: 18 mensualidades.

-Ós 61 anos de idade: 16 mensualidades.

-Ós 62 anos de idade: 13 mensualidades.

-Ós 63 anos de idade: 9 mensualidades.

A solicitude deberá efectuala o traballador con un mes de antelación ó cumprimento da idade na que se pretenda acoller a este beneficio.

A mensualidade refírese ó salario base máis plus de longa distancia e, se é o caso, perigosidade.

A gratificación será satisfeita pola empresa mediante o rateo das catro anualidades seguintes en caso de facelo ós 60 anos, e de 3, 2 e 1, se o fai ós 61, 62 e 63

A empresa e o traballador poderán pactar outra forma de pagamento.

No caso de reducirse por disposición legal a idade de xubilación, quedará en suspenso a aplicación deste artigo ós supostos afectados pola reducción legal. Recoméndaselles ás empresas e ós traballadores afectados, que durante a vixencia do presente convenio, procuren concerta-la xubilación anticipada ós 64 anos, de acordo co disposto no Real decreto lei 1194/1985, do 17 de xullo.

Artigo 25º.-Defunción.

A empresa aboará catro mensualidades dos salarios que figuren no convenio, o plus e maila antigüidade correspondente, ós seguintes familiares dun productor que con el convivan:

1. Cónxuxe viúvo.

2. Fillos.

3. Ascendentes.

Cando aquel faleza estando en activo, e leve como mínimo tres anos de servicio na empresa.

Independentemente das catro mensualidades a que ten dereito, segundo o sinalado anteriormente, aboaráselles ós ditos familiares do traballador o salario completo do mes no que o productor faleza, calquera que sexa a data do seu falecemento.

As empresas quedan obrigadas a sufraga-los gastos do traslado cando o falecemento, por causa accidental, ocorra nunha localidade distinta da súa residencia habitual, sempre e cando o dito traballador estea realizando un servicio na empresa.

Artigo 26º.-Incapacidade laboral transitoria.

A empresa aboará durante o período de incapacidade laboral transitoria a diferencia existente entre a prestación correspondente á Seguridade Social e o 100% do salario base establecido nas táboas que figuran no anexo deste convenio nas seguintes condicións:

a) No suposto de accidente de traballo desde o primeiro día.

b) Cando a enfermidade requira intervención cirúrxica ou ingreso nun centro sanitario, a partir do primeiro día ou ingreso no centro sanitario.

Este complemento só poderá percibirse por un período de seis meses no prazo de un ano.

Artigo 27º.-Póliza de seguros.

As empresas abranguidas no ámbito de aplicación deste convenio, quedarán obrigadas a concertar con

primas íntegras ó seu cargo á publicación daquel unha póliza de seguros que cubra os riscos de morte e invalidez por accidente de traballo e que garanta a tódolos traballadores daquelas o percibo das indemnizacións seguintes:

A) En caso de falecemento do traballador por accidente: tres millóns de pesetas (3.000.000 de ptas.).

B) En caso de invalidez total ou absoluta do traballador por accidente: catro millóns de pesetas (4.000.000 de ptas.).

Esta compensación é compatible coa pensión e indemnización que poida causa-lo traballador na Seguridade Social.

Artigo 28º.-Privación do carné de conducir.

Para os casos de privación do carné de conducir ou tarxeta TPC de calquera traballador afectado por este convenio, a empresa estará obrigada a facilitarlle ó traballador ocupación en calquera traballo, aínda de inferior categoría, polo período da suspensión do carné ou tarxeta TPC, sempre que non exceda de seis meses, sen perda dos emolumentos que viña percibindo, e igualmente sempre que non concorran os seguintes requisitos:

a) Que a privación do permiso de conducir derive de feitos acaecidos no exercicio da actividade de conducir alleo á empresa.

b) Que a privación do permiso de conducir ou tarxeta TPC sexa como consecuencia da comisión de delictos dolosos.

c) Que a privación do permiso de conducir ou tarxeta TPC non se producise no prazo de un ano, de que a privación do permiso de conducir ou tarxeta TPC sexa como consecuencia de ter inxerido bebidas alcohólicas ou tomado algún tipo de estupefaciente, ou ter incorrido en imprudencia temeraria.

A garantía de conducción establecida no parágrafo primeiro deste artigo aplicaráselle ós traballadores cando vaian ó seu lugar de traballo ou cando saian del en calquera vehículo.

Artigo 29º.-Garantías sindicais.

Recoñécense as garantías sindicais conforme o establecido na Lei orgánica de liberdade sindical.

Artigo 30º.-Comisión paritaria.

A comisión paritaria será un órgano de interpretación, conciliación, arbitraxe e vixilancia do convenio.

As súas funcións específicas serán as seguintes:

1. Interpretación auténtica do convenio.

2. Arbitraxe dos problemas ou cuestións que lle sexan sometidas por ámbalas partes, de común acordo en asuntos derivados deste convenio.

3. Conciliación facultativa nos problemas colectivos con independencia das atribucións que por norma legal poidan corresponder ós organismos correspondentes.

4. Vixilancia e seguimento do cumprimento do pactado.

5. Estudio da evolución das relacións entre as partes contratantes.

6. Cantas outras cuestións tendan á maior eficacia práctica do convenio.

7. Notifica-la recepción da comunicación previa do empresario no suposto de desvinculación.

Os acordos ou resolucións adoptados por unanimidade de tódolos membros presentes da comisión paritaria terá carácter vinculante.

