Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 05 de outubro de 1995 Páx. 7.444

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (144/1995).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e os do seu partido.

Fai saber que nos autos de xuízo executivo seguidos co número 144/1995, se dictou, con data quince de

xuño de mil novecentos noventa e cinco, sentencia cun encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo, seguidos neste xulgado co nº 144/1995, entre partes, dunha, como demandante, Banco Exterior de España S.A., domiciliado en Madrid, representado en autos pola procuradora Regueiro Muñoz, asistido do letrado Álvarez Santullano y Pino, e doutra, como demandado, Luis Alberto Lescún Romero, maior de idade, actualmente en paradoiro descoñecido, incomparecido e en situación procesual de rebeldía, sobre contrato de préstamo.

Decido: que debo mandar e mando seguir adiante a execución despachada neste proceso contra Luis Alberto Lescún Romero, facendo remate dos bens embargados e que se embarguen, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte executante Banco Exterior de España S.A., da suma principal de 137.398 ptas., gastos, xuros pactados e legais e custas causadas e que se causen, que preceptivamente se lle impoñen á parte debedora, a quen lle será notificada esta resolución na forma e modo que dispón a lei para os rebeldes; e fágolles saber ás partes que esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación dentro de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Lévese certificación ó preito principal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, para que lle sirva de notificación ó demandado rebelde Luis Alberto Lescún Romero, expido o presente edicto, que asino e selo en Santiago de Compostela o un de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado

95-6287