Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Xoves, 05 de outubro de 1995 Páx. 7.445

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (214/1995).

En virtude do ordenado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 214/1995, que se seguen neste xulgado por substracción de efectos, cítase a Juan Jiménez Jiménez, en calidade de denunciado, e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día 22 de novembro, ás 11.30 horas, compareza na Sala de Audiencias do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela, sita na planta baixa do Pazo de Xustiza, rúa da Algalia de Abaixo nº 24, co fin de asistir á vista do correspondente xuízo de faltas, advertíndoo de que pode facelo asistido de avogado, e que deberá acudir cos medios de proba dos que intente valerse, e que, se non o verifica, recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela, trece de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

9506236