Se non se obtén unanimidade, seguiranse, para a resolución das cuestións suscitadas, as canles legalmente previstas.

A comisión estará integrada por 12 vocais, 6 empresarios e 6 traballadores, que serán designados de entre as respectivas representacións actuantes no convenio.

Poderán ser nomeados asesores por cada representación, aínda que non terán dereito ó voto.

A comisión en primeira convocatoria non poderá actuar sen a presencia de tódolos vocais previamente convocados, e en segunda convocatoria, que terá lugar media hora despois da primeira, actuará cos que asistan, tendo voto unicamente un número paritario dos vocais presentes, sexan titulares ou suplentes.

A comisión reunirase por instancia das partes póndose de acordo sobre o lugar e hora na que se deberá celebra-la reunión.

En ningún caso poderá reunirse a comisión antes do transcurso dun prazo de tres meses desde a anterior, agás no suposto de circunstancias extraordinarias debidamente xustificadas apreciadas de común acordo.

Ámbalas partes conveñen en dar coñecemento á comisión paritaria de cantas dúbidas, discrepancias e conflictos puidesen producirse como consecuencia da interpretación e aplicación do presente convenio, para que a comisión actúe de acordo coas súas funcións.

Como domicilio da comisión paritaria fíxase a rúa Federico Tapia nº 64-baixo da Coruña, teléfono 24 03 24, código postal 15005.

A Coruña, 28 de xullo de 1995.

Taboas salariais. Convenio provincial de mercadorías

CategoríasMesPagaAnual

Grupo 1º

Persoal superior técnico

Subgrupo A

Xefe de servicio142.949112.8502.053.953
Inspector provincial132.841104.8701.908.720

Subgrupo B

Enxeñeiros e licenciados134.726106.3601.935.801
Enx. técnicos e auxiliares117.07992.4311.682.241
Axudantes técnicos sanitarios108.30985.5071.556.229

CategoríasMesPagaAnual

Grupo 2º

Subgrupo A

Persoal administrativo

Xefe de sección120.08094.7981.725.354
Xefe de negociado116.29491.8111.670.961
Oficial 1ª110.58487.3031.588.917
Oficial 2ª107.52284.8851.544.919
Auxiliar administrativo103.14781.4311.482.057
Aspirante de 16 a 17 anos80.50163.5561.156.680

Persoal de axencias
Encargado xeral114.93590.7391.651.437
Encargado de almacén108.23585.4511.555.173
Capataz105.61083.3771.517.451
Mozo especializado104.69382.6531.504.275
Mozo cargo, descarga e102.74481.1141.476.270

Subgrupo B

Transporte de mercadorías

Xefe de tráfico de 1ª114.93590.7391.651.437
Xefe de tráfico de 2ª111.18187.7731.597.491
Xefe de tráfico de 3ª108.71785.8311.562.097
Conductor-mecánico110.82487.4921.592.364
Conductor108.85785.9391.564.101
Conductor motocicleta e106.63384.1841.532.148
Axudante 105.16583.0231.511.049
Mozo especializado104.87982.7961.506.936
Mozo carga, descarga102.74481.1141.476.270
Subgrupo C

Persoal de servicios

Sección 1ª Garaxes

Encargado xeral 1ª110.58487.3031.588.917
Encargado xeral 2ª104.87982.7961.506.936
Encargado de almacén103.51681.7211.487.355
Engraxador-lavacoches106.08483.7531.524.267
Garda de noite102.74481.1141.476.270
Garda de día102.74481.1141.476.270

Sección 2ª Estación de
Encargado de 1ª109.79386.6781.577.550
Encargado de 2ª104.87982.7961.506.936
Engraxador106.08483.7531.524.267
Mozo de servicio102.74481.1141.476.270
Subgrupo H

Transportes mobles mudanzas

Xefe de tráfico114.93590.7391.651.437
Inspector visitador111.18187.7731.597.491
Encargado almacén109.79386.6781.577.550
Capataz108.63685.7651.560.927
Capitonista108.23685.4511.555.185
Mozo especializado104.14282.2161.496.352
Mozo102.74481.1141.476.270
Carpinteiro108.23685.4511.555.185
Conductor mecánico110.82487.4921.592.364
Conductor106.63384.1841.532.148
Conductor104.03882.1361.494.864
Grupo 3º

Persoal de movemento

Factor108.71485.8291.562.055

Grupo 4º
Persoal de talleres
Xefe de taller127.864100.9431.837.197
Encargado xeral114.26990.2111.641.861
Encargado ou contramestre114.26990.2111.641.861
Encargado de almacén114.26990.2111.641.861
Xefe de equipo110.82487.4921.592.364
Oficial de 1ª109.68286.5931.575.963
Oficial de 2ª106.20383.8451.525.971
Oficial de 3ª106.12983.7861.524.906
Mozo de taller104.86782.7901.506.774

Grupo 5º
Cobrador de facturas103.14781.4311.482.057
Telefonista102.12380.6271.467.357
Porteiro104.10482.1871.495.809
Vixilante104.10482.1871.495.809
Limpadora338Ptas./hora
Botóns, 16 a 17 anos78.95462.3331.134.447

9506657