Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 05 de outubro de 1995 Páx. 7.444

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (146/1995).

En virtude do acordado por Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, en providencia desta data, dictada en xuízo de faltas nº 146/1995, que se segue sobre agresión e resistencia á autoridade, cítase o denunciado Hernán Alejandro Landaveri Urquizo, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que compareza perante este xulgado o vindeiro día catorce de novembro, ás 11 horas, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo verbal de faltas, cos medios de proba dos que intente valerse; e fáiselle sabe-lo disposto no artigo 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952 e pode ser asistido de letrado.

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o 19 de setembro de 1995.

Camilo José García-Puertas Magariños

Secretario do xulgado

Rubricado

9506155