Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 05 de outubro de 1995 Páx. 7.443

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (197/1991).

Inmaculada Rodríguez Mahía, secretaria do Xulgado de Primera Instancia e Instrucción de Ordes, fai saber que nos autos de xuízo de menor contía nº 197/1991, se dictou sentencia cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«En Ordes, o trinta de maio de mil novecentos noventa e cinco.

Vistos por María Luisa Cardesín Díaz, xuiza de primeira instancia e instrucción deste partido xudicial,

os presentes autos de menor contía rexistrados baixo o número 197/1991 dos deste xulgado, tramitados a pedimento de Antonio Mosquera Vieites e Manuela María Luz Mosquera Vieites, veciños da Coruña, con domicilio na r/ José Baldomir 8-4º B, representados polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, e asistidos do letrado Santiago Nogueira Romero, contra Pilar Bello Varela, no seu propio nome e no do seu fillo Antonio José Bello Varela, con domicilio na r/ Faro de Fisterra nº 4-baixo, da Coruña, baixo a representación do procurador Juan José Belmonte Pose e a dirección da letrada Carmen de la Montaña e contra José Angel Sánchez Sánchez, con domicilio na r/ Oleoducto 3-3º da Coruña, representado polo procurador Lisardo Raymóndez Portela e baixo a dirección do letrado José López Fernández; e contra os herdeiros de Estrella Moar Vázquez, declarados en rebeldía.

Decido que desestimo integramente a demanda formulada polo procurador dos tribunais Victorino Regueiro Muñoz, en nome e representación de Antonio Mosquera Vieites e Manuela María Luz Mosquera Vieites, contra Pilar Bello Varela, por si e en representación do seu fillo Antonio José Bello Varela, ambos representados polo procurador Juan José Belmonte Pose; contra José Angel Sánchez Sánchez, representado polo procurador Lisardo Raymóndez Portela, e contra os herdeiros descoñecidos e incertos de Estrella Moar Vázquez, declarados en rebeldía pola súa incomparecencia en autos; e debo absolver e absolvo a tódolos demandados de tódolos pedimentos contra eles dirixidos e impóñolle á demandante as custas causadas nesta instancia.

Notifíqueselle-la presente resolución ás partes, facéndolles saber que, contra ela, poden interpor recurso de apelación perante a Audiencia Provincial da Coruña, no prazo dos cinco días seguintes ó da notificación, que deberá presentarse neste xulgado.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando nesta instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.»

E, para que lles sirva de notificación ós demandados en situación de rebeldía, herdeiros descoñecidos e incertos de Estrella Moar Vázquez, expido e asino a presente resolución en Ordes o catro de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-6182